Os australianos non coñecen o aburrimento, xa que fan eventos durante todo o ano, sobre todo de ton histórico, político e deportivo. Pola contra, non abundan os de carácter relixioso debido á ampla variedade cultural e relixiosa que existe en todo o país. Así que se non es moi relixioso pero si que che gustan os deportes, a música, as actividades ao aire libre ou o teatro, podes ir calquer mes do ano para disfrutar de experiencias moi interesantes.
Australia é unha terra que ofrece unha gran gama de posibilidades para o entretemento e a diversión. Son actividades que podes disfrutar se che gusta participar ou se prefires observar. No mes de febreiro celébranse tres festivais principais ou eventos que desprazan a miles de persoas de diferentes países para disfrutar de todo tipo de artes. O Hobart Regatta, o Perth International Arts Festival e o Sydney Gay and Lesbian Mardi Gras son algúns dos máis interesantes para o turismo.
O ROYAL HOBART REGATTA
O Royal Hobart Regatta, ubicado en Tasmania, é o entroido acuático máis grande do hesmiferio sur e vense celebrando anualmente dende 1983 . A primeira vez que se celebrou foi en 1838 e foi organizado polo gobernador Sir John e Lady Franklin como unha forma de relaxación para os habitantes de Hobart. Organizáronse actividades acuáticas e tripulacións de barcos visitantes comezaron a participar e a competir para os espectadores que se achegaban cada ano. As actividades en terra tamén se fixeron moi populares e a reunión acabou por tomar un ambiente de entroido.
Hobart Regatta en 1938.
Hobart Regatta en 2016.
PERTH INTERNATIONAL ARTS FESTIVAL
O Festival de Artes de Perth (Perth International Arts Festival) foi creado pola Universidade de Australia Occidental en 1953 para expandir as creacións dos artistas e estimular aos cidadáns con espectáculos, música e todo tipo de arte e actividades culturais relacionadas con este campo.
Este festival acadou unha reputación mundial polo seu programa internacional no que participan os artistas máis grandes do mundo.
Tráiler do festival de Perth 2017.
SYDNEY GAY AND LESBIAN MARDI GRAS
O desfile de Mardi Gras (Sydney Gay and Lesbian Mardi Gras) é unha das celebracións da comunidade LGBTQI máis grandes do mundo. Participan máis de 100.000 persoas para apoiar a igualdade e o dereito de expresión. Trátase dunha procesión de color que inclúe bailarinas e artistas como Cyndi Lauper, George Michael ou Kylie Minogue.
A parte do desfile tamén proxectan películas e documentais de todo o mundo, organizan bailes e fan desgustacións da cociña máis exhuberante e internacional.
Desfile de Mardi Gras do 2015.
Se non podes participar nos festivais que se celebran nos meses de febreiro e marzo, podes asistir a outros eventos como o Royal Adelaide Show, o Yuendumu Festival, o Festival International Fringe, o Moomba Festival, o Anzac Day ou o Adelaide Arts Festival.
BIBLIOGRAFÍA
http://www.royalhobartregatta.com/History.html
https://perthfestival.com.au/festival-info/about-piaf/
http://www.australia.com/en/events/major-events/sydney-mardi-gras.html
http://www.sydney.com/events-festivals-and-celebrations
https://www.arts.gov.au/funding-and-support/festivals-australia
IMAXES
http://www.royalhobartregatta.com/History.html
http://www.royalhobartregatta.com/PhotoGallery.html
VÍDEOS
https://www.youtube.com/channel/UCqlO9mC_1iUwPp4nc6C9Tlg
Aida del Campo Copo