MITOLOXÍA IRLANDESA

Boas a todas e a todos!

Comecemos por partes. A mitoloxía é o conxunto de mitos dunha sociedade que ocupa un lugar entre a relixión e o folclore. A súa orixe segue sendo un tema de discusión entre os estudosos, pero a opinión máis extendida é que os pobos, xa sexan os gregos, os romanos, os nórdicos ou os celtas crearon estes mitos para darlle unha explicación á orixe do mundo. O home primitivo non distinguía entre seres animados e seres inanimados e polo tanto dotaba de poder místico ás montañas, ós océanos, ós ríos e a animais.

Deste modo e igual que acontece en Galicia, a orografía e a vasta vexetación irlandesa axudou inmensamente á creación das lendas, mitos e personaxes máxicos que se albergan neste país. Hoxe en día estes elementos pagáns seguen latentes, xa que moitas das lendas seguen pasándose de xeración en xeración afortunadamente.

Connemara-Galway-tour-cosmo_71-kennedy-and-carr-720-min

Connemara © 2015 Kennedy & Carr

A maioría dos documentos e das fontes que relataban estas historias non sobreviviron ó paso do tempo, ora ben podemos distinguir catro ciclos: o Ciclo Mitolóxico, o Ciclo do Ulster, o Ciclo feniano e o Ciclo histórico. No primeiro deles atópase un escrito que será fundamental para dar pé ao resto da historia: o Leabhar Ghabhála Érenn (Libro das Invasións). Aquí nárranse as seis invasións que sufriu Irlanda na antigüidade. Entre elas a máis destacable é a quinta que é a invasión dos Tuatha Dé Danann.

Riders_of_the_Sidhe

Tuatha Dé Danann © Public Domain

Cando os Tuatha Dé Danann chegaron en naves voadoras —ao contrario que os anteriores invsaores que chegaban en barcos— , Irlanda estaba habitada por dous grupos: os Fir Bolg e os Foromés. As tres razas conviviron e chegou a haber matrimonios, tratados de paz e outros pactos, pero tamén houbo dúas batallas. A primeira delas foi contra os Fir Bolg, que foron derrotados con facilidade e a segunda foi contra os Foromés, ós que tamén venceron aínda que o rei dos Tuatha Dé Danann morrera en combate. Da unión mixta entre os grupos surxiron deuses moi poderosos como Lug, Brian ou Bress e así xustifícase a convivencia do ben e do mal como algo necesario, algo moi típico da mitoloxía celta.

Os Tuatha Dé Danann gobernaron estas terras e difundiron a paz durante moitos anos ata que chegaron os milesianos, liderados polo rei Milé, neto de Breogán. Este grupo proviña da Coruña e desterraron ós Tuatha facéndoos vivir no mundo subterráneo, e ahí siguen ata o día de hoxe.

Logo, o Ciclo de Ulster xa se establece no comezo da era cristiá e relata as fazañas dos homes do Ulster (Ulaid), o rei Conchubar e o heroe Cúchulainn. As historias deste grupo reflicten a sociedade guerreira daquel momento, principalmente na rexión de Connacht e do Ulster, e moitos dos personaxes do Ciclo Mitolóxico reaparecen. 

O Ciclo feniano conta as fazañas do guerreiro Fionn mac Cumhaill e os seus soldados: os Fianna. E por último o Ciclo histórico no que se rexistra a historia da familia dos reis daquele momento aproximadamente do século III a.C.

OS LEPRECHAUNS

leprechaun-05

Leprechaun Copyright 2016 © weknownyourdreamz.com

No ámbito das criaturas máxicas encontrámonos con estos tranos que merecen unha especial mención: os leprechauns. Estes seres ademais de ser zapateiros, dedícanse a facer bromas a calquera persoa coa que se atopen. Tamén se lles atribúe ser moi ricos e moitas veces exercen como tesoreiros. Normalmente a súa vestimenta é como a que se ve na imaxe, aínda que ás veces cambian a chaqueta verde por unha vermella e miden uns 15 centímetros.

A tradición di que se conseguimos atopar a algunha destas criaturas e a miramos fixamente, esta non poderá facer ningún movemento, pero se nos despistamos aínda que sexa só un segundo, o leprechaun desaparecerá.

Tamén se di que se nalgún momento deciden compartir algo da súa riqueza con nós, o mellor é que a gastemos canto antes xa que non tardaría moito en tornarse en cinsa.

