TOP 10 DEPORTES QUE MÁIS SE PRACTICAN EN AUSTRALIA

Cando vives en Australia dáste conta do que é de verdade o deporte. Que todo o que viviches, o que viches pola televisión e o mundo deportivo que te rodea na Península queda afastado da realidade e da paixón deportiva australiana. En  España, a nosa paixón polo fútbol céganos á hora de abrir a nosa mente deportiva. En Australia, a variedade de deportes e xogos deportivos  como forma natural de vida é tan ampla que case asusta.

Todo o mundo en Australia practica varios deportes durante un gran número de horas á semana, dende a persoa máis vella ata a máis nova. Isto queda claramente demostrado nunha sociedade onde o deporte é unha parte fundamental na que basean todo. O seu ADN deportivo aparece representado en: Footy, Rugby, Soccer, Cricket, natación, tenis, running… Son só algúns dos exemplos de como a sociedade e a súa vida se van formando arredor do deporte.

Facer unha lista dos 10 deportes que máis se practican en Australia é moi fácil, xa que non teñen un único deporte nacional, senón que reparten as súas preferencias entre diferentes disciplinas. Un 70% dos rapaces australianos practican deporte de forma regular, posto que o país conta con notables logros a nivel internacional.

Este é o top 10 dos deportes máis practicados en Australia:

  1. Fútbol Australiano (AFL o Australian Football League)

É unha variante do fútbol tradicional que naceu en Australia e é a disciplina que ten o maior número de espectadores a nivel nacional.  Enfronta a equipos de 18 xogadores e tanto o campo coma o balón teñen forma ovalada. A pelota pódese tocar con calquera parte do corpo e os xogadores poden facerlle un bloqueo ós seus contrincantes como forma de ataque.

  1. Rugby

A selección australiana de Rugby, liderada pola Australian Rugby Union (ARU) ten o récord de gañar a Copa Mundial de Rugby dúas veces (nas edicións europeas do 1991 e do 1999).

  1. Fútbol ou Soccer

A primeira federación de fútbol australiana fundouse no ano 1882 e despois da morea de inmigrantes europeos que chegaron a Australia despois da Segunda Guerra Mundial, gañou moita popularidade.  A A-League está formada polas federacións de cada estado e por debaixo da competición nacional atópanse as liñas estatais.

5399586-3x2-940x627
ABC http://www.abc.net.au.news2014-04-19/australian-soccer-player-dylan-tombides-dies-of-testicular-canc/5399556

 

  1. Tenis

O famoso Open Australia, o primeiro dos catro torneos que forman o Grand Slam de Tenis, celébrase cada ano en Melbourne levando a millóns de turistas e ós tenistas máis recoñecidos a nivel mundial.  A competición divídese en categorías individuais e de dobres, tanto para homes como para mulleres, así como mixtos dobres (parellas de homes e mulleres).

ausopen
Queen of Tickets https://www.queenoftickets.com/sports-tickets/australian-open
  1. Crícket

Os australianos levan xogando ó crícket máis de 200 anos. É un deporte moi popular, sobre todo no verán, xa que o practican durante os pícnics en parques e praias. O equipo nacional de crícket é un dos que máis éxitos obtén, posto que gañou 4 veces o título mundial.

cricket-australia-16x9
The Pundits https://www.thepundits.co.za/how-to-stop-the-newaustralian-cricket-juggernaut
  1. Golf

Hai máis de 1.500 campos de golf arredor do país. É un pasatempo moi popular entre os australianos.  Existen campos públicos e campos privados, e a gran maioría dos privados dispoñen tamén dun lugar só para vacacións, polo que ofrecen paquetes económicos que inclúen hotel e máis a competición de golf propiamente dita.  Un dos torneos máis coñecidos é o Australian Open Golf.

560902-jack-nicklaus
News http://www.news.com.au/sport/golf/jack-nicklaus-unveils-his-redesign-of-australian-golf-club/news-story/76681bbdfe60045dcecf2db35e3602c
  1. Fórmula 1

Moitos australianos senten paixón polas carreiras de coches. Cada ano, o país alberga numerosos eventos de Fórmula 1 como o Formula 1 Australian Grand Prix.

Motor Racing - Formula One World Championship - Australian Grand Prix - Race Day - Melbourne, Australia
© Copyright: Photo4 / XPB Images
  1. Maratóns

Son eventos moi populares no horario deportivo de Australia. Celébranse múltiples carreiras de 10 e 5 km como a Great Ocean Road International Marathon na que participan corredores de todo o mundo.

