A Gran Barreira de Coral

Imagen relacionada

Augas cálidas e cristalinas, unha variedade infinita de cores e… Espera! É ese Nemo?

Quen non soñou algunha vez con explorar un arrecife cheo de corais, peixes de todo tipo e incluso algunha quenlla… Queres saber máis? Mergúllate neste post!

A Gran Barreira de Coral é o maior arrecife de coral do mundo. O arrecife está situado no mar do Coral, fronte á costa de Queensland ó nordeste de Australia. O arrecife, conta con uns 2,600 quilómetros de lonxitude e pode ser distinguido dende o espazo.

Resultado de imagen de gran barrera de coral desde el espacio
Barreira de coral

Fauna

Pese a súa indiscutible beleza, polo que realmente é valorada a Gran Barreira de Coral é por ser o fogar de máis de 1.800 especies de peixes, entre as que destacan 150 de quenllas, máis de 5.000 de moluscos e unhas 400 de corais diferentes. Este ecosistema atrae a trinta tipos de cetáceos, como a balea minke-enana, numerosos golfiños e dugongos, e máis de 200 especies de aves, entre as que destacan a aguia de mar de ventre branco ou o charrán rosado. Tamén cabe mencionar unha gran variedade de anfibios e réptiles, con rarezas como los crocodilos de auga salgada e as tartarugas mariñas.

 

 

Resultado de imagen de dugongo

Resultado de imagen de charran rosado
Charrán rosado
Resultado de imagen de tortuga marina
Tartaruga mariña

Pero, que lle está a pasar?

O ecoloxista Rowan Jacobsen declarou morta a estrutura: “A Gran Barreira de Coral de Australia faleceu en 2016 tras una longa enfermidade”. Científicos investigan o branqueamento do coral, pois Gran Barreira de Coral australiana rexistrou a finais do ano pasado o episodio de branqueamento e morte de corais máis grave da súa historia recente.

O 80% dos arrecifes analizados na costa noroeste de Australia mostraban síntomas importantes deste fenómeno de pérdida de cor por situacións estrés como o aumento da temperatura da auga. O quecemento dos océanos polo cambio climático fai que os corais expulsen as súas algas, e sen as algas, o coral non pode obter nutrientes.

Pese a ser “declarada morta” por algúns os gobernos de Australia e Queensland publicaron o primeiro reporte anual Plan Arrecife 2050, no que se mostra unha inversión de 2.000 millóns de dólares para mellorar a saúde dos arrecifes para as futuras xeracións, e que xa cumpliu 29 das súas 151 accións, pese a que o proceso necesita ser acelerado.

Resultado de imagen de la gran barrera de coral se muere
Corais mortos

Pese a esta triste noticia, esperemos que a Gran Barreira se recupere pouco a pouco e poida seguir marabillándonos coa súa beleza durante moitos anos máis.

Tamara Abelleira Sambade


Bibliografía

  • CNN Español. “La Gran Barrera de Coral en realidad no está muerta”. Recuperado o 01/03/2017 de: http://cnnespanol.cnn.com/2016/10/18/la-gran-barrera-de-coral-en-realidad-no-esta-muerta/#0
  • LopezDoriga. “Declaran muerta la Gran Barrera de Coral de Australia”. Recuperado o 01/03/2017 de: http://lopezdoriga.com/internacional/declaran-muerta-la-gran-barrera-de-coral-de-australia/
  • Viajar especiales El Periódico. “Gran Barrera de Coral [Australia]: El mayor hábitat bajo el mar. Recuperado o 01/03/2017 de: http://viajar.especiales.elperiodico.com/50-destinos-de-naturaleza/oceania/gran-barrera-de-coral-australia-el-mayor-habitat-bajo-el-mar/

10 comentarios en “A Gran Barreira de Coral

  1. A situación da Barreira de coral é realmente preocupante, principalmente por toda a biodiversidade que podería desaparecer. Aínda que a zona sur da barreira non se atope en tan malas condicións como a norte, é só cuestión de tempo que a situación empeore se non actuamos.
    Polo demáis, moi boa entrada!

    Gústame

  2. Muy buena entrada, es una pena lo que le está pasando a la barrera de coral. Parece que el cambio climático afecta a todos y a todo… Habría que tomar medidas para que no siga empeorando la situación.
    Antía López Caamaño.

    Gústame

  3. Paréceme xenial que mencionases este tema. A situación dos océanos e do planeta en xeral está en grave perigo. Perder a Gran Barreira de Coral de Australia sería unha catástrofe, xa que é unha maravilla comtemplala aínda que soamente sexa en fotos. Espero que algún día este problema se chegue a solucionar. Felicidades Tamara, escolleches un tema moi interesante!

    Gústame

    • Moitas grazas Aroa! Como ben dis é unha pena poder perder a que foi durante anos unha das sete marabillas naturais do mundo. Como isto siga así nin en fotos a poderemos contemplar…

      Gústame

  4. Ola Tamara!
    Parecéume xenial que mencionaras este tema, porque era unha das miñas opcións para o meu post. Como ben sabes a situación do planeta está en perigo, se non facemos algo axiña non só perdermos a gran barreira de coral senón outras moitas especies. Oxalá o problema se solucione.

    Gústame

    • Graciñas Andrea! Debemos concienciar á poboación para que esto cambie. Se non, que clase de mundo lle estamos deixando ós nosos descendentes?

      Gústame

  5. Tamara!! Me pareció un tema muy interesante y a la vez un poco triste, me parece que todos tendríamos que poner un granito de arena para evitar estas cosas que hacen que el medio ambiente y la naturaleza estén ya en pésimas condiciones. Nadie es consciente del mal que hace contaminando y creo que cuando queramos reaccionar de verdad, ya será demasiado tarde. Aún así, me ha gustado mucho tu entrada!!

    Gústame

    • Moitas grazas Melissa! Témome que a maioría da xente non é consciente do moito que afectan as decisións que toman no seu día a día ó mundo que os rodea. Debemos ser máis conscientes do que pasa ó noso arredor e non deixar que o planeta chegue a tales extremos

      Gústame

Deixar un comentario