TOP 8 SITIOS QUE DEBES VISITAR EN AUSTRALIA

Australia converteuse nun destino turístico moi aclamado e, coma calquera outro lugar, existen localizacións cun atractivo máis grande ca outras. Segundo as últimas estatísticas os estados máis  visitados son Nova Gales do Sur e Victoria, en contraposición a Northern Territory e Tasmania, que son visitados con menos frecuencia:

Partindo destes datos, e para facer unha pequena guía turística de Australia, vou presentar a continuación un destino cun gran atractivo por cada estado e outro máis situado en Camberra (capital australiana). Algúns deles xa son de sobra coñecidos, pero outros non, e desde un punto de vista persoal, son lugares fermosos que calquera turista debería coñecer.

 

1.- A Sydney Ópera House  – New South Wales

opera sidney.jpg

A Ópera de Sydney foi cualificada como un dos edificios máis simbólicos do século XX, unha obra mestra coñecida a nivel mundial que se converteu nun símbolo non só dunha cidade, senón tamén dun país.

 

2.- Melbourne – Victoria

melbourne-vic.jpg

Melbourne é a cidade máis grande de Victoria, e en 2011 foi escollida como a mellor cidade do mundo para vivir por diversos motivos, como son a calidade de  vida e o baixo nivel de pobreza.

 

3.- A Gran Barreira de Coral – Queensland

barrera coral- queens.jpg

A Gran Barreira de Coral é o maior arrecife de coral do mundo. Sitúase no Mar do Coral fronte á costa de Queensland e esténdese ó longo de 2.600 km que poden ser distinguidos desde o espazo. É un destino especialmente considerado polos submarinistas pola vasta diversidade biolóxica que presenta e as claras e tépedas augas que o forman.

 

4.- Wave Rock – West Australia

wave rock- westaus.jpg

Este monumento natural recibe o seu nome pola forma que presenta. Forma parte dunha reserva natural de 160 hectáreas, o Hyden Wildlife Park, e mide 14 metros de altura e 110 de largo.

 

5.- Península Fleurieu – South Australia

peninsula fleurieu-southaus.jpg

Esta pequena península sitúase na costa de Australia do Sur. É un dos lugares máis turísticos pola paisaxe paradisíaca que presenta e a gran cantidade de actividades que se organizan e ofrecen ós visitantes estranxeiros.

 

6.- O Parque Nacional Nitmiluk – Northern Territory

parque-nacional-nitmiluk nt

Este lugar esténdese ó longo de 292.000 hectáreas e está caracterizado polas grandes gargantas formadas polo Río Katherine e as cataratas Edith. Un dos percorridos máis recomendados, e máis duros, realízase polos sendeiros que chegan ata as cataratas Edith, cunha lonxitude de 100 km, e lévase a cabo durante 5 días.

 

7.- Wineglass Bay – Tasmania

parque nacional freycinet tasmania

Esta praia está considerada unha das 10 mellores praias do mundo, tanto pola súa forma curvada coma polas súas areas e augas claras. Está situada na península de Freycinet.

 

8.- A Casa do Parlamento – Canberra

parlamento australiano canberra.jpg

Este edificio foi inaugurado o 9 de maio de 1988 e desde entón foi utilizado como parlamento en Australia. A súa construción supuxo un gasto de 1.1 billón de dólares e ocupa 250.000 metros cadrados de superficie. A idea principal era que este edificio estivese aberto ó público e foi levada a cabo, chegando a recibir ata un millón visitas ó ano.

 

Finalmente, e para rematar este artigo, aquí deixo un enlace a un vídeo que fai promoción dos encantos turísticos australianos. Foi publicado este ano e está comentado polo coñecido actor de cine Chris Hemsworth, considerado embaixador pola páxina de Australia. Se a miña pequena síntese non vos convenceu do fermoso que é este lugar, espero que isto si que o consiga. Aquí vos vai!

[Vídeo]

– Alba Díaz Rivas

 

BIBLIOGRAFÍA:

Arias, J. (2016). El impactante Parque Nacional Nitmiluk. [online] Sobreaustralia.com. Available at: http://sobreaustralia.com/2011/09/07/el-impactante-parque-nacional-nitmiluk/ [Accessed 13 May 2016].

Australia.com. (2016). Wineglass Bay, Freycinet, Tasmania – Tourism Australia. [online] Available at: http://www.australia.com/es-cl/places/freycinet/tas-wineglass-bay.html [Accessed 13 May 2016].

Es.wikipedia.org. (2016). Melbourne. [online] Available at: https://es.wikipedia.org/wiki/Melbourne [Accessed 13 May 2016].

Facebook.com. (2016). Australia.com – Tourism Australia and Chris Hemsworth | Facebook. [online] Available at: https://www.facebook.com/SeeAustralia/videos/10153925697735909/ [Accessed 13 May 2016].

Flickr – Photo Sharing!. (2016). Yarra River With Added Moon – Melburne Australia. [online] Available at: https://www.flickr.com/photos/bovinemagnet/2302204490 [Accessed 13 May 2016].

kf1012. (2012). THE SYDNEY OPERA HOUSE. [online] Available at: https://kf1012.wordpress.com/2012/08/29/the-sydney-opera-house/ [Accessed 13 May 2016].

Southaustralia.com. (2016). Fleurieu Peninsula – our coastal playground. [online] Available at: http://southaustralia.com/en/places-to-go/fleurieu-peninsula [Accessed 13 May 2016].

Tra.gov.au. (2016). International Visitors in Australia: December 2015 quarterly results of the International Visitor Survey. [online] Available at: http://tra.gov.au/documents/ivs/International_Visitors_in_Australia_December_2015_Results_of_The_International_Visitor_Survey.html [Accessed 13 May 2016].

Unusual Places. (2013). Wave Rock. [online] Available at: http://unusualplaces.org/wave-rock/ [Accessed 13 May 2016].

Wikipedia. (2016). Parliament House, Canberra. [online] Available at: https://en.wikipedia.org/wiki/Parliament_House,_Canberra [Accessed 13 May 2016].

YouTube. (2016). La Gran Barrera de Coral – Australia. [online] Available at: https://www.youtube.com/watch?v=jeRdzvgbjFI [Accessed 13 May 2016].

Advertisements

2 comentarios en “TOP 8 SITIOS QUE DEBES VISITAR EN AUSTRALIA

  1. Has elegido unas imágenes preciosas! Australia es un lugar que realmente merece la pena visitar, sobre todo por las costas! Me gustaron mucho los sitios turísticos que has elegido para destacar! 🙂

    Gústame

    • Moitas grazas Sandra! A verdade é que é moi bonita, incluso nas zonas que non son costeiras. Foi por iso que quixen sinalar sitios en diferentes estados a parte das praias, que esas sempre se saben que fan unhas paisaxes perfectas. Aínda así, era inevitable poñer algunha. Un saúdo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s