William Shakespeare, xenio dramaturgo (e poeta)

Dentro de 8 días, o 23 de abril, cúmprense 400 anos da morte do dramaturgo e poeta William Shakespeare, o autor máis importante da literatura británica e, xunto con Miguel de Cervantes, da Universal. Por iso, dende este blog quixemos facerlle unha pequena homenaxe lembrando a súa vida e a súa obra.

shakespeare.jpg

Shakespeare naceu en Stratfort-upon-Avon, un pequeno pobo ingcasa_natal.jpglés situado en Warwickshire, ó sur de Birmingham. Non se coñece a data do seu nacemento, pero por convención estableceuse o 23 de abril de 1564, o mesmo día en que morrería 52 anos despois. Shakespeare era o terceiro dos oito fillos de John Shakespeare, un comerciante que chegou a ser alcalde, e Mary Arden, que procedía dunha distinguida familia. Ademais, foi educado na fe da súa nai, a católica e súa familia sufriu persecucións debido a que a única relixión permitida naquela época era a anglicana. Na imaxe de arriba temos a casa natal de Shakespeare.

Ben Johnson, comediógrafo e amigo seu, afirmou esaxeradamente que “sabía pouco latín e menos grego”. Non obstante, Shakespeare estudou a lingua de Virxilio na Grammar School de Stratford, aínda que non era un alumno moi entusiasta. Ós 13 anos, as dificultades que atravesaba o seu pai, xa fose pola súa carreira política ou por problemas económicos, fixeron que tivese que abandonar os estudos e ser colocado como carniceiro nunha tenda.

Ós 18 anos casou con Anne Hathaway, una rapaza nove anos maior que el. Cinco meses despois da voda tivo unha filla dela, Susan, e, máis tarde, naceron Judith e Hamnet. Pero Shakespeare non permanecería moito tempo ó seu carón.

A súa actividade como dramaturgo comezou co seu traslado a Londres. A súa estadía na Capital británica comezaría en 1590 e remataría en 1613, ano en que deixou de escribir e se retirou á súa localidade natal, mentres invertía en bens inmobles a fortuna que xuntara.

Shakespeare escribiu numerosas obras de teatro e poemas. Da súa poesía destacan os seus 154 sonetos, ademais dos seus Venus e Adonis e A violación de Lucrecia. En canto ó teatro, a meirande parte das súas primeiras obras, 36 en total, foron publicadas poucos anos despois da súa morte nunha compilación coñecida como First Folio. Nel atópanse clasificadas en dramas, comedias e obras históricas. Entre estas obras destacan:

  • Hamlet. Esta obra de teatro conta unha historia de vinganza cun final tráxico caracterizada pola forza dramática de Shakespeare. Esta historia conta que o rei de Dinamarca, pai de Hamlet, foi asasinado polo seu irmán, Claudio. Este casou coa nai de Hamlet e converteuse en rei. A pantasma do pai de Hamlet aparecéuselle a este e contoulle que fora asasinado por Claudio. Hamlet, dubidando da súa palabra, organizou unha obra de teatro que evocaba a morte do seu pai. Ó ver que Claudio se retiraba da representación confirmou a verdade dos feitos e decidiu que debía vingalo. Esa vinganza remata coa morte de tódalas personaxes principais.

    Jean-Louis Trintignant
    French actor Jean-Louis Trintignant holding the skull of Yorik during a scene from the Shakespeare play ‘Hamlet’, Paris, circa 1959. (Photo by Keystone/Hulton Archive/Getty Images)
  • Romeo e Xulieta. Esta obra conta a famosa historia de amor imposible entre os adolescentes nomeados no título, fillos de familias rivais. Segundo a historia, Romeo coñece a Xulieta nun baile e namórase loucamente dela. Ela tamén se namora del, pero o pai de Xulieta quere casala. Ela acepta, pero toma unha droga para semellar morta e evita-la voda. Romeo debía ser avisado, pero non foi así e créndoa morta decide envelenarse despois de matar a Paris, o pretendente de Xulieta. Finalmente Xulieta, ó ver os dous cadáveres decide suicidarse.

