A fauna en Canadá

Sabemos de Canadá que é o berce do hóckey e o xarope. Sabemos ademais que ten unha extensión territorial enorme e que nela coinciden varios tipos de paisaxes e climas. Pero, que sabemos dos animais canadenses? Cales son as especies autóctonas deste país? Se sodes tan fanáticos dos animais coma min seguro que vos gustará este test para saber un pouco máis dos animais que existen noutros territorios.

A fauna canadense é máis extensa do que pensamos; isto débese a que converxen varios paisaxes e climas que crean unha diversidade e un hábitat idóneo para a vida de animais moi distintos uns dos outros. Debido a esta variedade, realizar unha listaxe completa de todos os animais que habitan este territorio resultaría case imposible, por iso seleccionamos soamente uns poucos de entre os máis representativos.

A continuación amósanse unha serie de imaxes que se corresponden con cada un dos apartados enumerados do 1 ó 12. Ó final da entrada atoparedes as respostas correctas, pero probade a retar ó voso coñecemento e logo comentade cantas respostas acertastes. E sen facer trampa!

capturablog© 2016 Canadian Geographic Enterprises

 

Cando falamos de fauna podemos facer distincións segundo as paisaxes coas que se corresponde a poboación animal: tundra, clima Ártico,  bosque boreal, zonas de montaña e clima continental.

Dentro das  zonas de tundra e Ártico atopamos: o raposo ártico, a lebre ártica, a balea branca, o roxelo, o bisonte, o lince canadense, a foca arpa, o oso polar, o lobo…

 

1.       Raposo ártico

O raposo ártico ou  Alopex lagopus pertence á familia dos cánidos e ten un tamaño pouco maior ca o dun gato. Estes animais están preparados para soportar temperaturas moi baixas debido ó seu pelo que os protexe de temperaturas de ata -50ºC. Este pelo adecúase ás temperaturas, alixeirando no verán e espesando en inverno. Tamén lles ofrece a este tipo de raposos camuflaxe no medio da neve para que non os poidan ver as súas presas. Outra característica que lle permite manterse quente é o seu pequeno tamaño, que lle outorga unha superficie menor que manter quente. Este animal é omnívoro e preeiro e para atrapar as súas presas guíase polo seu oído para escoitar como os animais fan túneles baixo a neve.

 

2.       Balea branca

Este tipo de balea é de tamaño medio e posúe dentes. Habita en augas de climas moi fríos e  pode mover a cabeza en todas as direccións, xa que non ten aletas dorsais. Isto sérvelle para moverse mellor entre o xeo. Ó igual que as demais baleas, oriéntase emitindo sons imperceptibles para o oído humano e aliméntase de todo tipo de peixes e moluscos.

 

3.       Bisonte

O bisonte é un mamífero peludo de gran tamaño que se afai ás temperaturas extremas tanto frías como cálidas coa axuda do seu pelo, que no inverno o illa do frío e no verán muda para mantelo fresco. Non ten moi boa vista, pero si un sentido do olfacto e oído moi bos. Son animais herbívoros e non teñen problema para atopar comida no inverno xa que remexen entre a neve na procura de alimento.

 

4.       Oso polar

Este mamífero é un tipo de oso adaptado ás temperaturas extremas do Ártico. A súa pelaxe ten unha cor branca para camuflarse dos cazadores entre a neve e ademais pasar desapercibido ante as presas. Esta pelaxe, xunto coa pel e unha capa de graxa axúdano a manterse quente. As súas poutas están dotadas de vultos e cavidades que lle confiren adherencia e o axudan a non esvarar no xeo. Os osos polares son excelentes nadadores, poden recorrer longas distancias e aguantar moito tempo a respiración baixo a auga ademais de soportar a temperatura xeada do mar grazas á capa de graxa almacenada baixo o pelo. Aliméntanse sobre todo de focas, pero coa escaseza de alimento do ártico ás veces vense obrigados a comer outro tipo de animais.

 

5.       Lince canadense

Este tipo de felino ten a aparencia  dun gato doméstico de gran tamaño. Está preparado para soportar temperaturas frías e climas nevados, xa que o deseño das súas patas  distribúe a neve baixo as poutas de maneira que se poida manter colocado enriba sempre. Ademais posúe unha capa de pelo que o protexe do frío. Estes animais viven habitualmente en zonas de bosque onde se alimentan de coellos salvaxes que cazan pola noite.

 

Atopamos tamén animais típicos de bosques boreais, montañas e zonas de clima continental: castor, caribú, puma, esquío, oso, alce, porco espiño, gacela, mapache, raposo, lontra, mofeta, corzo, cabalo…

 

6.       Castor

Trátase do maior roedor de América do Norte. Estes animais danse moi ben dentro da auga e teñen unha pelaxe que os protexe de practicamente todos os climas. Ademais o seu rabo con forma de paleta axúdaos a mover e colocar paus e pólas. Os seus dentes (de gran rixidez) axúdanlles a roer a madeira que van empregar para facer as súas presas e os seus refuxios e á súa vez esta labor mantén os dentes sempre afiados e no tamaño xusto.

