A orixe do hardcore nos Estados Unidos de América

Se escoitásedes unha canción de hardcore, moitos de vós probablemente o identificariades como punk ou algún tipo de derivado do metal. Non sería ir moi desencamiñado, xa que este estilo musical naceu gracias a influencia do punk rock, creando deste xeito un estilo moito máis duro e extremista. A primeira aparición do hardcore deuse a finais dos 70 nos Estados Unidos, época na cal a música disco e o rock triunfaban no panorama musical.

O que caracteriza a este estilo musical é que é un dos xéneros máis enérxicos da vertente punk, xa que os tempos e os compases son moi rápidos xunto cuns ritmos de batería moi veloces e agresivos que poden chegar ata as 200 pulsacións por minuto. Centrándonos na voz, está normalmente é rápida, moitas veces case gritada. Tamén en certas variantes deste estilo, existe unha tendencia a usar guturais. Poderiamos dicir que non é unha música apta para tódolos oídos.

Unha das características que cómpre destacar é a corta lonxitude das cancións, que se debe á velocidade dos ritmos e aos compases veloces de batería que xa mencionamos antes. Nesta corrente musical compuxéronse moitas cancións que non chegan aos habituais tres minutos aos que estamos acostumados, creando así un ambiente musical frenético que rematou coa aparición dos chamades bailes pogo, stage diving ou mosh. Bailes que se caracterizan porque os participantes saltan e chocan entre eles de xeito agresivo ao ritmo da música. Visto dende fóra parece unha práctica moi violenta e insegura, pero un dato curioso é a lei non escrita que existe nos pogos, pois se unha persoa cae toda a xente do seu arredor vai tentar axudala a levantarse do chan para que non se manque.

Son consideradas pioneiras deste estilo musical dúas bandas estadounidenses; Bad Brains e Black Flag. Ambas marcaron o nacemento da música hardcore, que se caracterizou sempre por ser moito máis pesada e acelerada que os sons de bandas da corrente punk do momento, como os Ramones ou os Sex Pistols.


Bad Brains formouse no 77 en Washington, D.C. Foi unha banda con influencias de outros xéneros como o reggae e o funk. Orixinalmente formarase coma un conxunto de jazz fusión pero pronto desenvolveu un son máis punk e intenso que foi clasificado como hardcore, aínda que os membros desta banda opuxéronse ao uso do termo para definir a súa música. Malia que se separaron e se reformaron varias veces, na actualidade seguen tocando.

Black Flag, banda que tamén continúa activa actualmente, foi outra das pioneiras máis relevantes na escena. Formouse no ano 1976  en California e as letras das súas cancións eran coñecidas por conter unha mensaxe anti-autoritaria e inconformista, con sons que falaban do illamento social e outros moitos temas relacionados sempre coa crítica social.

567428865
Henry Rollins, cantante de Black Flag no ano 1983. Fotografía de: Bob Chamberlin/LA Times (Getty Images)

O hardcore está moi ligado a unhas ideas e a un xeito de ver a vida de maneira positiva. Diferenciase moito da escena punk porque  deixa atrás as ideoloxías destrutivas e tenden a un movemento máis positivo e motivador que se basea no respecto mutuo.  Aínda que moitas ideoloxías que proveñen do punk, como o antifascismo, a antihomofobia e o antirracismo, continúan presentes neste movemento.

Este positivismo coñecese como Positive Mental Attitude (PMA) ou ‘’actitude mental positiva’’, e foi a resposta do hardcore á autodestrución e hedonismo presente no punk. Esta corrente positiva rexeita a negatividade, o derrotismo e a desesperanza. Moitas bandas de hardcore estadounidenses identifícanse con este pensamento e téñeno presente nas súas letras e mensaxes, podemos destacar entre elas grupos como: Youth of Today, Bad Brains, Good Clean Fun e H2O.

