O sistema aduaneiro australiano

Ós aeroportos internacionais de Australia chegan máis de 31 millóns de pasaxeiros cada ano. O Departamento de Inmigración e Protección de Fronteiras de Australia, é o departamento do Goberno encargado de regular a inmigración e de controlar as fronteiras do país. Os axentes de alfándegas xogan un papel moi importante na protección das fronteiras australianas da entrada de mercancía ilegal e perigosa e tamén do acceso ó país de persoas non autorizadas.

Ademais, nos aeroportos internacionais actúa o Departamento de Agricultura e Recursos Hídricos, a súa finalidade é asegurar que non se insire nada que poida afectar á biodiversidade de Australia, posto que se poñería en perigo a industria agrícola do país.

Viaxar dende e cara Australia

Os viaxeiros que marchan de Australia ou os que chegan ó país deben cubrir a tarxeta de pasaxeiro. Esta tarxeta é un documento de identificación que permite rexistrar a entrada e a saída dunha persoa do país.

Diferénciase entre  tarxeta de chegada de pasaxeiros e  tarxeta de saída de pasaxeiros:

Chegada ó país

Unha vez que o pasaxeiro chega a Australia, debe presentar o seu pasaporte e a tarxeta de chegada de pasaxeiros a un alfandegueiro. Nos último anos a Forza Fronteiriza de Australia, xunto co Servizo de Aduanas de Nova Zelandia, desenvolveu un novo sistema automatizado chamado SmartGate que realiza os controis aduaneiros e de inmigración a aqueles viaxeiros que teñan pasaporte electrónico ou ós menores de 16 anos. Este recurso facilita o control de seguridade que antes realizaban os axentes de alfándegas.

Finalmente os axentes de aduanas e os do Departamento de Agricultura revisarán a súa equipaxe. O Departamento de Inmigración e Protección de Fronteiras de Australia e o Departamento de Agricultura traballan á par para detectar elementos prohibidos ou restrinxidos.

Que se pode levar?

Á hora de facer a equipaxe débese ter en conta o restritivo control de alfándegas que presenta Australia.

Hai algúns obxectos que está totalmente prohibidos como as armas, calquera tipo de estupefaciente ou incluso algunha raza de can considerada perigosa, como o dogo arxentino ou o pitbull.

Outros están suxeitos a restricións, o viaxeiro debe indicar na súa tarxeta de chegada de pasaxeiros ou na tarxeta de saída de pasaxeiros que na súa equipaxe hai obxectos como tabaco, alcohol, alimentos, plantas ou animais. Mais Australia ten as súas razóns: algúns alimentos, plantas ou animais estranxeiros poden introducir pragas e enfermidades graves, o que devastaría as industrias agrícolas e o sector do turismo, así como o medio ambiente tan prezado de Australia.

Andrea Pereira Canosa

Advertisements

7 comentarios en “O sistema aduaneiro australiano

  1. Hace unos meses había un artículo en el periódico británico “Daily Mail” sobre Johnny Depp y su mujer. Cuando su mujer le fue a visitar, llevo consigo los dos perros que tienen, saltando varios protocolos de seguridad, y puede que la sentencien a un año de cárcel por ello. Crees que es justo, que aprovecharán para marcar un ejemplo, o quizá es un poco exagerado?

    Gústame

    • Algunhas das medidas son demasiado estritas, como por exemplo o caso ó que te refires. Entendo que deban protexer o medio natural do país, mais ás veces non o fan dun modo moi axeitado. Pois a pesares de todos os controis aduaneiros para evitar a entrada de especies que poidan provocar un impacto medioambiental, Australia ten sido protagonista en varias ocasións de pragas que asoballaron as especies autóctonas.

      Gústame

  2. Boas Andrea, en primeiro lugar gustaríame darche os parabén por este artigo tan ameno en enxeñoso. Quizais para nos, como cidadáns dun país membro da Unión Europea non estamos tan familiarizados co asunto das fronteiras grazas ó espazo de libre circulación de persoas e mercancías, mais creo que neste artigo fasnos ver que o control do que entra e sae dun país ten unha importancia decisiva a efectos do medio natural e do modo de vida da poboación. Ademais o extracto do capítulo dos Simpsons de cando van de viaxe a Australia que elixiches para representar a situación non podería ser mais ilustrativo e á vez gracioso. Os meus parabéns de novo.
    Iván García Fuentes

    Gústame

    • Como ti dis é un tema que pode pasar desapercibido á hora de viaxar a calquer outro país europeo, mais cando se trata de Australia debemos ter en conta que os controis fronteirizos son moito máis estritos. Pareceume unha cuestión bastante curiosa, pois non coñezo outro país que estableza medidas tan rigorosas para evitar a entrada de especies perigosas e protexer o medio.
      Graciñas Iván, un saúdo.

      Gústame

  3. Hola Andrea, me gustaría felicitarte porque tu entrada me ha parecido muy amena y sobre todo muy interesante. Es una información que todo el mundo debería saber si quiere viajar a Australia y tú la has explicado de una forma clara y concisa.

    Gústame

    • Ola María. Coincido contigo, é un tema crucial se se quere viaxar a Australia e para moitos de nós pode ser descoñecido.
      Moitas grazas por comentar, un saúdo.

      Gústame

  4. Hola Andrea.
    Me ha gustado mucho tu entrada ya que me ha aportado un montón de datos que no conocía y que serían de gran ayuda para cualquier persona que esté pensando en hacer un viaje a Australia. Además, lo has hecho de una forma muy clara y nada aburrida.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s