Rugby e os All Blacks

1914_All_Blacks

Pódese consultar a fonte orixinal das imaxes premendo sobre elas.

 Algúns dirán que tan só é deporte. Outros que lles parece unha forma ben ruda e violenta de pasar o tempo. Pero todos eles, o que sen dúbida non imaxinan, é o cariz case relixioso que o rugby ten en Nova Zelandia. Estamos a falar do deporte nacional, que presenta unha ampla tradición histórica e cultural e unha práctica deportiva estendida entre os seus habitantes. Cómpre ter en conta estos aspectos para poder achegarnos á unha comprensión do significado do rugby para o pobo neozelandés.

Características históricas e rasgos identificativos

z131

 O rugby foi introducido como un elemento máis da colonización británica. Relaciónase a súa iniciación en Nova Zelandia con Charles Monro, fillo do presidente da Cámara de Representantes de Nova Zelandia, o cal aprendeu o xogo na universidade cristiá de Londres.

Monro persuadiu ós equipos da cidade de Nelson a adoptar as regras do rugby en lugar da mestura entre fútbol de orixe británica e o football australiano, que era o deporte que practicaban. Foi así como o 14 de Maio de 1870 tivo lugar o primeiro partido de rugby en terreo neozelandés entre os equipos de Nelson College e o Nelson Football Club. Este feito só significou a semente dun deporte que atopou rápida afección no pobo kiwi. Os valores do esforzo, do sacrificio e do traballo en equipo entroncaron perfectamente coa sociedade neozelandesa, a cal adoptou o rugby como deporte propio.

 Pero se falamos de valores, temos que fincapé na selección nacional, os All Blacks, a cal representa a maior mostra de orgullo nacional, así como unha perfecta embaixadora do pobo neozelandés no exterior. Esta selección exerce o dominio do rugby mundial desde a súa constitución en 1884, acadando uns números certamente salientables entre os que destacan unha porcentaxe de victoria de máis do 76% dos seus partidos disputados, o primeiro lugar na clasificación mundial por puntos anotados, é o único equipo que presenta un balance favorable de victorias-derrotas fronte a tódolos países contra os que se enfrontou e desde o seu debut internacional, só cinco equipos foron quen de derrotala en partidos oficiais (Australia, Inglaterra, Francia, Sudáfrica e o País de Gales). Estos datos teñen unha dobre importancia tendo en conta a dimensión do país kiwi.

 Os principais rasgos identificativos do seu uniforme son a cor negra e o fento prateado, símbolo nacional da especie endémica neozelandesa.

All_Blacks_1905

 

A unión entre os pobos

 Falabamos previamente da conexión que se estableceu entre o rugby e a sociedade kiwi. Neste sentido, esta relación tamén existiu desde un primeiro momento entre o deporte e a minoría maorí, moi receptiva á práctica deportiva, previamente iniciada coas carreiras de cabalos.

 A sociedade maorí entendeu a práctica do rugby como unha loita equitativa, na que o terreo de xogo proporcionaba a oportunidade de competir en igualdade de condicións contra o adversario. Ó longo das seguintes décadas, xogadores maoríes competiron pola selección nacional e foron representantes exitosos da súas comunidades, xerando icónicas figuras de afouteza e conduta para a minoría maorí e contribuíndo a unha unión entre os pobos nativos e os neozelandeses de orixe europea.

 Parte da aportación maorí á selección nacional, foi a adopción da súa haka, baile tradicional identitario. Este elemento, perfectamente explicado pola miña compañeira Natalia nunha entrada anterior, (https://teaorcoffeeuvigo.wordpress.com/2016/03/11/un-achegamento-a-cultura-maori/), simbolizou perfectamente o nexo existente na cultura maorí entre a loita no campo de batalla e a loita no rugby, e polo tanto foi trasladada de xeito natural ós prolegómenos de cada partido dos All Blacks.

 Para rematar queremos facer, desde esta pequeña entrada, unha contribución á memoria de Jonah Lomu, atleta neozelandés e maorí recentemente falecido, e que foi un mellores xogadores de rugby da historia.

Iago Alonso

Advertisements

4 comentarios en “Rugby e os All Blacks

  1. Bos días Iago,
    Primeiro felicitarche pola entrada. Coñecía ben o de que o rugby é o deporte máis practicado en Nova Zelandia pero non sabía que a sociedade kiwi considerara ós All Blacks un orgullo nacional. Porén, non deixa de ser interesante a idea de que un deporte poida estreitar tanto os lazos entre dous pobos que, nun principio, non teñen ningún outro interese en común.
    Saúdos,
    Leticia

    Gústame

    • Boa noite Leticia!
      Pareceume importante salientar o espírito de unión e fraternidade que promove (a práctica do rugby en xeral) e neste caso concreto en Nova Zelandia. O deporte, en moitos sentidos, fomenta unha serie de valores, que son imprescindibles para a creación dunha sociedade equilibrada, e por iso escollín falar deles nesta entrada.

      Saudiñas!

      Gústame

  2. Ola Iago. Teño que dicir que me gustou moito a túa entrada e que agradezo que fixeras unha pequena referencia ó Haka, xa que sei de primeira man que hai xente que non entende o que é e en moitas ocasións os xogadores son pintados coma monos por quen non comprende a carga cultural e histórica que implica. Parabéns.

    Gústame

    • Ola Alba, moitas grazas pola túa resposta. Quixen facer unha pequena referencia á Haka para precisamente iso, evitar caír en relativismos culturais e poder contribuír a unha maior cultura e coñecemento sobre as tradicións de Nova Zelandia. Un saúdo

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s