Famosos de Canadá

     Actualmente con toda a información da que podemos dispor na web e a cantidade desorbitada de novas de famosos que saen cada día, ás veces non sabemos de onde proveñen. Polo tanto, a idea é facer un pequeno resumo de 9 celebridades canadenses, para que os coñezamos un pouco mellor, pero só faremos referencia á vida profesional de cada un, xa que meterse na súa privada non é o cometido deste artigo.

  • Michael Bublé: O seu nome completo é Michael Steven Bublé e foi nado na cidade de Burnaby, na Columbia Británica, o 9 de setembro de 1975. Desde pequeno tivo unha especial predilección pola música jazz. Ía todos os veráns a visitar á familia da súa nai a Italia, e con 16 anos, o seu avó, a quen estaba moi apegado, comezou a conseguirlle escenarios en clubes nocturnos onde puidese demostrar as súas dotes de canto. Ademais, o seu avó tamén lle pagaba as súas clases para perfeccionar o seu talento. Cando cumpriu a maioría de idade, presentouse a un concurso de talento, gañou e desde aquela, segue colleitando éxitos.

MichaelBuble.jpg

Michael Bublé

  • Justin Bieber: Justin Drew Bieber naceu o 1 de marzo de 1994 en London (Ontario), mais medrou en Stratford. De neno, practicaba hockey, fútbol e xadrez, pero o que máis lle gustaba era a música. Non tiña formación profesional, e aínda así aprendeu a tocar a guitarra, o piano, a batería e a trompeta. Cando tiña 12 anos, decidiu inscribirse a un concurso local de canto e quedou no segundo posto. Logo a súa nai decidiu subilo á plataforma de Youtube para ensinarllo aos seus familiares. O que non sabían era que se convertiría nunha estrela mundialmente coñecida, e a día de hoxe, é un dos artistas máis escoitados.
  • justin.jpg

Justin Bieber

 

  • Shay Mitchell: Shannon Mitchell naceu en Toronto. Dende pequena, estivo involucrada no mundo artístico, de modelo e facendo danza. Cando xa foi adolescente, adicouse máis ao mundo da interpretación e saiu en varias series e videoclips. A oportunidade de darse a coñecer tívoa interpretando a Emily Fields en Pretty Little Liars.

Shay-mitchell-as-emily-fields-season-3-pll.jpg

Shay Mitchell

 

  • Nathan Fillion: Nathan Christopher Fillion é un actor que naceu o 27 de marzo de 1971 en Edmonton, Alberta. Participou en varios proxectos no mundo do cine como “Dracula 2001”. Outro dos ámbitos nos que se adentrou foi o das series, como por exemplo “Buffy the Vampire Slayer”, e por suposto, “Castle”, onde interpreta o papel de protagonista. Ademais, defende os dereitos dos nenos para acceder á cultura e creou unha organización para fomentar o interese pola lectura.

Nathan-Fillion-Net-Worth.jpg

Nathan Fillion

  • Stana Katic: Stana Jacqueline Katic naceu en 1978 en Hamilton, Ontario. A súa familia era croata e emigraron a Norteamérica. Pasou a súa adolescencia entre Estados Unidos e Canadá. A súa carreira diante das cámaras comezou no ano 1999, e a súa traxectoria resúmese en traballos de televisión. Participou en numerosas series coma “CSI:Miami”, pero onde se deu a coñecer realmente foi en “Castle”, onde interpreta a Kate Beckett co papel de protagonista.

Castle-Stana-Katic1.jpg

Stana Katic

 

  • Jim Carrey: naceu en Newmarket, Ontario en 1962. Desde moi novo, participou en clubes facendo monólogos. Anos máis tarde, iría a Los Ángeles a probar sorte, e alí debutaría nunha serie. Logo deu o salto á gran pantalla e participou en películas do calibre de “La lista negra” de Clint Eastwood. Estivo nominado varias veces aos Globos de Ouro, pero só o gañou en dúas ocasións coas películas “The Truman Show” e “Man on the Moon”.

FA83F79DA.jpg

Jim Carrey

 

  • Céline Dion: naceu en 1968 en Charlemagne, Canadá. Dende pequena foi educada vocalmente para que aprendera a utilizar a súa voz. Aos 12 anos, o irmán de Céline levoulle unha gravación a un produtor, e quedou namorado da súa voz. Ao ano seguinte publicou o primeiro disco e presentouse a un concurso no que gañou o primeiro premio. Logo de publicar varios discos, Céline interpretou “My Heart Will Go On”, a canción da BSO de Titanic. Sen dúbida foi unha artista que comezou colleitando éxitos, e segue ata o día de hoxe vivindo da música.

celine-dion-10335951ezlpe.jpg

Céline Dion

  • Avril Lavigne: naceu en 1984 en Napanee. Desde pequena sabía da súa vocación no mundo musical e cantaba na igrexa da súa vila, en festivais e en concursos de country. Aí foi onde a descubriu unha discográfica. Con 12 anos comezou a tocar a guitarra, e aos 16 anos múdase a Manhattan para gravar o seu primeiro traballo discográfico. A partir de aí, chovéronlle éxitos e gañou o premio de MTV Video Music en 2002 como “Mellor nova artista”.

Avril-Lavigne.jpg

Avril Lavigne

  • Rachel McAdams: naceu en outubro en Ontario. Logo dunha infancia na que lle gustou sempre actuar en obras de teatro, decidiu estudar teatro na Universidade de York, Toronto. Participou en series de Disney e en películas. Os seus papeis máis coñecidos son nas películas “El Diario de Noa” e “Sherlock Holmes”. 

 

rachel-mcadams-notebook-audition.jpg

Rachel McAdams

 

 

Esta é unha lista pequena de todas as celebridades de Canadá, e como podemos ver, hainas de todo tipo: tanto cantantes, coma actrices ou actores. Sen esquecer tampouco modelos ou directores de cine coma James Horner. Eu elixín estes como uns dos máis famosos e importantes, pero vós, a quen engadiriades?

james-horner-6.png

James Horner

 

 

Iria Martínez Valladares

 

 

BIBLIOGRAFÍA

BIOGRAFIAS.ES (2016):  Biografías y noticias de famosos [dispoñible en: http://www.biografias.es/pais/canada/17/ ] [consultado o 20/04/2016]

GOOGLE IMAGES (2016): [dispoñible en: https://www.google.es/imghp] [consultado o 20/04/2016]

ANTENA 3 (2016):  Famosos y biografías  [dispoñible en: http://www.antena3.com/celebrities/famosos-biografias/] [consultado o 20/04/2016]

Advertisements

Un comentario en “Famosos de Canadá

  1. Ola, Iria! A túa entrada pareceume moi interesante, aínda que botei en falta a Bryan Adams, músico canadense de éxito internacional, sobre todo na década dos 80. Imaxino que a intención era evitar facer unha entrada moi pesada con demasiada información para que a lectura resultase amena, mais penso que era digno de aparecer na lista. A pesar diso, gustoume a túa entrada.

    Fernanda Claro.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s