Canadá: un país en silencio?

Dende as nosas butacas europeas e como espectadores do internacional, seguramente non temos moito que engadir sobre Canadá máis aló de que é un país moi grande, que non semella demasiado polémico, que ten unha rexión na que se fala en francés e que se chama Quebec, que alí podemos encontrar os Grandes Lagos e que sempre destacan nos Xogos Olímpicos de Inverno. Parece ser que Canadá é un país en silencio, pasa desapercibido, mais ten unha boa reputación. A que se debe? É Canadá a Suíza americana? A continuación imos descubrir algunhas das contribucións canadenses ó longo da historia, así como certos datos nacionais que corroboran que Canadá sexa o segundo mellor país do mundo para vivir.

canada1

Achegas canadenses ó longo da historia

De entre todas as contribucións que se produciron ó longo dos séculos, as máis coñecidas son as seguintes:

  • No ámbito gastronómico: a gastronomía canadense é moi rica debido á influencia tanto inglesa como francesa. Non obstante, no tocante á produción orixinaria do país destacan a manteiga de cacahuete, que foi patentada por Marcellus Gilmore Edson en 1884 como remedio alimenticio para a xente con dificultades para mastigar; e o xarope de pradairo (árbore da que procede a folla da bandeira nacional), que ten a súa orixe moito antes das colonias, cando os pobos indíxenas o empregaban como tónico.
  • No ámbito da industria: con frecuencia pénsase que é un invento nado nos Estados Unidos, pero o teléfono, patentado por Alexandre Graham Bell, naceu en Canadá cara a 1876 superando ós seus antecesores. Un caso parecido é o da lámpada, que aínda que se lle atribúe a Thomas Alva Edison, el simplemente comprou a patente de 1874 a Henry Woodward e Matthew Evans, inventores canadenses, debido a que eles non tiñan o suficiente poder adquisitivo para comercializar a creación; posteriormente Edison mellorou o funcionamento e patentou en 1880 a súa propia lámpada incandescente. Noutra materia totalmente distinta encontramos a cremalleira, que foi creada por Gideon Sundback en 1913 como eficaz sustitutivo dos botóns, ganchos, broches e corchetes. Por último, un trío de canadenses formado por Graeme Ferguson, Roman Kroitor y Robert Kerr revolucionaron o mundo da gran pantalla ó inventar o primeiro proxector IMAX para a EXPO Osaka de 1970; o que permitiu reproducir os filmes nun formato dez veces máis grande do que se coñecía naquel momento.

 

  • No ámbito da medicina: o avance médico máis importante produciuse en 1921, cando Frederick Banting descubriu a insulina como tratamento contra a diabetes, o que provocou que en 1923 Banting recibise o Premio Nobel.

O segundo mellor país para vivir

Canadá é o segundo país do mundo en extensión por detrás de Rusia, conta con 35,5 millóns de residentes e a súa poboación encóntrase bastante dispersa en relación co terreo dispoñible. A nación do pradairo catalogouse, a principios de 2016, coma o “segundo mellor país do mundo para vivir” (U.S. News) de acordo co estudo realizado por U.S. News en colaboración con World Report e a universidade de Pennsylvania Wharton School. 

No listado de países resáltase de Canadá o seu orgullo por preservar a propia cultura, facendo referencia á política de multiculturalismo adoptada en 1971 que celebra a diversidade que caracteriza á poboación canadense. Por outra banda tamén resaltan na publicación a elevada calidade medioambiental, a abundancia de recursos, a favorable acollida de inmigrantes, a liberdade de culto relixioso e a alta calidade de vida dos cidadáns, grazas a unha economía relativamente estable que se fortaleceu dende os anos oitenta (sen ser esta allea ós factores externos que empeoraron a economía global ó longo dos últimos anos).

O potencial enerxético tamén é considerado xa que Canadá é o terceiro país coas reservas de petróleo máis altas e o quinto maior produtor de crú do mundo. Ademais, no ranking tamén se inclúen os aspectos artísticos e culturais, nos que se recoñece ó país como o berce de recoñecidos artistas do panorama internacional coma por exemplo Céline Dion ou Joni Mitchell. Na mesma sondaxe recoñécese que non todo é perfecto, senón que se advirten severos problemas coa poboación indíxena e coa particular situación de Quebec, onde xa hai tempo que se respiran aires separatistas.

Como acabamos de ver Canadá ten moito que ofrecer e compartir, non é un país na sombra nin se quera un país en silencio, é un país plural e san economicamente. O mesmo Barack Obama dixo: “I love this country. We could not have a better friend and ally” (“Encántame este país. Non poderíamos ter un mellor amigo e aliado“. 

Espero que este artigo fora do voso agrado e que contribuíse dalgunha maneira a ampliar os vosos coñecementos canadenses, así que xa o sabedes:

Canada-Day-ideaspp_w515_h675

Carlos Iglesias Gallego


Referencias de información e consulta:

Dicionario da Real Academia Galega, Real Academia GalegaTabernas, 2012, A Coruña.

Gran Enciclopedia Larousse Universal (24 tomos + suplementos). Ed. Plaza&Janes S.A. Editores, 1979, Barcelona.

USnews (plataforma dixital) véxase en http://www.usnews.com/news/best-countries/canada

 

Advertisements

3 comentarios en “Canadá: un país en silencio?

  1. Esta entrada gustoume e aportoume moítisimo. Non tiña nin idea da metade das cousas que aquí se tratan, e penso que son moi interesantes. Dende logo, Canadá era un país ó que eu non lle daba moita importancia e despois de ler isto doume conta do relevante que é.

    Gústame

    • Graciñas Clara polo teu comentario, a verdade que é mágoa que sexamos tan inconscientes de todo o que podemos aprender de outros países e incluso do noso propio. Aínda que non poidamos abranguer todas as culturas do mundo, si é conveniente aprender cousas novas, aínda que sexan unhas poucas e en internet.

      Gústame

  2. Ola, Carlos. A verdade é que, como di Clara, deches moitos datos e moi interesantes sobre un país do que se debería saber máis. Resultoume moi amena a túa entrada e o da lámpada de Edison nin o imaxinaba. Un saúdo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s