O rugby e a súa danza en Nova Celandia

Ponte fronte ao Sol

e as sombras quedarán tras de ti

Proverbio maorí

Maorís facendo a súa danza de guerra: O Haka

Os maorís son unha tribo procedente da Polinesia oriental (Illas Cook e Hawai) que migrou entre os anos 800 e 1300 a Nova Celandia. Alí estiveron sós ata que os europeos chegaron coa idea de colonizalos. No caso da tribo maorí, a diferenza doutras anteriores (Indios Americanos ou Brasileiros), non se deixou colonizar e loitou para facer fuxir ou negociar ao inimigo europeo. Finalmente, non houbo colonización senón un acordo a través do Tratado de Waitangi con vantaxes para ambas partes.

Os maorís, guerreiros por natureza, teñen unha danza de guerra coñecida coma O Haka. Esta danza é unha demostración da forza e unidade da tribo, e ten unha dobre función: aterrar aos seus rivais e motivarse a si mesmos.

La Gazzeta DF http://lagazzettadf.com/noticia/2016/11/10/haka-la-danza-los-guerreros-maori/

Para facer a danza, os maorís visten unha saia de fibra vexetal e plumas nas costas, enchen o seu rostro e pernas de tatuaxes, sacan a lingua o máis fóra posible, e fan violentos movementos de pernas e brazos. Os guerreiros moven as mans rapidamente facendo o chamado movemento wiri, á par que emiten tenebrosos sons. Nos homes o normal é que ensinen os dentes de forma esaxerada, mentres que nas muller o normal é abrir moito os ollos e a boca. No haka o principal é mostrar as emocións mediante esaxerados xestos, e por iso produce abraio nos que o ven.

Noiva nunha voda maorí. 

20 minutos http://www.20minutos.es/noticia/2655397/0/video-haka-danza-maori/boda/arrasa-facebook/

Entendo que imaxinedes todo moi agresivo, que a verdade é o que semella, pero non é necesariamente o que os maorís pretenden transmitir. De feito, o haka é moi utilizado cando chegan hóspedes e lles queren dar a benvida. Un trazo común dos maorí é ser moi hospitalarios, e mediante a danza buscan demostrar aos novos inquilinos que son benvidos.

Hoxe en día, o haka segue sendo parte da cultura de Nova Celandia, de feito estou segura de que moitos de vós o vistes algunha vez. E senón, mirade este vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=IqfHv9FOpXw

Sóavos algo, non? Para os que non, preséntovos aos All Blacks, equipo de rugby neozelandés. O rugby é o deporte estrela do país, e coma non podería ser menos, antes de comezar cada partido representan a súa danza para intimidar aos rivais e motivarse. Tódolos xogadores póñense fronte ao equipo rival, e comezan a emitir sons e a facer movementos veloces. Que os All Blacks fagan o baile é xa parte da tradición; os seus rivais agardan quedos e en silencio a que rematen, e eles se enchen de forza a cada grito.

Os All Blacks danzan e o equipo rival agarda.

Infobae http://www.infobae.com/deportes-2/2016/09/26/que-es-el-haka-que-hacen-los-all-blacks-antes-de-cada-partido/

O Haka Ka Mate é como lle chamaban ao primeiro tipo de danza; este foi composto por Te Rauparaha, líder guerreiro da tribo do norte de Nova Celandia. A letra compúxoa como unha celebración da vida, xa que milagrosamente conseguiu fuxir dos seus inimigos. Os All Blacks comezaron interpretando o chamado Haka Ka Mate, pero como pensaban que non era o suficientemente intimidatorio, a partires do 2005 empezaron cun máis agresivo: o Haka Kapa O Pango. Esta nova danza destaca por un debuxo do dedo polgar na gorxa, que moitos din que simboliza a acción de degolar. O xesto sería como:

Wikihow http://es.wikihow.com/hacer-el-Haka

Por último, gustaríame facer mención a unha gran estrela mundial do rugby que faleceu no ano 2015. Para os que non saiban de quen falo, o seu nome é Jonah Lomu, chamado o Muhammad Ali do rugby. Lomu comezou a xogar con tan só 19 anos, e cada vez que tocaba o balón a xente vibraba e entolecía. Por desgraza sufriu unha enfermidade renal e, no ano 2015, acabou a súa loita. A continuación, déixovos un vídeo dun anuncio que fixo para Adidas, e me despido dándovos as grazas pola lectura e desexándovos o mellor.

