O metal no Reino Unido

Poucos días despois de festexar o día de San Patricio con música folk, é hora de virar o xénero musical cara a un máis agresivo: o metal. Non é o estilo musical máis popular e mesmo hai quen o cualifica como ruído. Non considero que se trate de ruído, mais aínda nese caso, en ruído tamén se basearon Rimsky‑Korsakov no Voo do abesouro e Leroy Anderson na Máquina de escribir e non por iso deixan de ser obras mestras da música clásica.

O metal está arraigado en Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos e nos países escandinavos. Porén, aínda que non é o xénero máis espallado na Península Ibérica, case todo o mundo escoitou algunha canción de Iron Maiden, Metallica ou da banda española máis famosa, Mägo de Oz, que mestura o metal co antedito folk.

Vou ir narrando a historia dende os precursores do heavy metal ata a actualidade. Cómpre diferenciar entre o heavy metal clásico, o xermolo de todo o metal, e o heavy metal actual, un subxénero do metal.

Precursores

A comezos dos anos 60 emerxeu a chamada “terceira xeración” do rock’n roll con The Beatles, The Rolling Stones, The Who e The Kinks, que contribuíron á creación do arquetipo da banda de rock: ruidosa, imprevisible, rebelde e mesmo violenta.

Na segunda metade dos anos 60 aparece o hard rock da man de grupos como Cream, Led Zeppelin ou The Jimi Hendrix Experience que se inspiraban en grupos de blues e de rock’n roll. O hard rock caracterizouse por un maior uso da tecnoloxía, unha música cun volume máis alto e unhas letras cheas de crítica social.

Nacemento

  • Black Sabbath

 Os críticos apuntan o nacemento do metal clásico en Birmingham no ano 1968, cando se formou Black Sabbath. Daquelas, Birmingham era unha cidade industrial economicamente deprimida e a banda de Ozzy Osbourne logrou forxar un son que dominou a cidade ao sintetizaren con éxito o rock’n roll clásico, o blues e o tritono (coñecido como o diabolus in musica) coa esencia dunha película de terror de Boris Karloff (titulada Black Sabbath).

Copyright: Black Sabbath – Paranoid
  • Mötorhead

A mediados dos anos 70 aparece en Londres outro grupo de metal: Mötorhead. A banda mestura influencias do punk, hard rock e rítmicas estilo Black Sabbath, mais acelera o tempo e engade un canto máis forte e rouco. O seu vocalista Lemmy Kilmister inicia unha tradición de cantantes de metal coa voz alta e clara. Con todo, non foron rivais para Black Sabbath.

Copyright: Mötorhead – Ace of Spades
  • Judas Priest

A partir de 1977 o liderado do metal pasaría a mans de Judas Priest, un grupo nado tamén en Birmingham que contaba cun metal ameazante, rápido e con fortes agudos que combinaba a escuridade de Black Sabbath e a musicalidade dun dos grupos de hard rock do momento, Deep Purple.

Copyright: Judas Priest – Take on the world

Anos 80 no Reino Unido

 Durante os anos 80 prodúcese un gran aumento do público metaleiro, e aparecen novos grupos talentosos e creativos. Esta efervescencia de orixinalidade será liderada pola radicalización de Mötorhead. Nos anos 80 empezan a aparecer subxéneros do metal (speed metal, trash metal, death metal, black metal, grindcore, grunge…)

  • Nova vaga do Heavy Metal Británico 

Xorde no Reino Unido un movemento chamado NWOBHM (New Wave Of British Heavy Metal) que marcará o devir do metal grazas á música vangardista de Iron Maiden, Mötorhead, Saxon e Diamond Head. Nesta nova tendencia desaparecen os elementos do blues en troques do punk británico dos 70, o cal produciu un son máis rápido e agresivo. En canto á letra, explórase a mitoloxía e a fantasía sen deixar de lado a ira social característica dos seus predecesores.

Copyright: Iron Maiden – Run to the Hills
  • Venom 

Se hai un grupo británico que se afasta da corrente anterior é Venom. A banda de Newcastle upon Tyne opta por aumentar aínda máis a velocidade e a violencia das súas melodías e crea un novo subxénero: o speed metal. Realmente, o seu primeiro álbum demasiado éxito, mais a súa influencia foi xigantesca, pois neles se inspirou o grupo estadounidense Metallica.

Pronto, as novas bandas perseguiron unha visión máis extrema do metal que desembocou no trash metal. Venom mesturou estes dous subxéneros no seu segundo álbum: Black Metal, que deu nome ao novo subxénero que acababa de nacer.

Copyright: Venom – Black Metal

Anos 90 no Reino Unido

Nos anos 90 o metal xa está espallado por todo o globo terrestre e, por primeira vez na historia, as novas tendencias do metal non aparecen no Reino Unido, senón en Estados Unidos. Malia todo, xorden novos grupos nas illas británicas que considero que cómpre salientar.

  • Paradise Lost intégrase no metal gótico, un subxénero que recupera imaxinaría da época gótica medieval, o romanticismo e a literatura decadente e fantástica.
  • No doom metal, un subxénero lento e pesado e cunha tonalidade escura de riffs grises, destaca My Dying Bride.
  • O black metal foi moi rendible comercialmente ao final dos 90, en especial Cradle of Filth, un grupo de Black Metal con pinceladas góticas e satánicas.
  • En grindcore destacan Napalm Death e Carcass.
Copyright: Cradle of Filth – Dusk… and her embrace

Actualidade

Na actualidade o Metal británico segue a mesma tendencia ca nos anos 90 e, en parte, dos 80, pois os grupos con maior popularidade sempre foron Iron Maiden, Judas Priest e Black Sabbath. Porén, podemos destacar dúas bandas formadas ao final dos 90 –Bullet for My Valentine (metalcore) e DragonForce (power metal)– que irromperon con forza no metal británico e que intentan rivalizar cos grupos da seguinte escala de popularidade.

