A desunión dos Estados Unidos

Igual ca no caso da tan internacionalmente coñecida Cataluña, a historia dos Estados Unidos tamén testemuñou, durante os séculos XX e XXI, o abrollo de movementos independentistas. Ata os anos 2000, soamente o Libertarian Party of Alaska e o Alaska Independence Party recoñeceron abertamente o dereito á autodeterminación dos estados nos seus programas electorais, mais as súas políticas careceron de toda fortuna.

Un chisco de historia

A finais do século XVIII independizáronse os Estados Unidos de América, que xurdiron das trece colonias británicas sitas no novo mundo. A conquista do territorio aumentou consonte a exploración do oeste norteamericano, ata alcanzar os lindes oceánicos que hoxe coñecemos. Non obstante, no ano 1861, 11 estados independizáronse do resto do territorio e, unidos, formaron os Estados Confederados de América. As causas desta ruptura foron a contraposición á abolición da escravitude que perseguían os máis dos estados do norte e o anhelo de poder político. Os Estados Unidos loitaron para establecer o control de novo sobre a Confederación, na que se coñece na historiografía actual como a Guerra Civil.

Por causa das continuas derrotas militares e do éxito internacional que estaban a acadar os Estados Unidos, a Confederación abandonou o seu desexo separatista e volveu asumir o goberno de Washington. A meirande parte dos estadounidenses relaciona estes acontecementos coa película Foise co vento.

Marco legal

Aínda que a Constitución non contempla os intentos de independencia dos Estados, cóntase cun marco legal establecido ao respecto. Un dos xuíces do Tribunal Superior de Xustiza dos Estados Unidos, o falecido Antonin Scalia, redactou unha carta, dirixida aos seus compañeiros maxistrados, na que se apoiaba na propia Guerra Civil para rexeitar a autodeterminación, así como no Xuramento de lealdade á bandeira dos EUA (Pledge of Allegiance), que reza:

I pledge allegiance to the flag of the United States of America, and to the republic for which it stands, one nation under God, indivisible, with liberty and justice for all.

Fervedoiro secesionista

Ao ignorarmos estes acontecementos, a independencia parece un movemento alleo aos Estados Unidos contemporáneos, pero nada máis lonxe da realidade: numerosos estados avogan pola ruptura. Cómpre destacar dous deles, que son os que actualmente gozan de maior repercusión na sociedade estadounidense.

usa
©2016 Reuters All Rights Reserved

California é o estado máis habitado dos EUA, polo que a súa independencia había orixinar un impacto económico brutal nos Estados Unidos. O California National Party, cuxo obxectivo principal é a independencia do estado californiano, preséntase como candidato para a Asemblea Estatuaria nas primarias do 7 de xuño de 2016.

Texas presenta un dos movementos independentistas máis antigos dos Estados Unidos e tamén dos máis coñecidos. No ano 2012, por exemplo, un cidadán deu conseguido máis de 100000 sinaturas que apoiaban a tal independencia, nunha petición dirixida á Casa Branca. Aínda que ata o momento non houbo avances ao respecto, a dereita estadounidense permanece alerta ante as posibles ofensivas secesionistas.

E cal é a visión dos cidadáns estadounidenses? Como se indica na imaxe superior, varía segundo as rexións, mais de media indica que un de cada catro estadounidenses está a favor da independencia do seu estado dos EUA. Son os movementos independentistas unha utopía? Será o futuro testemuña duns Estados Unidos de América máis desunidos ca nunca? Só o porvir e as decisións democráticas da clase política han dar conta dunha resposta unitaria que escriba o fado deste país.

Manuel Arca Castro

BIBLIOGRAFÍA

Fleming, Victor (dir.) (1939): Foise co vento (Gone With The Wind). Atlanta: Loews Cineplex Entertainment.

Gaines, Jim (2014): One in four Americans want their state to secede from the U.S., but why? [en liña]. [Ref. do 22 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://blogs.reuters.com/jamesrgaines/2014/09/19/one-in-four-americans-want-their-state-to-secede-from-the-u-s-but-why/

Holt, Mytheos (2012): ‘There Is No Right to Secede’: See the Alleged Letter Where Justice Scalia Shoots Down Idea of Leaving the Union [en liña]. [Ref. do 22 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://www.theblaze.com/stories/2012/11/13/there-is-no-right-to-secede-see-the-letter-where-justice-scalia-shoots-down-idea-of-leaving-the-union/

Monge, Yolanda (2012): Ofensiva seccesionista en Tejas [en liña]. [Ref. do 22 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://internacional.elpais.com/internacional/2012/11/16/actualidad/1353098061_180369.html

Office Of The Historian (2016): Milestones (1861-1865) [en liña]. [Ref. do 22 de abril de 2016]. Dispoñible en: https://history.state.gov/milestones/1861-1865

Sorens, Jason (2012): Secesionism: Identity, interest and Strategy. Montreal: McGill-Queen’s University Press.

Sunstein, Cass R. (2015): Finding Humanity in Gone With The Wind [en liña]. [Ref. do 22 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://www.theatlantic.com/politics/archive/2015/07/gone-with-the-wind-confederacy/398663/

Advertisements

2 comentarios en “A desunión dos Estados Unidos

  1. ¡Hola Manuel! El tema de tu artículo es muy interesante, me llamó mucho la atención ya que no tenía ni idea de ese sentimiento separatista de los estadounidenses. Este movimiento, por lo que veo, no tiene tanta relevancia social y política como el caso de Cataluña y a mí, conociendo el respeto que le tienen a su bandera y a su nación, me resulta extraño imaginar un escenario en el que estados tan “americanos” como el de Texas, pidan la independencia. No sé muy bien cuáles pueden ser las razones por las que busquen esa ruptura con el país, pero la veo bastante lejana, al menos por el momento.

    Liked by 1 person

    • Bo día, Lorena:

      Moitas grazas polo teu comentario. 🙂 Como se pode ver na imaxe, este sentimento separatista é algo bastante común entre a cidadanía estadounidense. En realidade, os motivos que potencian ese afán independentista son variados, pero principalmente (como ocorre en toda este clase de movementos) baséanse na identidade e na desigualdade económica.

      Saúdos
      Manuel

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s