TOP 5 LUGARES HISTÓRICOS EN INGLATERRA.

Ola a todos! Supoño que de tanto falar de países e agora que se acerca o verán, nos entran as ganas de irnos de viaxe e visitar todos os lugares que sexa posible. Por iso, eu quero amosarvos cinco lugares de Inglaterra, de diversa índole, pero con algo en común, que agochan unha gran parte da historia inglesa. Son 5 lugares con importantes pasados históricos e espero que interesantes para todos os que me ides a ler. Por elo, non me lío máis e imos a comezar:

TORRE DE LONDRES

Construída no ano 1066 por Guillermo o Conquistador e situada na beira do río Támese, a Torre de Londres é unha das atraccións turísticas máis visitadas da capital inglesa.

Cos seus diversos usos durante a historia como palacio real, armería, prisión, cámara de execución, zoolóxico, cuartel e casa de xoiais e ca súa gran cantidade de mitos e tradicións, este castelo real somérxenos nunha parte da historia londiniense.

Se vos animades a visitar esta magnífica fortaleza e non sabedes por onde empezar, hai lugares que son esenciais. Entre eles atopamos a Torre Branca, que é unha das Torre Homenaxe máis famosas do mundo e a cal foi construída para provocar medo e submisión aos rebeldes cidadáns de Londres; as xoias da corona, que conteñen varios dos diamantes máis extraordinarios do mundo e as cales aínda están en uso pola S.M. a raíña Isabel II; os corvos da Torre, que de acordo ca lenda se estes animais abandonan o lugar, o reino será derribado e a visita dos Beefeater, os cales viven na Torre e poderán contarvos estas lendas moito mellor e estou segura de que estarán encantados de compartir as súas historias con todos vós.

Isto é solo unha pequena parte do que se esconde na Torre de Londres, pois neste lugar hai moito que descubrir. Para iso, non vos desvelo máis e invítovos a visitala e a coñecer todo o que se agocha detrás dos muros deste magnífico lugar.

tol-image

Copyright © Historic Royal Palaces 2017

CATEDRAL DE CANTERBURY.

Situada en Canterbury, no condado de Kent, e coñecida polo seu peculiar estilo gótico, esta catedral está considerada como unha das máis antigas e mellor conservadas de Inglaterra.

A primeira catedral foi destruida a causa dun incendio no ano 1076, e medio século despois foi construida a Catedral de Canterbury tal e como a coñecemos na actualidade. É coñecida tamén por ser unha das catedrais medievais máis longas, xa que a súa nave principal conta con 60 metros de lonxitude.

Esta catedral está repleta de historias, pois entre os as súas paredes foi onde recibiu martirio o arcebispo Thomas Becket, feito polo que era visitada polos peregrinos que ían a Londres durante a Idade Media. Ademais, nela, podes encontrar famosas tumbas como a do Príncipe Negro, fillo de Eduardo III , que foi chamado así porque os franceses temían a súa valentía. Podes atopar tamén a tumba do rei Enrique VI, único monarca inglés enterrado en Canterbury e a da súa muller.

Polo tanto, esta catedral, que se converteu no foco da relixión cristiá e que foi nomeada Patrimonio da humanidade pola UNESCO, é obxecto de visita para miles de turistas da cidade, e se ti eres un dos que nunca te acercaches ata aquí, este fermoso lugar está esperando a túa visita.

Catedral-de-Canterbury

© Copyright Descubrir UK. Todos los derechos reservados.

CASTELO DE DOVER.

No alto dos acantilados brancos de Dover e coñecido como a “chave de Ingaterra´´, sitúase este magnífico castelo, o cal conta con unhas incríbeis vistas a canle da Mancha que te farán evadirte da realidade por uns instantes.

Este castelo medieval foi utilizado como refuxio para os británicos durante a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría. Por iso, penétrate nos seus túneles, nos cales estaba construído un hospital subterráneo e os cales se convertiron nun lugar secreto para o goberno británico en caso de posible ataque nuclear.

Coñece tamén a vida da corte medieval, corte que foi nalgún momento corte real do rei Enrique III e revive esa época coas recreacións do palacio real e cos personaxes disfrazados.