Copyright: DragonForce – Through the fire and flames
Copyright: Bullet for My Valentine – Tears don’t fall

En canto á popularidade, segundo recolle Spotify os fanáticos máis fieis entre todos os xéneros musicais son os do metal.

Imaxe obtida vía Spotify

Por outra parte, nos anos 2000, as mulleres, por fin, comezan a formar parte das bandas do metal. A posición que adoitan ocupar nas bandas é a de vocalista, de feito, un dous grupos finlandeses máis respectados ten como vocalista unha muller (actualmente Anette Olzen). No Reino Unido destaca Sarah Jezabed Deva que pertenceu durante 14 anos a Cradle of Filth.

Tamén, é preciso destacar que moitos dos músicos do Metal están formados en música clásica en conservatorios. Algúns grupos mesmo adaptan obras de Beethoven, Grieg ou Mussorgsky.

En resumo, catro décadas máis tarde da súa aparición en Birmingham, o metal continúa evolucionando e adoptando novas formas que, quen sabe? sexan as claves que permitan a súa supervivencia.

Por último déixovos unha enquisa para que votedes pola banda de metal británico que máis vos guste:

Sergio Méndez Fernández

BIBLIOGRAFÍA

Last.fm (s.d.). Recuperado o 21 de marzo de 2017, en: https://www.last.fm/

Metaladies (s.d.). Recuperado o 21 de marzo de 2017, en: http://www.metaladies.com/

Pearlin, J (2014). A Brief History of Metal, Heavy Metal 101. Recuperado o 21 de marzo de 2017, en: https://metal.mit.edu/brief-history-metal

Toftaky’s Psychothèk (s.d.). Histoire du metal. Recuperado o 21 de marzo de 2017, en: https://metal.mit.edu/brief-history-metal

Ban Buskirk, E (2015). Which Music Genres Have the Loyalest Fans, Spotify Insights. Recuperado o 21 de marzo de 2017, en: https://insights.spotify.com/us/2015/04/02/loyalest-music-fans-by-genre/

Wikipedia (s.d.). Recuperado o 21 de marzo de 2017, en: https://www.wikipedia.org/

Advertisements

6 comentarios en “O metal no Reino Unido

  1. Pareceume unha entrada moi interesante, resulta amena e consegue atraer atención cara este xénero incluso para aqueles que, como ti mencionaches, non son tan fans del.

    Gústame

    • Moitas grazas, Alba. Alégrame ler que che parecese interesante. Incluso para os que non son fanáticos do metal, na música de hoxe en día podes atopar mesturas de xéneros musicais (comentei o folk metal de Mägo de Oz) e malo será que algún non che guste.

      Gústame

  2. Gustoume moito a túa entrada! Aínda que eu non son moito de escoitar este tipo de música, escoitei algunhas das cancións que puxeches e parécenme interesantes. Como curiosidade, por se lle interesa a alguén (ou mesmamente a ti) e non o sabía, comento que eu son de Lugo e nunha das súas localidades, en Viveiro (na costa), celébrase todos os anos no verán un festival chamado ”Resurrection Fest” no que predomina este tipo de música. De feito, o ano pasado fíxose moi coñecido xa que veu actuar ”Iron Maiden”.

    Gústame

    • Moitas grazas polo teu comentario. Alégrame que che gustara malia non ser de escoitar metal. E si, si sabía o do Resurrection Fest e da popularidade que gañou grazas a traer a Iron Maiden, pero grazas por recordalo, así os lectores saben que temos un festival autóctono moi popular neste xénero. Quero engadir que tamén son da provincia de Lugo, pero do sur.

      Gústame

  3. Releyendo el blog, veo que tu entrada se merece un comentario,Sergio, por tratar un tema tan rico y tan interesante como la música metal.
    Afortunadamente, han quedado atrás los días en los que esta música era generalmente considerada como “ruido”, y actualmente la mayoría de la gente es capaz de reconocer que existe buena y mala música en el metal al igual que en todos los géneros.
    Obviamente no es la música que más gente mueve pero creo sinceramente que ha de ser así, las cosas no son necesariamente mejores por gustarle a mayor número de gente. Lo que falta en números se compensa con la pasión de los seguidores y la cantidad de bandas que surgen cada año. Y de todas formas, el número de aficionados crece paulatinamente.
    Muy interesante también el hecho que destacas de que muchos músicos metal provienen de conservatorios y son grandes intérpretes, a diferencia de lo que vemos en otros estilos musicales más en boga. Puedes apostar una mano a que una banda metal puede tocar sin esfuerzo cualquier éxito pop, e incluso mejorarla. Y puedes apostar las dos a que una banda poprockera de las que copan las listas de éxitos se volverían locos si intentasen interpretar/componer un buen tema metal.

    En cualquier caso, ¡enhorabuena por la entrada!

    Gústame

    • Grazas polo teu comentario e polas túas reflexións. Si que é certo que o metal en moitas ocasións está infravalorado xa que non se trata de música comercial, por exemplo: este ano Megadeth gañou o grammy de “Best Metal Performance” e non vin na rede practicamente ningunha referencia a eles, aínda sendo unha banda mítica de Trash Metal. Sexa como for, moitas grazas por compartir o que pensas.

      Un saúdo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s