Un anaco da historia de Nova Zelandia

Fagamos un breve repaso da historia de Nova Zelandia. Entre os séculos VIII e IX, un pequeno grupo de polinesios chegou á Baía das illas (Bay of Islands). Varios centos de anos despois (séc. XVII) comezaron a chegar baleeiros e cazadores de focas. Desta maneira iniciáronse os intercambios comerciais entre o pobo aborixe e mais o europeo. En 1810, o pobo maorí adquiriu sona de perigoso tras a aparición de cidadáns ingleses asasinados. A causa disto, Gran Bretaña decidiu atrasar o envío de misioneiros ata o 1814, ano no que enviaron a dous deles desde Australia.

  • THE MUSKETS WARS

Estes misioneiros construíron unha igrexa e unha escola nas terras de Hongi Hika, xefe dunha tribo maorí, quen lles permitiu instalarse no seu territorio sen tomar represalias. A razón da súa benevolencia foi a intervención de seis maorís tránsfugas que acompañaban ós clérigos. Hongi Hika reuniuse con outras tribos co obxectivo de convencelas para loitar contra os colonizadores. Porén, as tribos veciñas rexeitaron a súa proposta, xa que a unión de todas as tribos supuña un gran ataque contra a súa honra. En 1820, Hongi Hika foi agasallado polo monarca Xurxo IV na propia Inglaterra como agradecemento da entrada da relixión cristiá nas súas terras. Á súa volta, o xefe da tribo desembarcou en Sidney, Australia, coa intención de intercambiar os agasallos do soberano inglés por armamento. Ó chegar ó seu pais, utilizou as armas adquiridas para loitar contra as tribos veciñas que o rexeitaran. Este suceso deu lugar unha serie de guerras entre maorís que acabarían sendo coñecidas como as Muskets Wars.

 

lider

Velaquí unha fotografía do xefe da tribo Ngāpuhi iwi, Hongi Hika.

 

  • FIRST NEW ZEALAND WAR

Na Inglaterra de 1839, xurdiu o rumor de que Francia estaba interesada na colonización da illa Sur de Nova Zelandia, o que provocou a proclama oficial das illas por parte do goberno inglés. Coa intención de tomar o control das illas de forma pacífica, a coroa británica ofreceulles importantes privilexios financeiros a cambio de formar parte da súa colonia. Isto deu lugar ó Tratado de Waitangi, co que Nova Zelandia pasou a ser unha colonia independente. Despois deste acontecemento, milleiros de europeos chegaron a este país desexosos de mercar terras. Nese momento houbo unha división no pobo maorí entre os que desexaban vender as súas terras e os que odiaban a idea de que os colonizadores llelas arrebatasen. Isto deu lugar ás guerras coñecidas co nome de First New Zealand War, as primeiras disputas que tivo este pobo como colonia independente. A última destas guerras foi  Te Kooti´s War, a cal está retratada na película Utu. Este filme trata da vinganza de Te Wheke, un capitán maorí da armada británica que descubriu que os seus homes masacraran o pobo onde el nacera.

Leticia Álvarez Carrera

 

 

Referencias bibliográficas

BIRTH. MOVIES. DEATH. UTU: Colonialism and Revenge In New Zealand´s Wild West. [Ref. do día 18 de abril de 2015]. [En liña]. Dispoñible en: http://birthmoviesdeath.com/2016/01/27/utu-colonialism-and-revenge-in-new-zealands-wild-west

NEW ZEALAND HISTORY. Musket Wars. [Ref. do día 18 de abril de 2015]. [En liña]. Dispoñible en: http://http://www.nzhistory.net.nz/war/hmuskt-wars/overview

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s