 

7.       Caribú

É un animal de zonas montañosas e de tundra, xa que ten un corpo pequeno e illado polo pelo e unas patas longas que o axudan a camiñar entre a neve. Un dato curioso destes animais é que soportan temperaturas extremas, mais no verán teñen grandes problemas cos insectos e incluso poden chegar a correr varios quilómetros escapando deles. Tanto os machos coma as femias posúen cornos que mudan unha vez ó ano. Estes cornos son símbolo de dominio, e as femias son as que máis tempo os levan para protexer as súas crías antes e despois do embarazo.

 

8.       Puma

Este animal está considerado o segundo felino máis grande das Américas. Pode alcanzar grandes velocidades e tamén é quen de saltar grandes alturas. Habita en lugares nos que poida pasar desapercibido como nas montañas escarpadas e os bosques espesos. Os pumas non tenden a atacar ós humanos a menos que se sintan ameazados e teñen unha vista moi áxil, ademais poden cazar presas de ata catro veces o seu tamaño debido á súa forte musculatura. As zonas onde máis habitan correspóndese co oeste de Canadá.

 

9.       Esquío voador

Este tipo de esquío ten a aparencia dun esquío común, pero recibe o seu nome por unhas membranas peludas que van dende a parte anterior do brazo ata a superior das pernas e actúan como paracaídas á hora de saltar dunha árbore á outra. Son animais nocturnos, e teñen uns bigotes especiais moi sensitivos que os axudan nas súas travesías na escuridade da noite. Dirixen as súas rutas marcándoas cunha especie de glándulas olorosas que almacenan nas meixelas. Son animais omnívoros, pero sobre todo aliméntanse de froitos silvestres e de cáscara, por iso atopamos a maior parte delas en bosques.

 

10.   Oso pardo

Este oso é o segundo carnívoro máis grande de América do Norte, cunha medida de 1.8 metros ademais dun corpo moi robusto. Son animais rápidos, xa que poden alcanzar os 55 km/h, e a pesar de non teren moi boa vista, teñen un oído e un olfacto estupendos. Tamén son solitarios e habitan dentro dun territorio demarcado que consideran como seu. Atópanse en varios tipos de bosques e non teñen depredador posible que non sexan os humanos. Están considerados como animais que hibernan, mais este tipo de osos pode permanecer en activo todo o inverno, pero co metabolismo máis lento. Tamén se cre que son animais carnívoros, pero isto non é certo, de feito son omnívoros e o 90% da súa dieta represéntano as froitas silvestres.

 

Atopamos dentro desta categoría ademais, gran cantidade de aves como poden ser o arao papagaio, aguias, gansos, garzas, patos, falcóns, paxaros carpinteiros, pitas do monte, mouchos, cisnes…

 

11.   Arao papagaio

Este animal, a pesar de pertencer á familia das aves e ter ás non é quen de voar, se quixese facelo tería que mover as ás 300 ou 400 veces por minuto. Por contra, é un ave acuática, polo que pasa a maior parte do tempo nadando na procura de comida (pequenos peixes). Son uns paxaros moi perspicaces, xa que poden aguantar ó redor dun minuto sen respirar e ademais son quen de pescar sobre 10 peixes por cada mergullo.

 

12.   Aguia calva

Aínda que o seu nome indique o contrario, non é calva. É unha especie autóctona de América do Norte. Normalmente, as aguias calvas instálanse en zonas de bosque próximas a grandes superficies de auga, xa que se alimentan de peixes. Por regra xeral afástanse todo o posible dos humanos debido a que excepto estes, non teñen ningún depredador, e cando a poboación destes animais diminúe habitualmente é debido ás deforestacións. Aínda que a súa dieta está constituída principalmente por peixes, cando estes escasean poden comer coellos, esquíos, paxaros e mesmo crías de cervo.

 

Ademais de todos os animais nomeados podemos atopar réptiles como as serpes e unha cantidade innumerable de insectos, pero que non destacan por seren animais autóctonos, senón que son especies comúns que podemos atopar tamén en moitos outros recunchos do planeta.

 

 

 

 

Solución

a)1 b)11 c)6 d)12 e)2 f)4
g)3 h)5 i)10 l)7 m)8 n)9

 

 

Bibliografía:

Animal Facts. (2017). Canadian Geographic. Recuperado o 20 de febreiro de 2017, de: https://www.canadiangeographic.ca/kids

 

Publicado por Aroa Alonso Domínguez

 

Advertisements

7 comentarios en “A fauna en Canadá

  1. Buenas!
    Me ha gustado tu entrada, creo que proporciona mucha información interesante sobre la fauna de Canadá sin embargo, me gustaría saber porque la “foca arpa” recibe este nombre. También a que temperaturas puede llegar el clima de Canadá ya que has mencionado que el zorro ártico puede alcanzar temperaturas de hasta -50º. Gracias y un saludo!

    Andrea García Díaz

    Gústame

  2. Me gustaría felicitarte por tu entrada pues incluye una gran cantidad de información que nos permite conocer un poco mejor la fauna de este país interesante. Al menos en mi caso has conseguido que me interese no solo por los osos, así que muchas gracias, Aroa.

    Gústame

  3. Moitas felicidades pola túa entrada Aroa!
    O meu animal favorito é o oso polar e encantoume saber algo máis del e dos animais que conviven con el na zona canadiense.
    Resultoume doado de entender e moi entretida a lectura. Ademáis gustoume a túa idea de facer un xogo coa descrición dos animais e a súa imaxe para que os puidésemos relacionar.
    Un saúdo, e grazas por aportarme una lectura amena e divertida.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s