A eterna fantasía yankee

Todos coñecemos os Estados Unidos, esa extensa rexión situada no norte do continente americano, que ocupa o terceiro lugar en números de poboación no mundo e que conta cunha gran diversidade social, política e xudicial, e xeográfica, entre outras.

Este territorio recibe inmigrantes constantemente dende que foi descuberto poucos séculos atrás, e pese aos reiterados episodios de xenofobia rexistrados ao longo da sua historia entre a poboación, é innegable que as persoas foráneas ou descendentes destas xogan un papel fundamental neste país. Non en van, está considerada unha das maiores potencias mundiais dende os comezos do século XX. Podemos dicir que un dos aspectos que a fai máis atractiva é a imaxe da prosperidade, accesible para calquera disposto a aproveitar as numerosas oportunidades que este territorio pode ofrecerlle. Este concepto coñécese como ”American Dream”.

índice

© Serielizados

Na imaxe podemos observar os supostos benestar e felicidade completos a mediados do século XX.

A súa idea principal nace nos anos 30 do século pasado,da man de James Truslow Adams aínda que existise xa dende o século XVI. Esta ditaba que non importa de onde sexas ou en que estrato social creceras, pois con esforzo e traballo duro conseguirá-lo éxito en todo o que te propoñas xa que baixo o amparo de 3 lemas separados pero relacionados entre si e con aspectos propios da relixión protestante, moitos pioneiros ingleses lograron persuadir aos cidadáns a moverse ás colonias británicas (se ben nese momento eran soamente 13, todas situadas ao leste do país), aínda que hoxe en día poidan soar máis ben a conto chino:

Estados Unidos é terra de abundancia.

Estados Unidos é terra de oportunidades.

Estados Unidos é terra de destino.

Se ben estas afirmacións poderían ser aplicables naqueles momentos, na actualidade o “American Dream” fai máis fincapé no segundo termo que na idea que tenta representar. Da mesma maneira, a realidade é que soamente uns poucos chegan a ser aquelo co que soñan, digamos que coa sorte xogando un papel importante no proceso. Non obstante, a gran maioría de cidadáns que traballan sen descanso conseguen soamente algo de estabilidade económica, e nos peores casos, simplemente sobrevivir.

Básicamente, calquera persoa podería dicir que este soño en vida é unha falacia, ou mesmo algo completamente surreal que da esperanzas falsas a todo aquel que cre nel.

Da grande cantidade de habitantes que existen en Estados Unidos, un bo número é de afroamericanos e hispanos  cun nivel de vida baixo e, polo tanto, cunha desigualdade moi grande entre cos estratos máis altos da sociedade, que moi dificilmente son alcanzables. Xuntando isto con algunhas políticas económicas e sociais por parte do goberno, que non favorecen en absoluto a estas maiorías étnicas, nos atopamos con que este “dream” é case unha utopía que dependendo dos ollos dende os cales a mires se converteu nunha estratexia de márketing, nunha forma de captar votantes ou mesmo esperanzas. Vemos exemplos de historias controvertidas en novelas ou cancións, como poden ser:

 

Resultado de imagen de el gran gatsby portada
Función Lenguaje

 

 

 

 

O Gran Gatsby, de F. Scott Fitzgerald, novela ambientada nos anos 20 do s. XX que satiriza e ridiculiza o materialismo perseguido polo soño americano.

 

 

Madonna – American Life (Video)

madonna

 

Este tema da famosa cantante Madonna critica tamén os estereotipos que debe seguir unha persoa se quere ser “alguén” dentro da sociedade actual.

Xa para concluír, poderíamos dicir que, chegados a este punto, non hai ningunha característica que faga aos EEUU diferentes e favorables en canto á igualdade de condicións e facilidades para todos á hora de conseguir unha vida plenamente satisfactoria.

Espero que gostedes desta publicación, foi un pracer redactala.

Pablo Varela Ameneiro

BIBLIOGRAFÍA

Alonso, Ángel (2013). Como Estados Unidos se convirtió en una gran potencia. [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: http://eolapaz3.blogspot.com.es/2014/02/como-estados-unidos-se-convirtio-en-una.html

Gómez, Iván (2013). Ritmos catódicos de la gran novela americana. [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: http://www.serielizados.com/reportaje/ritmos-catodicos-de-la-gran-novela-americana/

Hargreaves, Steve (2013). El sueño americano, ¿en verdad existe? [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: http://expansion.mx/economia/2013/12/09/039american-dream039-solo-un-sueno

Laborde, Antonia (2015). El sueño americano en 2015: qué significa para los estadounidenses hoy. [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: http://www.eldefinido.cl/actualidad/mundo/5481/10-preguntas-y-respuestas-sobre-que-es-el-Sueno-Americano-el-2015/

Madonna (2010). American life. [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: https://www.youtube.com/watch?v=LYduJw5LyFM

Vila-Sanjuán, Sergio. Reediciones de “El gran Gatsby”. [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: http://funcionlenguaje.com/index.php/observatorios/actualidad-literaria/456-reediciones-de-el-gran-gatsby

Wikipedia (2017). Sueño americano. [en liña] Recuperado o 24 de abril de 2017 de: https://es.wikipedia.org/wiki/Sue%C3%B1o_americano

 

3 comentarios en “A eterna fantasía yankee

  1. Ola! Pareceume moi interesante a túa entrada. Creo que tes moita razón ao falar desa “eterna fantasía yankee” e das diferenzas entre o que ese “soño americano” implica e o que sucede na realidade. Felicítote polo teu artigo.

    Gústame

  2. Hola Pablo.
    Me ha gustado mucho tu entrada y el punto de vista realista bajo el que está redactada. Había oído hablar en numerosas ocasiones del “sueño americano” en películas y series estadounidenses sobre todo, pero no tenía ni idea de su origen. Me ha llamado la atención el libro que mencionas, cuando tenga tiempo le echaré un ojo.

    Gústame

  3. Hola Pablo.

    Es muy interesante el punto de vista realista desde el que tratas este “Sueño americano”. Siempre tratan de vender América con una frase e imagen bonitas, pero lo cierto es que detrás siempre hay cosas que se ocultan y al final nada es tan bonito.
    Muy buena entrada, un saludo!

    Gústame

Deixar un comentario