A TATUAXE NEO-ABORIXE

Ola a todas e todos! Hoxe vouvos ensinar un tema que atopei recentemente e que me pareceu moi interesante, e estou a falar das tatuaxes inspiradas na arte aborixe australiana. Comezarei falando das características da arte aborixe para logo continuar con como esta influenciou na creación da arte neo-aborixe.

Para empezar, a arte aborixe de Australia é a tradición artística máis antiga do mundo, con evidencias como tallas en pedra que datan de máis de 20 000 anos. Ao non ter lingua escrita, os aborixes transmitían a súa cultura xeración tras xeración mediante a arte, as historias, os bailes e as cancións. Os aborixes pintaban nas rochas, nas prendas de cerimonia, na terra ou na area cando cantaban ou contaban relatos, e por suposto, tamén pintaban o corpo.

australia-1

Pintura antiga aborixe nunha rocha
© Japingka Aboriginal Art 2017

australia-2

Pintura antiga aborixe nunha rocha
© Artlandish 2017

O simbolismo para os aborixes é primordial. O eixo da súa cultura baséase no Tempo do Soño, co cal explican a orixe do mundo, de Australia e dos seus habitantes. Para que o entendades, vén sendo a súa mitoloxía. O fundamento das lendas é a relación entre a terra, os animais e a xente. A maioría das historias tratan de como os Espíritos Ancestrais chegaron á Terra con forma humana e, a medida que percorrían a terra, ían creando os animais, as plantas, as rochas, etc. Cando remataron de crear o mundo, transformáronse en árbores, montañas ou estrelas, e os lugares onde tivo lugar esa transformación pasaron a ser sagrados. Polo tanto, a terra onde viven os diferentes clans é moi valiosa para eles, xa que é un lugar sagrado e a súa obriga é seguir o paso dos seus antepasados ancestrais.

australia-3

Obra titulada “As irmás do Tempo do Soño”
© Sabine Haider

australia-4Outra característica da arte aborixe sería a pintura a puntos. Este método foi creado cando varios artistas quixeron mostrar a arte aborixe fóra do círculo do clan. Pero ao ser pinturas sagradas que realizaban nas cerimonias do Tempo do Soño, os sacerdotes non lles permitiron revelar os símbolos sagrados aos forasteiros. Para contentar aos sacerdotes, os artistas decidiron tapar os signos e cambiar os deseños ancestrais, de aí que utilizasen puntos para ocultalo.

Á dereita podedes ver un exemplo de
 pintura a puntos
© Papunya Tula 2014

Como xa vimos antes, os aborixes non se tatuaban, pintaban o corpo. Por iso as tatuaxes non chegaron a Australia ata a década de 1780 coa chegada dos convictos británicos. O seu desenvolvemento creativo foi parecido ao de Europa e o de Estados Unidos, aínda que o seu alcance foi limitado, xa que a gran maioría dos que levaban tatuaxes eran soldados ou convictos. Por esta razón, antes de 1969 había menos de dez tendas de tatuaxes levadas por profesionais. Non foi ata máis tarde que o mundo da tatuaxe renaceu, despois do cambio de mentalidade que houbo respecto a elas.

É a partir de aquí que os artistas comezan a experimentar e, grazas ao patriotismo que moitos senten, creouse o estilo neo-aborixe, o cal se basea na arte aborixe e a súa rica cultura. Un exemplo de artista neo-aborixe é Tatu Lu, a cal fortalece o espírito nacional da súa clientela –sexa aborixe ou non– mediante tatuaxes. Pódese dicir que é a precursora deste estilo. Inspírase na arte aborixe pero tamén na natureza, algo moi importante para os australianos. «Tatuar a flora lévame á miña infancia, e vexo as tatuaxes botánicas, de calquera país, como un gran símbolo para a xente que busque sentirse identificados cun lugar», afirma a australiana. Os seus clientes tamén mostran un gran respecto cara a natureza e a cultura aborixe, sendo a maioría deles descendentes de aborixes. Unha das características da arte aborixe que mellor soubo recoller nas súas tatuaxes foi o estilo raios X, no cal mostran os órganos e a estrutura ósea dos animais. Pintaban así xa que crían que o interior do corpo dun animal era a súa fonte de vida, e o seu aspecto interno non era de menor relevancia que o seu aspecto externo.

