A SITUACIÓN DAS LINGUAS AUTÓCTONAS DE GALICIA E DE IRLANDA

O primeiro que se nos ocorre cando pensamos na conexión que pode haber entre Galicia e Irlanda é a tradición lendaria céltica, pero… que sucede coa situación lingüística de ambos lugares? Que semellanzas comparten? En que se diferencian?

2013100620562856868
Bandeira oficial de Galicia © Compañía Mundiario de Comunicación S.L.
bandeira_irlanda
Bandeira oficial de Irlanda © Defence Forces 2017

Pois direivos que tanto o pasado lingüístico de Irlanda e de Galicia como a súa situación actual mostran máis semellanzas ca diferenzas. Ambas rexións teñen as súas linguas autóctonas, o galego en Galicia e o gaélico-irlandés en Irlanda, que se viron negativamente afectadas pola progresiva penetración do castelán e do inglés.

Comecemos cun pouco de historia! En Irlanda, tras a Primeira Guerra Mundial, o inglés comezou a desprazar o irlandés das urbes e o falado pola poboación rural máis acomodada ata que moitas rexións se volveron anglófonas. Asemade, o inglés estaba adquirindo unha grande expansión no panorama internacional (Flores, 2011). No caso de Galicia, e velaquí temos a segunda similitude, as razóns da castelanización foron tamén impulsadas polas clases dominantes: coa entrada da aristocracia castelá no século XIV, os falantes de galego foron abandonando a súa lingua pola «lingua de prestixio», a «lingua do poder», o castelán (Olea, 2015). Por se non vos decatarades, esta situación denúnciase no comezo da novela A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, factor que non está tan presente no filme.

Como xa sospeitaredes, a castelanización e a anglificación relaciónanse, ademais, cunha situación económica desigual; as linguas «invasoras» gozaban dun maior prestixio, o que favorecía unha maior mobilidade social e abría máis portas. En consecuencia, o abandono da transmisión xeracional foi aumentando, polo que o número de falantes nativos de galego e de gaélico-irlandés foron diminuíndo progresivamente (Flores, 2011). Ao mesmo tempo, foron xurdindo estereotipos que sitúan os falantes nativos en rexións atrasadas: o galego relaciónase cun ambiente eminentemente rural (mapa 1) e o irlandés cunhas comunidades pequenas, diseminadas e xeograficamente illadas chamadas Gaeltach (mapa 2) (O’ Rourke e Ramallo, 2010).

mapa 1
© CSIC. 2006
02_Irlanda
Mapa 2 © GAELIZACHT, S.L.

No que se refire á educación, preséntovos un paraxodo: a competencia adquirida nas linguas autóctonas ó finalizar os estudos obrigatorios é inferior á competencia nas linguas non autóctonas. Por iso, para mellorar o dominio destas, a súa presenza nos medios de comunicación e a súa docencia obrigatoria é esencial (O’ Rourke e Ramallo, 2010).

Por outra parte, a aparición no ensino favoreceu a revitalización lingüística grazas ós neofalantes cuxo perfil típico é o seguinte (O’ Rourke e Ramallo, 2010):

1

Seguro que tedes comprobado en numerosas ocasións que as características lingüísticas dos neofalantes crean unha certa tensión entre estes e os falantes nativos. No caso do galego, existen dúas posturas: algúns falantes nativos sosteñen que «non o falan ben», que o estándar é o «bo galego», o puro, como explica un grupo de neofalantes da Universidade de Vigo:

FALANTE 1: […] ou cando se che achega un vello e diche: «o galego que falades vós é o bo galego».

FALANTE 2: Os falantes tradicionais cos que me relaciono teñen moita percepción de que eu son a que falo ben, inda que fale fatal, porque eu estudiei i falo galego i entón eles falan mal i eu falo ben […]

Polo contrario, xa temos presenciado moitas veces que se rexeita a «artificialidade» dos neofalantes ou do estándar. No caso do irlandés, a pesar de que se usa o estándar nos medios de comunicación e na educación, os falantes do Gaeltach son o referente de prestixio (non é ese, acaso, o idioma vivo?). Non obstante, tamén existen tensións entre os dous perfís de falantes: en moitas ocasións, cando un neofalante se dirixe a un falante nativo, este último cambia ó inglés ó crer que é un xeito de adaptarse, o que o neofalante pode interpretar coma un desprezo á súa competencia lingüística; así o explican uns neofalantes da Universidade Nacional de Irlanda:

FALANTE 1: There  is  an  image  that  native  speakers  project,  that  they  have  better  Irish  than  you  and  they  speak  English  back  to  you.  They  know  that  you  learned  Irish […].

