Zoolóxico de Londres

A pesares de ser un tema meramente sinxelo, o Zoolóxico de Londres agocha algún que outro dato de interese que seguro que a máis de un lle sorprenderá. Tamén vos poderá servir de axuda como información se algún día tedes a oportunidade de visitalo.

London_Zoo
Entrada do London Zoo (Google imaxes)

Unha breve historia:

O Zoolóxico de Londres ZSL é o zoo científico máis antigo do mundo. Data de mediados do século XIX, concretamente no ano 1828. Atópase no barrio de Camden Town, espefíficamente no Regent’s Park, polo que ás veces tamén é coñecido como Regent’s Zoo.

O zoo adminístrase a través do auspicio, que é un  “suceso que se interpreta como anuncio de que o que vai empezar resultará ben ou mal” (Dicionario Xerais da Lingua, 2008) da Zoological Society of London (máis comunmente denominada ZSL). O obxectivo desta sociedade era estudar os animais nunha relativa liberdade.

Características:

Animais

Este zoolóxico alberga arredor de 16,000 animais (datos do ano 2006) e conta con máis de 700 especies distintas (datos do ano 2008). Tamén temos a posibilidade de ver exhibicións que reproducen as condicións de vida dos animais con moito realismo. É interesante destacar o Tiger Territory, un hábitat de temática indú especialmente construído para os tigres de Sumatra en perigo de extinción.

Arquitectura

Presenta algunhas novas obras de arquitectura como poden ser o chamado Northern Aviary  ou Snowdon Aviary (1ª imaxe) e a piscina para pingüinos (2ª imaxe).

 

aviary03 penguins_pool_berthold-lubetkin_3

Horarios e prezos:

Horario: O Zoo abre ata o 20 de xullo de 10:00 a 17:30 e do 21 de xullo ao 2 de setembro de 10:00 a 18:00 (todos os venres de xuño e xullo o zoo pechará ás 17:00).

Prezos:

Entrada para adultos:         A partir de £24,25 (EUR 30,72) por entrada/billete

Entrada para nenos:           A partir de £17,60 (EUR 22,30) por entrada/billete

Entrada con desconto:       A partir de £21,80 (EUR 27,62) por entrada/billete

Datos de interese:

Ademais de ter exposicións temáticas, tamén hai unha área de talleres para os nenos e así conciencialos da importancia de tratar ben a todos os animais.

Para os grandes amantes dos animais, tamén existe a fermosa posibilidade de apadriñalos.

Seguro que todos vós, durante a época de primavera ou de verán, vistes bolboretas a montóns. Pero nunca vos parastes a fixarvos ben nas súas cores? Non sempre é doado verdade? Pois ben, no Zoolóxico de Londres teredes a oportunidade de ver cantidade de bolboretas en liberdade voando ao voso redor, ou mesmo pousadas en calquera sitio. Aquí vos deixo unha ligazón cun vídeo na casa das bolboretas:

Zoolóxico de Londres – Bolboretas

Este zoolóxico utilizouse para filmar unha das películas máis coñecidas por todos nós, Harry Potter e a Pedra Filosofal. Aquí rodáronse as escenas de Harry e Dursley no seu paseo familiar polo zoolóxico, xustamente na casa dos réptiles (reptile house) onde Harry conversa cunha serpe e logo fai que o seu primo quede pechado cunha delas. No mesmo lugar foi instalada unha placa para commemorar este acontecemento. Velaquí outro vídeo da escena na casa dos réptiles:

Zoolóxico de Londres – Escena da película de Harry Potter

Navegando por varias páxinas turísticas sobre Londres, e mirando sobre todo os comentarios, poido engadir que a maior parte da xente non destaca o Zoolóxico de Londres en comparación dos españois, pero si mencionan moito que as exhibicións que ofrecen para os nenos son abraiantes.

Para rematar, cabe dicir que é moi importante saber as condicións de vida que teñen todos os animais, que deben ser, nin moito menos, as axeitadas para o seu hábitat.

Para máis información déixovos o enlace da páxina oficial do zoolóxico: Zoolóxico de Londres

Antía Vázquez Camino

Bibliografía:

Guía para visitar el Zoo de Londres, ZSL London Zoo (2015): tuescapada [en liña]. [Referencia do 9 de maio de 2016]. Dispoñible en: http://tuescapada.eu/guia-londres/zoo-de-londres-visitar-london-zoo/5/

London Zoo (2008-2016):  Londres en español [en liña]. [Referencia do 9 de maio de 2016]. Dispoñible en: http://www.londresenespanol.com/descuentos/atracciones-turisticas-incluidas-en-la-oferta-2×1/london-zoo

Zoo de Londres (2009-2016): LONDRESANDO [en liña]. [Referencia do 9 de maio de 2016]. Dispoñible en: https://londresando.com/zoo-de-londres/

Zoológico de Londres: Wikipedia [en liña]. [Recuperado o 9 de maio de 2016]. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Zool%C3%B3gico_de_Londres

ZSL London Zoo (2015): VISITLONDON.COM, Guía Turística Oficial [en liña]. [Referencia do 9 de maio de 2016]. Dispoñible en: http://www.visitlondon.com/es/cosas-que-hacer/lugar/128810-zsl-london-zoo#lCFWxjUdChICavMK.97

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s