australia-5

Tatuaxe dun animal onde se pode ver o seu interior.
© Tatu Lu 2017

Para a súa clientela, cada tatuaxe ten un significado. Para algúns, a súa tatuaxe pode ser un recordo da herdanza e da historia da súa familia aborixe; para outros, a unión co seu territorio; e mesmo hai algúns que levan tatuaxes en memoria das dificultades que tiveron que pasar os aborixes durante a colonización.

australia-6

Tatuaxe da Serpe Arco da Vella con pintura “a puntos”
© Tatu Lu 2017

En resumidas contas, a cultura aborixe ten moita relevancia e serviu de inspiración para moitos artistas, fascinados pola súa forza simbólica. Ademais, estas tatuaxes conseguen que conectemos o noso lado espiritual e a natureza. Espero que vos resultara interesante este tema e non dubidedes en comentar que vos pareceron as tatuaxes. Ao mellor sacastes algunha idea para a vosa próxima tatuaxe!

Publicado por Elena Andrés Rodríguez

Referencias bibliográficas:

Texto:

Artlandish Aboriginal Art Gallery. (2017). The Amazing Story of Aboriginal Art. [en liña] Recuperado de: https://www.aboriginal-art-australia.com/aboriginal-art-library/the-story-of-aboriginal-art/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Australian Government. (2017). Australian Indigenous art. [en liña] Recuperado de: http://www.australia.gov.au/about-australia/australian-story/austn-indigenous-art [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Australian Government. (2017). The Dreaming. [en liña] Recuperado de: http://www.australia.gov.au/about-australia/australian-story/dreaming [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Friedman, A. (2017). The World Atlas of Tattoo. [en liña] Google Books. Recuperado de: https://books.google.es/books?id=UrRRCgAAQBAJ&pg=PA9&dq=The+World+Atlas+of+Tattoo&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjY9LXwvIvTAhVPlxQKHZccCb0Q6wEIGzAA#v=onepage&q&f=false [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Japingka Aboriginal Art Gallery. (2017). Facts about Aboriginal Art. [en liña] Recuperado de: https://japingkaaboriginalart.com/articles/facts-about-aboriginal-art/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Krutak, L. (2017). Tatu Lu: tattoos from the dreamtime. [en liña] Lars Krutak. Recuperado de: http://www.larskrutak.com/tatu-lu-tattoos-from-the-dreamtime/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Papunyatula (2017). History. [en liña] Recuperado de: http://papunyatula.com.au/history/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Wikipedia. (2017). Indigenous Australian art. [en liña] Recuperado de: https://en.wikipedia.org/wiki/Indigenous_Australian_art [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Imaxes:

Aboriginalartstore. (2017). Dreamtime Sisters by Colleen Wallace Nungari. [en liña] Recuperado de: http://www.aboriginalartstore.com.au/artists/colleen-wallace-nungari/dreamtime-sisters-100/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Artlandish Aboriginal Art Gallery. (2017). The Amazing Story of Aboriginal Art. [en liña] Recuperado de: https://www.aboriginal-art-australia.com/aboriginal-art-library/the-story-of-aboriginal-art/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Japingka Aboriginal Art Gallery. (2017). Facts about Aboriginal Art. [en liña] Recuperado de: https://japingkaaboriginalart.com/articles/facts-about-aboriginal-art/ [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Papunyatula. (2017). WN0807065. [en liña] Recuperado de: http://papunyatula.com.au/artwork/wn0807065/?sortby [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Tatulu. (2017). Australian Aboriginal style tattoos. [en liña] Recuperado de: https://tatulu.com/australian-aboriginal-style-tattoos [último acceso: o 4 de abril de 2017]

Advertisements

6 comentarios en “A TATUAXE NEO-ABORIXE

  1. Gústame cómo tratas o tema. A dicir verdade, non tiña nin idea da relevancia das tallas aborixes australianas. Moi ben fiado o tema da arte e a tatuaxe e lectura moi amena. Noraboa!

    Gústame

    • Moitas grazas Noelia! A verdade é que si, ese estilo a puntos parécese á técnica impresionista, só que con toques contemporáneos e cun simbolismo nacionalista. Pero ben vista esa conexión, tes bo ollo para a pintura!

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s