Impacto económico da Super Bowl nos EUA

superbowl.jpg

      Campo de fútbol americano onde se realizou a Super Bowl // Eurosport

A maior parte da xente non especializada no deporte a miúdo escoita falar da Super Bowl e dos seus espectáculos, pero non saben realmente que se fai nela, que deporte se practica e por que é tan importante.

A Super Bowl é a gran final da NFL (National Football League) é dicir, a competición profesional de fútbol americano que se disputa cada ano nos Estados Unidos. Nela enfróntanse anualmente os campeóns da Conferencia Americana e Nacional dende 1967, data na que se celebrou a primeira edición. Esta final coroa o mellor equipo do mundo da especialidade, que  leva a casa o trofeo Vince Lombardi. Por todo isto, é o evento deportivo con maior audiencia en Estados Unidos.

Este evento inclúe diferentes actuacións ó longo do partido. Ó inicio hai varias representacións musicais que culminan coa interpretación do himno nacional dos Estados Unidos, The star-Spangled Banner. O artista elixido para interpretalo, cuxa elección se fai poucos días antes,  adoita destacar pola súa capacidade vocal e por ter unha carreira consolidada. O himno interprétase en vivo e en directo (ou iso din, xa sabemos como van estas cousas) acompañado por unha orquestra.

Dende a súa primeira edición, alén da actuación anterior tamén se realiza un espectáculo músical celebrado no descanso do partido (halftime show). Cabe destacar que nos seus inicios estaba protagonizado polas bandas musicais das universidades estadounidenses e a popularidade do evento fixo que os cantantes e grupos máis populares gañasen protagonismo. A diferenza dos intermedios habituais, que duran 12 minutos,  a NFL autoriza que o descanso da Super Bowl dure 30 minutos para que se poidan realizar as actuacións. O  seu presuposto e moi superior ó de calquera actuación realizada en outras circunstancias. Isto, no meu caso, foi o que máis me impactou e o que fai a este evento moi diferente e tan máxico.

Lady-Gaga-Unidos-Super-Bowl_LNCIMA20160207_0277_3

       Lady Gaga cantando o himno nacional na Super Bowl deste ano // La nación

A final NCL trátase dun dos eventos deportivos máis esperados en todo o mundo e, quizais o máis importante do ano nos Estados Unidos. Pero o impacto deste evento vai máis alá da emoción dos afeccionados ó futbol americano: as astronómicas cantidades de diñeiro que move conseguen que non se poda comparar con ningún outro.

Para explicar o impacto económico deste acontecemento imos ver as cifras deste ano, que tivo lugar o domingo 7 de febreiro en Santa Clara (California).

  • Gastos:

Os gastos só ascenden ós 5 millóns de euros. A cidade  gastou ese diñeiro na organización dos eventos previos, que inclúen dende concertos gratis a exposicións fotográficas, xogos interactivos, demostracións da realidade virtual e degustacións de comida e bebida.

 Todos estades pensando en: “como que só 5 millóns? Se a min paréceme moitísimo”, pois ben, a min tamén mo parece pero máis adiante leredes todos os beneficios que teñen e xa me daredes a razón.

  • Beneficios:

O acontecemento xerou 620 millóns de dólares en beneficios, que en euros son uns 546,53 millóns.  A que agora os 5 millóns parécenvos pouco?

Por un lado, os xogadores do equipo gañador embolsan por esa única noite 102 000 euros. Os perdedores tampouco tiveron motivos de queixa xa que cada un ingresou na  súa conta 51 000, isto é a metade. Por este diñeiro a min tampouco me importaría perder. Este ano as entradas tamén alcanzaron o prezo máis alto de todas as edicións. A media oscila entre os 3596 e os 4490 euros; os que quixeron ter unha mellor visión do campo de xogo tiveron que pagar uns 13 420 euros. En cambio, os palcos este ano baixaron de prezo a uns 134 200 euros (qué baratos, non? Calquera pode alugar un).

superbowl_03_tickets

  Diferentes tipos de entradas cos seus prezos.

O consumo rexistrado o domingo durante a Super Bowl é digno de entrar no Libro Guinness dos récords. Conforme o National Chicken Council (Consello Nacional do Polo), consumíronse 1300 millóns de ás de polo, así como 14 500 toneladas de patacas fritas e 3600 toneladas de guacamole mexicano.

Unha botella de auga custaba sete euros no estadio e un vaso de cervexa, doce. Unha bolsa de cacahuetes pagábase a seis euros e unha porción de pizza a nove.

superbowl_03_food

 Camións con diferentes tipos de comida na entrada do campo.

Por outro lado, a Super Bowl é unha gala tecnolóxica, e este ano (como non), bateu o récord dos anos anteriores con 1200 puntos conexións sen fíos instalados no estadio. Con isto búscase asegurar que máis ou menos os 70 000 asistentes estean conectados en todo momento.

Tornando outra vez ás actuacións, este ano a encargada de cantar o himno foi Lady Gaga e os elixidos para actuar no descanso foron Coldplay e Beyoncé. Formar parte deste evento supón que as descargas e as ventas incrementen nun 996%. Outra cifra sorprendente deste acontecemento e que os anunciantes que queiran participar coa súa publicidade deberán pagar uns 5 millóns de euros por 30 segundos de emisión. E unha barbaridade, non si?

Como non podía ser doutro modo, o trofeo tamén ten un gran valor. Esta feito en prata pola xoiaría Tiffany & Co. e ten un valor aproximado de 25 mil dólares.

descarga

 El trofeo Vince lombardi

Finalmente, con este balance non podemos esquecer falar das apostas. Calcúlase que legalmente se apostaron 89 millóns de euros e ilegalmente 3300 millóns.

Preguntarédesvos como se pode gastar tanto diñeiro nun evento deportivo, pois aínda que non o creades estas cifras son 100% reais.

Bibliografía

LA VANGUARDIA (2016):  Las diez cosas básicas que has de saber  de la Super Bowl para no quedar en rídiculo [dispoñible en:  http://www.lavanguardia.com/deportes/otros-deportes/20160125/301659957846/super-bowl-diez-cosas-basicas.html?item=5& ] [consultado o 20/04/2016]

EXPANSIÓN (2016): La Super Bowl 50, en cifras [dispoñible en:   http://www.expansion.com/directivos/deporte-negocio/2016/02/06/56b5c445ca4741c6058b4589.html] [consultado o 20/04/2016]

LA OPINIÓN DE MURCIA (2016): Super Bowl 2016: El evento más caro del mundo en 10 cifras [dispoñible en: http://www.laopiniondemurcia.es/deportes/2016/02/07/super-bowl-2016-evento-caro/712069.html ] [consultado o 20/04/2016]

DIEZ (2016): Las tremendas cifras económicas que dejó el Super Bowl 50 [dispoñible en: http://www.diez.hn/notodoesfutbol/927492-99/las-tremendas-cifras-econ%C3%B3micas-que-dej%C3%B3-el-super-bowl-50 ] [consultado o 20/04/2016]

Clara Avendaño Campos 

Advertisements

2 comentarios en “Impacto económico da Super Bowl nos EUA

  1. É incrible como un acontecemento deportivo pode constituír un fenómeno de masas de tal calibre. Sabía que a Super Bowl era moi seguida, pero non imaxinaba que fose para tanto. Moi interesante a entrada.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s