    romeo-y-julieta

  • Otelo, o mouro de Venecia. Otelo era un almirante árabe que se namorou de Desdémona e casou con ela. Iago era subalterno de Otelo, que preferiu a Casio coma o seu lugartenente. Isto enfadou a Iago, que montou unha farsa na que parecía que Desdémona era infiel a Otelo con Casio. Esta farsa levou a Otelo a matar a Casio e a estrangular a Desdémona, a pesar dos seu xuramentos de fidelidade.

    Otelo-Alianza-Editorial

  • Macbeth. Esta obra ambiéntase na Escocia do século XI. Macbeth é un noble que destaca nas batallas. Este atópase con tres bruxas que lle dan unha predición que o sitúa como rei. Macbeth planea xunto coa súa muller o asasinato do rei, e convértese en rei. Pero a desconfianza leva ós Macbeth a asasinar a máis xente para conservar o poder. Outra predición dille que que teña coidado co cabaleiro Macduff e Macbeth ataca o seu castelo e asasina a súa familia. Finalmente, Lady Macbeth suicídase e Macduff mata a Macbeth como vinganza.

    macbeth-longseller.JPG

Outras das súas obras máis importantes son O soño dunha noite de verán, comedia na que participan tanto humanos como personaxes mitolóxicos, e Ricardo III, unha das súas 8 obras históricas.

As características que máis destacan de Shakespeare son a súa capacidade de síntese e o dominio absoluto da súa lingua. Tamén destacan a falta de xuízos de valor sobre as condutas dos personaxes, o que non era habitual naquela época. Non obstante, estes personaxes son pesonificadores das súas virtudes e defectos.

Para rematar, a súa obra foi amplamente representada e traducida a moitos idiomas. Tamén se fixeron numerosas películas baseadas nas súas obras e foi inspiración para óperas de moita importancia, coma o Macbeth de Verdi ou o Otelo de Rossini. As súas obras de teatro séguense representando en teatros de todo o mundo nas súas versións orixinais ou adaptadas á nosa época.

Evaristo Porto Pérez

Referencias bibliográficas (das que están tiradas as imaxes)

Parra, Rómulo (05/04/2016). “Hamlet, la obra maestra de William Shakespeare, resumen y comentarios”. About en español [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://libros.about.com/od/novedades/fr/Hamlet-La-Obra-Maestra-De-William-Shakespeare-Resumen-Y-Comentarios.htm

– (16/01/2016). “Macbeth, de William Shakespeare, resumen y comentarios”. About en español [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://libros.about.com/od/novedades/fl/Macbeth-de-William-Shakespeare-resumen-y-comentarios.htm

(05/04/2016). “Otelo, el moro de Venecia, de William Shakespeare, resumen y comentarios”. About en español [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://libros.about.com/od/literatura-universal/fl/Otelo-el-moro-de-Venecia-de-William-Shakespeare-resumen-y-comentarios.htm

(16/01/2016). “Romeo y Julieta, la popular obra de William Shakespeare, resumen y comentarios”. About en español [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://libros.about.com/od/No-ficcion/fr/Romeo-Y-Julieta-La-Popular-Obra-De-William-Shakespeare-Resumen-Y-Comentarios.htm

– (05/04/2016). “William Shakespeare, un resumen de su vida y obras más importantes”. About en español [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://libros.about.com/od/entrevistas/a/William-Shakespeare-Un-Resumen-De-Su-Vida-Y-Obra.htm

Ruiza, Miguel (dir.) (sen data). “William Shakespeare”. Bibliografías y vidas [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/s/shakespeare.htm

– (sen data). “William Shakespeare (monografía)”. Bibliografías y vidas [en liña]. [Ref. do 15 de abril de 2016]. Dispoñible en: http://www.biografiasyvidas.com/monografia/shakespeare/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s