  1. Submarinismo

Grazas á Gran Barreira de Coral, Australia é un dos países preferidos para practicar este deporte. Cada ano van miles de afeccionados para gozar dun dos fondos mariños máis espectaculares do planeta.

buceo-en-australia
Viajes Carrefour (blog) http://www.viajes.carrefour.es/blog/inspirate/los-10-mejores-lugares-para-bucear-del-mundo
  1. Surf

O surf chegou a Australia na década de 1910 e grazas ás espectaculares praias que posúe o país é un dos deportes practicado por miles de australianos, sobre todo polas persoas novas. Existen torneos profesionais de surf como o Coolangata, o Margaret River e Bells Beach, así como surfeiros mundialmente coñecidos como Mark Richards ou Terry Fitzgerald.

halftone_plugin_example_surfer_-_before
Alliance Abroad Group http://www.allianceabroad.com/surf-australia-work-as-as-instructor/

Iván Pazó Rial

REFERENCIAS

Advertisements

13 comentarios en “TOP 10 DEPORTES QUE MÁIS SE PRACTICAN EN AUSTRALIA

  1. Hola Iván!
    Tu post me ha parecido muy interesante. Como ya mencionaste al principio del mismo, cuando se trata de deportes en España tendemos a focalizar toda la atención en el fútbol, es lo que vemos todos los días en nuestros telediarios. Dicho esto, tengo curiosidad por saber si en los telediarios australianos hay este mismo trato hacia alguno de los deportes mencionados o si, por el contrario, todos los deportes tienen la misma visibilidad. Por cierto, me ha impresionado que el submarinismo estuviese por delante del surf! Gracias y un saludo!

    Gústame

    • Ola Andrea!
      Como resposta á túa dúbida: en Australia non existe só un único deporte no que centran a atención os medios de comunicación, senón que deportes como o rugby, o fútbol australiano, o surf e o crícket son retransmitidos polas canles de televisión, non como pasa aquí en España, que a maioría dos deportes que podemos ver son fútbol, baloncesto e tenis. Espero que che servise de axuda para resolver a túa cuestión. Moitas grazas e un saúdo!

      Gústame

  2. Empece a leer tu entrada con mucha curiosidad, pues soy muy ignorante en lo que al deporte se refiere, pero si he de ser sincera mi interés fue disminuyendo a medida que avanzaba la lectura y veía que, al parecer, las mujeres en Australia no son relevantes en el mundo del deporte. Aparecen mencionadas así como de refilón, ¡y no aparecen ni en una foto!. A parte de eso el tema me parece muy interesante.

    “Tell the fellas make it understood
    it ain’t no good if there’s too much wood”

    Gústame

    • Boas Alba!
      Sinto moito que a realidade sexa así, mais eu non quería ofender ás mulleres nin moito menos. O deporte feminino en Australia non é nin a metade de popular que o masculino e case non existen equipos femininos, xa que os únicos que existen son os de fútbol, rugby e fútbol australiano respectivamente, ademáis de competicións individuais de surf para mulleres. Moitas grazas polo teu comentario e sinto non cubrir ben a parte femenina nesta entrada.
      Un saúdo!

      Gústame

      • Aínda que o deporte feminino en Australia non sexa “nin a metade de popular que o masculino” como dis ti, eu entendo que o título “TOP 10 deportes que máis se practican en Australia” pretende presentar ó lector os deportes máis populares, é dicir, os máis practicados e seguidos tanto pola poboación como polos profesionais.
        Se o resultado (que non digo que sexa premeditado nin feito con afán de diminuír a imaxe da muller), enxalza os equipos e ligas masculinas deixando de lado calquera relación das mulleres cos diferentes deportes, entón quizais a crítica que hai que facer é que a entrada debería chamarse “Os equipos masculinos máis populares dos deportes máis coñecidos de Australia”, ou algo polo estilo.

        Con todo, cómpre destacar que aínda que en Australia os deportes femininos non estean popularizados polos medios de comunicación (como pasa, se non en todos, na maioría de países), a nivel internacional son moi relevantes.
        Por poñer un exemplo que abrangue unha ampla variedade de disciplinas deportivas, nos Xogos Olímpicos de Río 2016, dos 419 atletas enviados por Australia para participar na competición, 212 eran mulleres (50,6% do total, a primeira vez que o número de atletas femininas superaba ó número de atletas masculinos). Nesta mesma competición, das 29 medallas gañadas por Australia, 12 foron en categorías femininas, e das 8 medallas de ouro gañadas en total 5 foron conseguidas por mulleres.

        🙂

        Gústame

  3. Hola!
    Es muy interesante tu entrada, ya que resumes muy bien los deportes allí practicados. La verdad es que solo tenía conocimiento sobre la Fórmula 1, pero gracias a ti ya sé un poquito más.
    Un saludo Iván!

    Gústame

    • Ola Nuria!
      Moitas grazas polo teu comentario positivo e alégrome moito de que che gustase. O máis normal é que a xente só coñeza como moito o surf, o rugby e a Fórmula 1 como deportes en Australia, pero a verdade é que existen outros, como o crícket, que son menos coñecidos pero moi populares neste territorio. Un saúdo!

      Gústame

  4. Ola Iván!
    Quedo impresionada coa cantidade de deportes que se practican en Australia, soamente pensaba que se practicaba o surf e a Fórmula 1. É moi interesante a túa entrada xa que recopilas un montón deles, e non te centras nos máis coñecidos. Bo traballo!

    Gústame

    • Ola Andrea!
      Como xa mencionei nun comentario anterior, o máis normal é que a xente non australiana coñeza como moito deportes como o surf e a Fórmula 1, como ben dis ti, pero eu intentei ir máis aló e non falar só dos máis “coñecidos” polas persoas en xeral, senón que quixen tamén incluír deportes case non practicados no noso territorio, como é o caso do crícket, e que en Australia é bastante popular. Alégrome de que che gustase! Moitísimas grazas.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s