Visita o faro romano e pasea polos seus infinitos terreos contemplando unha maxestosa vista a canle da Mancha.

Como xa vedes, é unha combinación perfecta para os amantes da natureza e da historia e unha visita obrigada tanto na ruta pola campiña Inglesa coma na dos castelos de Reino Unido.

Dover-Castle-55744.jpg

© 2017, Expedia. Inc. Todos los derechos reservados

CAVERN CLUB

Este pub, situado en Liverpool, é testemuña dunha pequena parte da historia musical a nivel mundial. Esta cova agocha o nacemento dun dos grupos máis famosos do mundo, pois foi escenario duns 300 concertos dos Beatles dende o ano 1961 ata 1963. Alí mesmo, o empresario discográfico da cidade os descubriu e se converteu no seu representante.

Cincuenta anos despois do debut dos Beatles, este pub segue sendo unha das salas de concertos máis coñecidas de Liverpool.

Este club abre todos os días e conta cun gran abanico de bebidas, entre as que destacan os cafés e as cervexas, co fin de acompañar os concertos de música en vivo que nos ofrece.

Polo tanto, este lugar é unha magnífica opción para todo aquel amante da música, e para todos aqueles que queiran disfrutar dunha boa cervexa. Ademais, non todos os días podemos dicir que estivemos no lugar onde comezaron a tocar mitos da música como Paul McCartney ou John Lennon, nacendo así un dos grupos musicais máis estelares da historia.

05

© 2001-2016 Easyviajar

imageresizer

 

 

 

 

 

© Liverpool City Region Local Enterprise Partnership

 TERMAS ROMANAS DE BATH.

Por último, para rematar con istos 5 lugares históricos situados en Inglaterra, vouvos falar das termas romanas de Bath. Este máxico lugar foi descuberto hai 132 anos, pero conta con miles de anos de historia. Nun primeiro momento foi construído polos celtas, pero un tempo despois, serían os romanos os que chegarían a este lugar para deixar as súas pegadas. Non obstante, esta construcción foi reconstruída varias veces, polo que non sabemos se as actuais termas gardan moita relación cas orixinais. Aínda así, é unha construcción digna de visitar que non deixa a ninguén indiferente.

Nestas termas consérvase uns dos mellores templos termais para ver no norte de Europa. Nelas, aínda flúe auga quente de maneira natural, sendo así as únicas termas naturais de Inglaterra.

Por eso, estas termas romanas son un dos atractivos turísticos máis importantes da cidade de Bath. Ademais, se che apetece bañarte, poderás acceder ao Thermae Bath Spa, onde as augas están tratadas para que podas relaxarte e disfrutar dun bon baño.

Creo que con isto xa chega para convencervos de que as Termas romanas de Bath son unha boa opción para pasar un bon rato. Ademais, dende elas, poderás ver toda a cidade, unha incrible vista que fará que non te arrepintas de vir ata aquí.

 

Termas_Bath

© Copyright Descubrir UK. Todos los derechos reservados.

Despois de amosarvos estes 5 lugares, nos cales se agocha unha pequena parte da historia de Inglaterra, soamente espero que vos entraran tantas ganas coma min de achegarvos ata eles. Moitas grazas por perder un pouco do voso prezado tempo lendo a miña entrada.

Uxía Sotelo Alonso

BIBLIOGRAFÍA.

Canterbury, cuentos e Historia en su catedral. (2017). Tour Historia. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de http://tourhistoria.com/2010/09/09/canterbury-cuentos-e-historia-en-su-catedral/

Castillo de Dover | Puntos de interés en Dover con Expedia.es. Expedia.es. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de https://www.expedia.es/Castillo-De-Dover-Dover.d6091971.Puntos-de-Interes

Castillo de Dover | Rutas por Inglaterra | Ruta de los castillos. Descubrir UK. Recuperado o 5 de abril de 2017 de http://www.descubriruk.com/castillo-de-dover.html

Catedral de Canterbury | Qué visitar en Canterbury | Inglaterra. Descubrir UK. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de  http://www.descubriruk.com/catedral-de-canterbury.html