En Estados Unidos hai unha gran riqueza de diferentes bandas de hardcore ou subxéneros deste, como as que veremos a continuación:

Terror

Son unha banda orixinaria dos Ánxeles (California) que se formou no ano 2002 como unha reacción ante as novas bandas que estaban a aparecer na escena musical que se presentaban como hardcore sen selo. Recuperaron o xénero tocando esta música da forma máis violenta, crúa, honesta e fiel ao hardcore orixinario, recuperando así a ferocidade e a ética que se estaba a perder na escena e abandeirándose como grupo de referencia da xeración hardcore actual.

First Blood

Orixinarios de California (San Francisco), formáronse no ano 2002.

Madball

Son unha banda orixinaria de Nova York que naceu nos anos 80 como un proxecto secundario da banda Agnostic Front.

Stick to your guns

Son unha banda de hardcore que se formou no ano 2003 en California. Son coñecidos polas súas letras cargadas de positivismo.

Have Heart

Banda orixinaria de Massachusetts, formada no 2002. Esta banda identificase coa corrente hardcore coñecida como straight edge, un estilo de vida no cal os seus seguidores comprométense de por vida a absterse de beber alcohol, fumar tabaco ou consumir drogas.

Death Before Dishonor

Formados no 2000 e orixinarios de Boston (Massachusetts). Nas súas cancións pódense apreciar influencias doutras bandas, algunhas anteriormente mencionadas, como Blood for Blood, Madball, Agnostic Front, Death Threat, Suicidal Tendencies e Pennywise.

Hatebreed

Considerada unha das bandas máis relevantes da escena actual, formáronse en 1994 e son procedentes de Connecticut. Nos seus inicios, firmaron con Victory Records, discográfica coa cal sacaron o seu álbum debut Satisfaction is the Death of Desire, que vendeu máis copias que ningún outro na historia desta discográfica. O seu estilo musical flúe entre o hardcore e o heavy metal, motivo polo cal compartiron escenario con bandas tan grandes como Slayer, Deftones e Napalm Death. Estas influenciaron a súa música, conseguindo así atraer a fans doutros xéneros máis alá do hardcore.

Minor Threat

Formáronse en 1980 en Washington e desapareceron tres anos despois.  Malia o pouco tempo que estiveron activos, tiveron unha grande pegada na escena musical e foron os que deron nome cunha canción ao movemento Straight Edge.

Stray from the path

Orixinarios de Long Island (New York), formáronse no ano 2001. As súas letras tratan habitualmente de inxustizas e problemas sociais ou políticos.

Para rematar, gustaríame engadir que non se debe xulgar a un libro pola súa cuberta. Moitas persoas poderían pensar que os xéneros máis duros e alternativos da música soamente teñen un contido violento e destrutivo, sen embargo non todo se reduce a iso. A escena hardcore é un bo exemplo, pois as letras das súas cancións transmiten unha mensaxe de tolerancia e respecto que rexeita os comportamentos que incitan ao odio. Estas son as bases sobre as que se sostén este xénero, aínda que este contido non esté presente nas letras de moitos grupos si está presente nos discursos que promulgan.

Anabel Garrido García

BIBLIOGRAFÍA:

Blush, A. y Rachman, P. (productores). Rachman, P. (director). (2006). American Hardcore [documental]. País: Estados Unidos. Sony Pictures.

En.wikipedia.org (2017). Hardcore punk [online]. Dispoñible en: https://en.wikipedia.org/wiki/Hardcore_punk [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Unlvrebelyell (2017). Violent dance now part of mainstream concert experience. Dispoñible en: http://www.unlvrebelyell.com/jump-into-the-pit/ [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

YouTube. (2017). Mosh Pits & Hardcore Dancing. [Arquivo de vídeo] Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=Yiv95j-tEIM [Consultado o 9 de febreiro de 2017].

