A demografía de Nova Zelandia:

Nova Zelandia é un país cunha gran diversidade étnica. No último censo, publicado no 2013, a poboación total compúñase de 4,44 millóns de persoas: 74% europeos, 15,5% maorís, 12% asiáticos e 7,5% pobos do Pacífico.

 

Orixe:

A pesar de que os maorís están vistos como a poboación orixinal de Nova Zelandia, foron tamén inmigrantes no seu momento. Colonizaron as illas hai miles de anos, seguidos no século XVIII polos ingleses, os irlandeses, os australianos e finalmente os asiáticos (Corea, Taiwán, Xapón, etc.).

 

Cultura:

Esta diversidade tivo os seus efectos na cultura, posto que cada pobo trouxo con el as súas tradicións. No referido aos maorís, estes costumes baseábanse na cultura polinesia, organizábanse en comunas familiares, tribos e subtribos. Os británicos e irlandeses influíron principalmente ao introduciren o cristianismo. Por outra banda, os cambios máis recentes veñen de Asia, Australia e os Estados Unidos.

Posto que os maorís desenvolveron rapidamente a escritura, seguen a conservarse moitos dos seus poemas e traducións. A música, por outra parte, é unha mestura do folclore do país e de xéneros como o Rock&Roll, o Blues ou o Jazz entre outros. Os irlandeses introduciron o seu folclore ao colonizar as illas, polo que a música neocelandesa tamén ten como influencia as bandas de gaitas irlandesas. Pola banda maorí, o principal impacto na cultura neocelandesa vén dado polo Hapa haka que se refire, en maorí, ao canto e baile típicos.

Haka maorí.

COPYRIGHT: 100% PURE NEW ZEALAND

Banda de gaitas feminina neocelandesa nunha competición.

COPYRIGHT: Alamy Ltd

 

Dado que a multiculturalidade é a base do país, os valores neocelandeses baséanse no respecto e a liberdade. Algunhas das características principais deste pobo, ademais dos mencionados, son:

  • A importancia da diversidade
  • O amor pola terra e a natureza
  • O deporte, que ten gran importancia. É algo que consideran motivo de orgullo, tanto na vida profesional como na cotiá, xa que os deportistas que traen medallas ao país, especialmente os profesionais, son considerados heroes.

 

Debido a todo o anterior, pode concluírse que Nova Zelandia é un país máis complexo e interesante do que se tende a pensar, e que paga a pena aprender máis cousas sobre el.

 

Alba Lores Rodríguez

 

 

 

Bibliografía:

 

Advertisements

2 comentarios en “A demografía de Nova Zelandia:

  1. Ola Alba:
    Comentas na entrada que os maorís foron os primeiros colonizadores de Nova Zelandia. Se isto é así e eles emigraron, de onde procedían orixinariamente?
    Un saúdo!
    Karen

    Gústame

  2. Ola Karen,
    como resposta á túa cuestión, os maorís proceden da Polinesia, en concreto fálase da illa de Tahití.

    Saúdos e grazas polo teu comentario,
    Alba

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s