De Liverpool a Londres, tras la pista de los Beatles. (2001-2016). Easyviajar. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de http://www.easyviajar.com/reportaje/de-liverpool-a-londres-tras-la-pista-de-los-beatles/la-caverna-el-club-de-la-consagracion-25

Las termas romanas de Bath | ¿Qué ver en Bath?. Descubrir UK. Recuperado o 5 de abril de 2017 de http://www.descubriruk.com/las-termas-romanas-de-bath.html

Martí, M. (2017). Las termas romanas de Bath. Sobre Inglaterra. Recuperado o 5 de abril de 2017 de  http://sobreinglaterra.com/2013/01/24/las-termas-romanas-de-bath/

Palaces, H. (2017). Información sobre la Torre de Londres | Historic Royal Palaces. Hrp.org.uk. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de http://www.hrp.org.uk/tower-of-london/visit-us/informaci%C3%B3n-sobre-la-torre-de-londres/#gs.101qzdw

The Cavern Club – Cavern Club. (2017). Cavern Club. Recuperado o 5 de abril de 2017 de  https://www.cavernclub.org/

Torre de Londres. (2017). Visitbritainshop.com. Recuperado o 5 de abril de 2017 de https://www.visitbritainshop.com/espana/tower-of-london-tickets/

IMAXES.

Catedral de Canterbury | Qué visitar en Canterbury | Inglaterra.Descubrir UK. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de http://www.descubriruk.com/catedral-de-canterbury.html

Castillo de Dover | Puntos de interés en Dover con Expedia.es. (2017)Expedia.es. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de https://www.expedia.es/Castillo-De-Dover-Dover.d6091971.Puntos-de-Interes

Cavern Club – Public House/Bar in Liverpool, Liverpool – Visit Liverpool. Visitliverpool.com. Recuperado o 7 de abril de 2017 de  http://www.visitliverpool.com/things-to-do/cavern-club-p8968

De Liverpool a Londres, tras la pista de los Beatles. (2001-2016). Easyviajar. Recuperado o 5 de abril de 2017 de  http://www.easyviajar.com/reportaje/de-liverpool-a-londres-tras-la-pista-de-los-beatles/la-caverna-el-club-de-la-consagracion-25

Las termas romanas de Bath | ¿Qué ver en Bath?. Descubrir UK. Recuperado o 5 de abril de 2017 de http://www.descubriruk.com/las-termas-romanas-de-bath.html

Palaces, H. (2017). Información sobre la Torre de Londres | Historic Royal Palaces. Hrp.org.uk. Recuperado o 26 de marzo de 2017 de http://www.hrp.org.uk/tower-of-london/visit-us/informaci%C3%B3n-sobre-la-torre-de-londres/#gs.101qzdw

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

4 comentarios en “TOP 5 LUGARES HISTÓRICOS EN INGLATERRA.

  1. Ola Uxía! Gustoume moito a túa entrada. Sen dúbida ler estas cousas a estas alturas non fai máis que darnos ganas de que chegue o verán para viaxar e descubrir! Eu estiven un verán en Canterbury e tiven a oportunidade de ver a catedral e sí, recomendo moito visitala. Non obstante, nunca tiven a oportunidade de ir a Bath e as súas termas chamáronme moito a atención así que quen sabe…

    Un saúdo!

    Gústame

    • Ola Ana! Moitas grazas polo teu comentario, alégrome moito de que che gustara. A verdade é que viaxar é unha oportunidade única para descubrir e coñecer novos lugares, e con eso, aprender moito acerca de outras culturas. Qué envexa que estiveras en Canterbury, alégrome de que che gustara e espero que eu tamén poida ir pronto a coñecer esta magnífica catedral.

      Un saúdo Ana!

      Gústame

  2. Boa entrada, Uxía. Chamoume a atención o Cavern Club, xa que descoñocía da súa existencia. É incrible como se volveu famoso por ter aos Beatles tocando nel! Gustaríame visitalo, xa que seguro que van grupos de música estupendos.
    Un saúdo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s