Bad Brains (2017). Bad Brains [online]. Dispoñible en: http://badbrains.com  [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Black Flag Official (2017). Black Flag [online]. Dispoñible en: http://blackflagofficial.com  [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

En.wikipedia.org (2017). Positive mental attitude [online]. Dispoñible en:
https://en.wikipedia.org/wiki/Positive_mental_attitude [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Sethums, Satirical Smartypants (2013). The Cult of Optimism within the Hardcore Movement. Dispoñible en: http://www.sethums.com/the-cult-of-optimism-within-the-hardcore-movement/ [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

H2O OFFICIAL [H2O OFFICIAL]. (2 de xuño de 2008). H2O What Happened [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=c1kgZLgWpb8 %5BConsultado o 9 de febreiro de 2017]

Victory Records (2017). Terror [online]. Dispoñible en:
http://www.victoryrecords.com/terror [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Century Media Records [Century Media Records]. (7 de marzo de 2011). TERROR – Return To Strength (OFFICIAL VIDEO) [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=i0TWGMzjcXI %5BConsultado o 9 de febreiro de 2017]

Discogs (2017). First Blood [online]. Dispoñible en:
https://www.discogs.com/artist/436885-First-Blood [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

First Blood Official [Pure Noise Records]. (1 de novembro de 2010). First Blood – Fascism [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=Ybwl9iu44kU [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Madball HC (2017). Madball [online]. Dispoñible en: http://madballhc.com  [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Roadrunner Records [Roadrunner Records ]. (26 de outubro de 2009). First Blood – Fascism [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=wqqwhbs7Qgw [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Sumerian Records (2017). Stick to your guns [online]. Dispoñible en:
http://sumerianrecords.com/artist/details/id:15/Stick+To+Your+Guns [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Pure Noise Records [Pure Noise Records]. (8 de xulio de 2o16). Stick To Your Guns “Universal Language” [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=XCDxvNZTPFs [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Bridge Nine Recors (2017). Have Heart [online]. Dispoñible en: http://www.bridge9.com/haveheart [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

YouTube. (17 de febreiro de 2011). Have Heart- No Roses, No Skies. [Arquivo de vídeo] Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=-vMdva1Pgzg [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Ediriwira, A. (2015) Sober Revolution: The story of straight edge hardcore in 10 records. Disponible en: http://thevinylfactory.com/features/sober-revolution-the-story-of-straight-edge-hardcore-in-10-records/ [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Bridge Nine Records (2017). Death before dishonor [online]. Dispoñible en:
http://www.bridge9.com/deathbeforedishonor [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Bridge Nine Records [Bridge Nine Records]. (26 de xuño de 2007). Death Before Dishonor – Break Through It All [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=WDUa80YrTfI [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

The Offical Hatebreed Website (2017). Hatebreed [online]. Dispoñible en:
https://www.hatebreed.com/  [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

HatebreedVEVO [HatebreedVEVO]. (25 de decembro de 2009). Hatebreed – I Will Be Heard [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=HB3tmC2f3t0 %5BConsultado o 9 de febreiro de 2017]

Dischord (2017). Minor Threat [online]. Dispoñible en:
http://www.dischord.com/band/minor-threat [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

YouTube. (2017). Minor Threat – Straight Edge. [online] Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=0OSnAPxyMzo [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Summerian Records (2017). Stray From The Path [online]. Dispoñible en: http://www.sumerianrecords.com/artist/details/id:16/ %5BConsultado o 9 de febreiro de 2017]

SumerianRecords [SumerianRecords]. (8 de novembro de 2016). STRAY FROM THE PATH – The House Always Wins [Arquivo de video]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=f6_F6ra6FMg %5BConsultado o 9 de febreiro de 2017]

rtmconcerts [rtmconcerts]. (29 de marzo de 2014). 2014.03.27 Terror – Scott Vogel Speech (Live in Joliet, IL) [Arquivo de vídeo]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=I9gYuFUxSns [Consultado o 9 de febreiro de 2017]

Advertisements

10 comentarios en “A orixe do hardcore nos Estados Unidos de América

  1. Persoalmente sabía moitas das cousas que mencionas nesta entrada, xa que o meu gusto musical é acorde co que desglosas aquí, aínda que aprendín outras que non coñecía e pareceume moi interesante para a xente que descoñeza esta parte da cultura dos Estados Unidos. Gustoume moito!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s