Un saúdo!

Nuria Barral Díaz

Bibliografía

Blog Luz, cámara y acción, El Haka y expresión corporal y danza. Recuperado o 22/03/2017 de http://expresioncorporalydanzac.blogspot.com.es/2015/03/el-haka-y-expresion-corporal-y-danza.html

MaoriStore, The most famous Maori Haka’s in the world. Recuperado o 22/03/2017 de http://maoristore.com/famous-maori-haka-world/

Villarrubia B., Jonah Lomu, la bestia imparable. Recuperado o 22/03/2017 de http://www.mundodeportivo.com/rugby/20151118/30235240255/jonah-lomu-la-bestia-imparable.html

Wikipedia, Haka. Recuperado de https://es.wikipedia.org/wiki/Haka#Haka_Kapa_O_Pango

La Gazzeta DF, Haka, la danza de los guerreros maorís. Recuperado de http://lagazzettadf.com/noticia/2016/11/10/haka-la-danza-los-guerreros-maori/

Infobae, ¿Qué es el “Haka” que hacen los All Blacks antes de cada partido?. Recuperado de http://www.infobae.com/deportes-2/2016/09/26/que-es-el-haka-que-hacen-los-all-blacks-antes-de-cada-partido/

Advertisements

10 comentarios en “O rugby e a súa danza en Nova Celandia

  1. Gústame o tema que escolleches para o teu artigo e como o explicas. Sempre é interesante coñecer un pouco máis dunha tradición tan característica e atractiva como o “haka” dos All Blacks, así como todo o que representan estes esaxerados xestos para o pobo maorí ao longo da súa historia.

    Gústame

    • Moitas grazas Sergio! A verdade é que a danza que fan os All Blacks é algo moi característico, pero normalmente non temos coñecemento da relación que ten co pobo maorí. Alégrome de que che gustara e que aprenderas algo máis.
      Un saúdo!

      Gústame

  2. Gustoume moito a túa entrada, paréceme que está moi ben explicado o tema e ademais resulta moi ameno. Concordo con Sergio en que pese a ser un tema coñecido, está ben saber algo máis sobre el, non só dentro do rugby senón que tamén é algo típico nas vodas maorís ou dos actos de benvida.

    Gústame

    • Boas Alba! Moitas grazas a ti tamén!
      É moi curioso o tema dos actos de benvida e as vodas, xa que semella unha celebración un pouco agresiva e non ten nada que ver con iso.
      Alégrome de que che gustara!

      Gústame

  3. Me encanta ver la danza del “Haka” cuando juegan los All Blacks. Aunque luego no veo el partido porque el rugby me parece un juego un poco violento.

    Gústame

    • Hola! Me alegro de que te guste ver la danza del Haka, y espero que hayas aprendido algo con mi entrada para la próxima vez que la veas.
      Un saludo Stella!

      Gústame

  4. ¡Qué entrada más interesante! Además, las imágenes que has utilizado creo que ilustran la entrada a la perfección. La danza maorí me parece increíble, he de admitir que me pone los pelos de punta. Algo que desconocía y que me ha sorprendido muchísimo es que la utilicen para recibir a los invitados, me parece una manera muy peculiar de dar la bienvenida.
    ¡Un saludo! 🙂

    Gústame

    • ¡Muchas gracias Vanesa!
      Lo cierto es que a mí también me sorprendió esa peculiar manera de das la bienvenida, ¡así son las culturas de diferentes!
      Un saludo!

      Liked by 1 person

  5. Boas Nuria! A verdade é que a túa entrada me gustou moito. Xa coñecía un pouco a danza dos All Blacks pero case non sabía nada sobre ela e nese sentido aprendín moito. Á marxe, tamén me pareceron curiosos certos aspectos como que este baile tamén sexa unha forma de dar a benvida, como dixo Vanesa. Se ao chegar a unha casa me fixeran ese baile, pensaríao dúas veces antes de entrar 😉 Un saúdo!

    Gústame

    • Moi boas Iago!
      Alégrome moito de que che gustara a miña entrada e sobre todo de que aprenderas dela. A mín tamén me parece moi curioso que sexa unha forma de benvida xa que, coma ti dixeches, máis de un pensaríamolo ben antes de entrar! 🙂
      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s