FALANTE 2: I know people who are under pressure to speak good Irish in front of people from the Gaeltacht. Sometimes I feel that way when I am speaking with people from the Gaeltacht. They are fluent and I’m not and that makes me feel uncomfortable.

Para ir rematando, preséntovos as meirandes diferenzas. No que se refire ó apoio dos gobernos á lingua, a situación é diferente en ambas comunidades. No caso de España, a Constitución de 1978 e o Estatuto de Autonomía de Galicia, a pesar de que recollen o galego como lingua propia de Galicia, soamente mencionan o dereito a coñecelo e a usalo, non o deber. No caso de Irlanda, a Constitución de 1937 define o irlandés como «lingua nacional» e «primeira lingua oficial» para evitar que un idioma con nación propia estea ameazado. Ademais, para revitalizala, o goberno ofrece cursos de formación gratuítos ou de baixo custo, apoia manifestacións artísticas en irlandés e facilita a publicación de libros, revistas e discos (Flores, 2011).

esquema

Por último, tamén se dan diferenzas na ideoloxía. Polo xeral, en Galicia existe un estereotipo que relaciona os neofalantes cunha ideoloxía política contraria á dos falantes tradicionais, o que contribúe a aumentar a tensión entre eles. Polo contrario, no caso do irlandés, tanto os falantes nativos coma os non nativos consideran o irlandés un símbolo étnico, non ideolóxico (O’ Rourke e Ramallo, 2010).

Coñeciades todas estas semellanzas e diferenzas? Pareceuvos curiosa a relación?

Como despedida, déixovos unha ligazón a un vídeo que amosa a situación do irlandés na rúa, pois a do galego xa a coñecemos.

Can Irish People Speak Irish? https://youtu.be/PXhDlYREJyo

Espero os vosos comentarios.

Lucía Otero Rodríguez.

BIBLIOGRAFÍA

123RF, 2005-2017. Foto de archivo – Estudiante sonreír y levantar el dedo de pie en la carretera con la ciudad de fondo de dibujos animados. En: 123RF [en liña]. 123RF [consulta: 28 marzo 2017]. Dispoñible en: https://es.123rf.com/photo_59590456_estudiante-sonre-r-y-levantar-el-dedo-de-pie-en-la-carretera-con-la-ciudad-de-fondo-de-dibujos-anima.html

DEFENCE FORCES IRELAND, s.f. The National Flag. En: Defence Forces Ireland [en liña]. Irlanda: Defence Forces [consulta: 29 marzo 2017]. Dispoñible en: http://www.military.ie/info-centre/defence-forces-history/the-national-flag/

ESPAÑA, 1978. Constitución Española [en liña]. Madrid: BOE. [Consulta: 29 marzo 2017]. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1978/12/29/pdfs/A29313-29424.pdf

ESPAÑA, 1981. Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril, del Estatuto de Autonomía de Galicia [en liña]. Madrid: BOE. [Consulta: 29 marzo 2017]. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1981/04/28/pdfs/A08997-09003.pdf

FLORES FARFÁN, José Antonio, 2011. Antología de textos para la revitalización lingüística [en liña]. México: D.R. [consulta: 29 marzo 2017]. Dispoñible en: http://s3.amazonaws.com/academia.edu.documents/37983898/ANTOLOGIA_LIBRO.pdf?AWSAccessKeyId=AKIAIWOWYYGZ2Y53UL3A&Expires=1491562910&Signature=vxSm0c%2B3mbYWf73f0x230ssChUw%3D&response-content-disposition=inline%3B%20filename%3DAntologia_de_textos_para_la_revitalizaci.pdf

Gaelaico Project, s.f. The Comparative Method. En: Gaelaico Project [en liña]. Galicia: Gaelaico Project [consulta: 27 abril 2017]. Dispoñible en: https://www.progael.com/en/generales/ver/6

GRADÍN LAGO, Carlos, 2006. Determinantes socioeconómicos de la lengua: el caso del gallego. En: Revista Galega de Economía [en liña]. Galicia: USC, 2007, vol. 16, núm. 1 [consulta: 29 marzo 2017]. ISSN 1132-2799. Dispoñible en: http://www.usc.es/econo/RGE/Vol16_1/Castelan/art8c.pdf

IRLANDA, 1937. Constitution of Ireland [en liña]. Dublín: Stationery Office. [Consulta: 29 marzo 2017]. Dispoñible en: http://www.taoiseach.gov.ie/eng/Historical_Information/The_Constitution/February_2015_-_Constitution_of_Ireland_.pdf

MUNDIARIO, 2013. O Foro E. Peinador propónse celebrar todos os anos o Día da Galeguidade Empresarial. En: Mundiario [en liña]. A Coruña: MUNDIARIO [consulta: 27 abril 2017]. Dispoñible en: http://www.mundiario.com/articulo/sociedad/dia-da-galeguidade-empresarial/20131006151719011085.html