OS FANTASMAS

Irlanda-Castillo-Lago

Copyright © 2016 SALTACONMIGO.COM, Todos los derechos reservados

Hai unha enorme cantidade de lendas sobre castelos habitados polos fantasmas dos antigos donos dese lugar e escollín persoalmente tres que me chamaron a atención e me pareceron aterradoras.

A primeira delas ubícase en Clare, concretamente no Castelo McMahon. Dentro deste castelo hai unha habitación na que se di que todo o que botou unha ollada para dentro, foi atopado morto. A última vez que se deu este caso foi a finais dos anos 20.

Un exorcista achegouse á zona para ver que ocorría e intentar desfacerse do espírito maligno que atormentaba ese lugar. Pero non foi posible. Ao día seguinte foi atopado morto e a autopsia revelou que morrera por un ataque cardíaco. A pregunta é: realmente foi o fantasma o que matou ao exorcista, ou foi debido a que non aguantaba estar nun sitio tan tenebroso? O debate está aberto para os máis e os menos escépticos.

A segunda lenda sitúase no Castelo de Leap, en Offaly. Son varios os espíritos que vagan por este sitio, pero o máis coñecido é o de unha rapaza xove que se cre que é a filla do señor do castelo. O pai desta rapaza concertara un matrimonio cun rapaz de familia moi rica, pero ela negouse porque estaba namorada dun labrego. Cando o pai soubo desta historia, matou ao campesiño polo que a moza matou ao pai mentres durmía. Cóntase que a rapaza morreu pouco despois empuxada por unha man invisible dende o alto do castelo, e esta man era a de seu pai.

Agora a rapaza segue lamentándose polo seu amor perdido no castelo e xa foron varios os turistas que ouviron os seus xemidos e laídos. 

E por último e unha das máis curiosas sitúase en Dower House, no condado de Dublín. O protagonista desta historia é un gato negro. Non se sabe de onde provén a súa historia, só quen o ve chega a sentir como a habitación na que está se conxela en moi pouco tempo e só se oen pasos e o gato miañando.

E vós? Seriades capaces de visitar algún destes castelos ou lugares máxicos que ten Irlanda? Grazas pola vosa atención! 

Por Raquel Sánchez González

BIBLIOGRAFÍA

Sobre Irlanda (2017), La mitología irlandesa [Última consulta o 16 de abril de 2017] Dispoñible en: http://sobreirlanda.com/2010/03/10/la-mitologia-irlandesa/

Sobre Irlanda (2017), Los Tuatha Dé Danann [Última consulta o 16 de abril de 2017] Dispoñible en: http://sobreirlanda.com/2014/09/15/los-tuatha-de-danann/

Encrucijada pagana. (2015, 6 de abril). 41-Mitología Irlandesa: El Libro de las Invasiones [Archivo de vídeo] Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=aglSzzecuH0&t=1020s  

Mitos y leyendas (2017), Los hijos de Milé [Última consulta o 15 de abril de 2017] Dispoñible en: http://mitosyleyendascr.com/mitologia-celta/los-hijos-de-mile/

Mitos y leyendas (2017), Mitología Celta [Última consulta o 15 de abril de 2017] Dispoñible en: http://mitosyleyendascr.com/mitologia-celta/ 

Sobre Irlanda (2017), Los fantasmas de los castillos irlandeses [Última consulta o 18 de abril de 2017] Dispoñible en: http://sobreirlanda.com/2010/06/10/los-fantasmas-de-los-castillos-irlandeses/  

Wikipedia (2017). Mitología irlandesa. [en liña] Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Mitolog%C3%ADa_irlandesa 

Portillo, Lorenzo.(1988) Mitología. Nueva Enciclopedia Universal Carroggio [versión impresa]. Barcelona, España: Carroggio S.A de ediciones

Advertisements

2 comentarios en “MITOLOXÍA IRLANDESA

  1. ¡Hola Raquel! Como fan de todas las mitologías en general, me ha encantado tu artículo, especialmente la parte de los leprechauns, puesto que no sabía mucho de ellos. Respecto a tu pregunta final…Me atrevería a visitar los castillos, sí, pero un buen día despejado, no vaya a ser…

    Gústame

    • ¡Buenas Eugenia! Me alegro mucho de que te haya gustado y te haya servido para saber un poco más sobre este país tan mágico. Jajajajaja, tienes toda la razón del mundo con los castillos, yo haría exactamente lo mismo que tú. ¡Un saludo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s