Gastronomía de Nova Zelandia

Preguntácheste algunha vez  cales son as comidas máis típicas de Nova Zelandia? Sexa cal sexa a túa resposta, nesta entrada vas ver algúns dos pratos máis coñecidos deste país!

Como xa sabemos, Nova Zelandia é un conxunto de illas. Con isto, poderiamos pensar que o peixe ten un lugar importante na dieta neozelandesa. Non obstante, non está moi presente na dieta da maioría da poboación, pero si que foi/é importante na dieta do pobo maorí.

Nova Zelandia dispón de extensos e fértiles pastos, así que a gandería ovina e bovina é moi importante neste país, tanto na súa economía coma na gastronomía. Ademais, hai unha gran riqueza en verduras e froitas, coma os kiwis, as feixoas ou os tomates de árbore. Agora imos ver algunhas das comidas máis típicas.

Hangi Maorí

Imos comezar con este prato típico maorí. A palabra hangi fai referencia a un forma de cociñar. Faise un burato no chan e colócanse varias pedras quentes, despois, ponse a comida. Tradicionalmente, envolvíase con follas de lino, pero actualmente téndese a empregar papel de aluminio, cestas de arame ou sacos de tela. Deseguido, tápase cun pano húmedo e colócase terra por riba para manter a calor. Ó redor de 3 ou 4 horas a comida estará lista.

Antigamente, o hangi maorí facíase con pescado, polo e verduras de raíz coma a kumara (pataca doce ou boniato). Porén, agora empréganse multitude de ingredientes coma carne de porco, cordeiro, patacas, repolos, cabazas…

hangi
Imaxe 1 – Hangi Maorí – Copyright Sarah M Stewart 100% Pure New Zealand

Asado Hogget

Esta comida é un asado de carne de cordeiro con patacas e verduras. Tamén se pode acompañar de chícharos, cabaza… Ademais, empréganse varias herbas coma condimento para complementar os sabores da carne.

asado_hogget
Imaxe 2 – Asado Hogget – Copyright Rutas y Mapas © 2017.

Fish and chips

En Nova Zelandia tamén está moi estendido o fish and chips (pescado con patacas fritidas), ó igual ca no Reino Unido. A principal diferenza é que soen usar outros peixes coma o pargo, o tarahiki ou o hiki.

fish-and-chips
Imaxe 3 – Fish and chips – Copyright GrowPro Experience 2017 All Rights Reserved

Para rematar, imos ver un par de doces!

Torta Pavlova

Este doce leva o nome da bailarina rusa Anna Pavlova porque o chef neozelandés que a ideou, quería homenaxear á bailarina no ano 1926. Porén, hai diferentes teorías sobre o porqué deste nome a esta receita.

A torta faise con merengue e vai cuberta con crema. Ademais, cóbrese con froitas autóctonas, coma o kiwi, pola parte de arriba.

pavlova
Imaxe 4 – Torta Pavlova – Copyright © 2014 Fairfax New Zealand Limited

Hokey Pokey

O hokey pokey non é máis ca un xeado de vainilla con anacos de caramelo moi típico en Nova Zelandia e que adoita acompañarse con diferentes tipos de siropes.

hokeypokey
Imaxe 5 – Hokey Pokey – Copyright Ugeshni

E ti, con cal te quedas? Gustaríache probar algunhas desas receitas?

Daniel Veiga López

Bibliografía

Texto

Comida Típica de Nueva Zelanda. New Zealand Global. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.nuevazelanda.cl/comida-tipica.htm

Comida típica en Nueva Zelanda. Grow Pro Experience. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.growproexperience.com/nueva-zelanda/comida-tipica-en-nueva-zelanda/

García, I. (2015). Platos típicos de Nueva Zelanda. Rutas y Mapas. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.rutasymapas.com/platos-tipicos-de-nueva-zelanda/

Hola.com. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.hola.com/cocina/escuela/2016092288484/receta-tarta-pavlova-paso-a-paso/

Māori Hāngī. 100% Pure New Zealand. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.newzealand.com/uk/feature/maori-hangi/

Imaxes

Boniface, L. (2016). Hold the Christmas pav – Australia can have it. Stuff. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.stuff.co.nz/blogs/opinion/4426535/Hold-the-Christmas-pav-Australia-can-have-it

Comida típica en Nueva Zelanda. Grow Pro Experience. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.growproexperience.com/nueva-zelanda/comida-tipica-en-nueva-zelanda/

García, I. (2015). Platos típicos de Nueva Zelanda. Rutas y Mapas. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.rutasymapas.com/platos-tipicos-de-nueva-zelanda/

Māori Hāngī. 100% Pure New Zealand. Recuperado o 30/03/2017 de http://www.newzealand.com/uk/feature/maori-hangi/

Ugeshni. Homemade Hokey Pokey Ice Cream. Ugeshni Khan. Recuperado o 30/03/2017 de http://ugeshni.blogspot.com.es/2014/12/homemade-hokey-pokey-ice-cream.html

Advertisements

6 comentarios en “Gastronomía de Nova Zelandia

  1. Ola! A túa entrada pareceume moi interesante! Non tiña nin idea de que en Nova Celandia tamén se fixera o fish and chips! O mundo é moi pequeno. Se tivera que elixir algunha destas receitas sería a Torta Pavlova porque ten moi boa pinta!
    Un saúdo,
    Agustina.

    Gústame

  2. Ola Agustina! Alégrome de que che parecera interesante a miña entrada 🙂 Eu tampouco sabía que tamén existía o fish and chips en Nova Zelandia e definitivamente, quédome cos dous postres!!
    Un saúdo,
    Daniel

    Gústame

  3. Ola Dani! Gustoume moito a túa entrada e a verdade é que non coñecía a maioría deses pratos. Abraioume sobre todo o Hangi Maorí! Pareceume unha técnica gastronómica moi orixinal.

    Gústame

  4. Boas Dani! Gustoume moito esta entrada, pareceume interesante e agora teño ganas de probar a torta Pavlova! E ti, cal hai algún prato que queiras probar?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s