O’ ROURKE, Bernadette e RAMALLO, Fernando. “Los nuevos hablantes de lenguas minoritarias: una comparación dentre Irlanda y Galicia”. En: IX Congreso Internacional de Lingüística General, Valladolid (España), 21, 22 y 23 de junio de 2010. Valladolid. Dispoñible en: http://s3.amazonaws.com/academia.edu.documents/7204905/IX%20Congreso%20Internacional%20LGeneral.pdf?AWSAccessKeyId=AKIAIWOWYYGZ2Y53UL3A&Expires=1491561897&Signature=BUYXrlR8coJO7f7KLY2gEb7NmPA%3D&response-content-disposition=inline%3B%20filename%3DLos_nuevos_hablantes_de_lenguas_minorita.pdf [Consulta: 29 marzo 2017].

OLEA SÁNCHEZ, Antonio Alejandro, 2015. El papel del español en la evolución del gallego. Una lengua entre dos idiomas [en liña]. Director: Xavier Lamuela Garcia. TFG. Universitat de Girona, Girona [consulta: 29 marzo 2017]. Dispoñible en: http://dugi-doc.udg.edu/bitstream/handle/10256/12268/OleaSanchezAntonioAlejandro_Treball.pdf?sequence=1

VÍA LÁCTEA FILMES, s.f. A esmorga. En: VÍA LÁCTEA FILMES [en liña]. Galicia: Editorial Galaxia [consulta: 28 marzo 2017]. Dispoñible en: http://aesmorga.gal/es/trailer/

Advertisements

6 comentarios en “A SITUACIÓN DAS LINGUAS AUTÓCTONAS DE GALICIA E DE IRLANDA

  1. Hola Lucía! Tu entrada me resultó muy interesante. Creo que abordas la comparación entre ambas lenguas de tal manera que nos hacer reflexionar, y encontrar en lo que dices de cada una de ellas, las posibles respuestas de por qué el gallego se encuentra amenazado. Quiero aclararte que mi comentario es en castellano por respeto al gallego. Mi lengua nativa es el castellano y mi redacción en gallego deja mucho que desear. Un saludo.

    Gústame

    • ¡Hola Stella! Me alegro de que mi entrada haya producido el efecto que buscaba: hacer reflexionar sobre la situación de desventaja de las lenguas minoritarias y las razones por las que se van perdiendo de generación en generación; pues no solo ocurre con el gallego y el irlandés, sino que es una situación en la que se encuentran muchos otros idiomas que se ven amenazados por la globalización y, personalmente, considero que la pérdida de la diversidad es peligrosa.

      En cuanto a lo que dices de que respondes en castellano, todos sabemos que te esfuerzas por aprender nuestra lengua, lo que ya tiene mucho mérito.

      Gracias por tu comentario.

      Gústame

  2. Ola Lucía! Gustoume moito a túa entrada xa que me pareceu moi interesante. Resulta abraiante como a pesar da gran diferencia que houbo na historia da oficialidade de ambas linguas vivan unha situación similar. Ademais, penso que explicas moi ben o seu porqué, o que nos axuda a entender mellor o estado actual do noso idioma.

    Gústame

    • Ola, Marina! A verdade é que é curioso descubrir como atopamos similitudes entre dúas culturas aparentemente distantes. Non obstante, mentres me informaba sobre a situación do irlandés e do seu pasado, soamente podía pensar no galego e decidín pescudar un pouco máis. Sorprendentemente, atopeime con máis semellanzas ca diferenzas e decidín compartilo convosco.

      Espero que vos resultase unha reflexión entretida.

      Un saúdo.

      Gústame

  3. Pois si que temos semellanzas cos irlandeses! Moi curiosa a túa entrada Lucía, gustoume o enfoque que lle deches e estou de acordo co teu comentario anterior de que debemos manter o noso idioma porque forma parte da nosa identidade e deberiámolo valorar moito máis do que o facemos.
    (P.D. Moi bo apunte o da película A Esmorga) Un saúdo.

    Gústame

    • Ola, Laura! Pois como lle explicaba a Marina no comentario anterior, foi unha sorpresa atopar tantas similitudes entre o galego e o irlandés no que se refire ó seu pasado e ás razóns polas que, ademais de sereren linguas minoritarias, tamén se converteron en linguas minorizadas. Isto deu lugar a unha situación de diglosia difícil de combater.

      Comentei o caso de “A Esmorga” porque me parece un claro exemplo da relación entre xerarquía e lingua: mentres que o axente se dirixe ó acusado en castelán, este último ten dificultades para comprender e intenta comunicarse en galego, pero non logra facerse entender.

      Espero que che fose agradable a reflexión. Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s