O impacto da cultura estadounidense no resto do mundo

E3LOlFi
Fonte da imaxe: https://www.reddit.com/r/wallpapers/comments/35x5uw/uncle_sam_usa_wants_you_american_patriotism/?

Estados Unidos de América é un gran país, e non só no sentido xeográfico ou demográfico, senón tamén pola súa economía, pola súa laboriosidade, as súas investigacións, a súa tecnoloxía, e a súa cultura. É a partir da segunda metade da década dos 40 que se inicia un proceso de americanización do mundo. Os adiantos científicos dos últimos cincuenta anos contribuíron en grande medida a dito proceso. A aparición da informática na década dos 60 e a explosión do fenómeno de internet nos 90, todo iso procedente dos EUA, non fixeron máis que consolidar a imparable realidade da uniformización cultural americana.

Polo tanto, a sociedade actual é un reflexo do que o país norteamericano mostra ao resto do mundo. En fin, todo o mundo leva pantalóns vaqueiros, todo o mundo vibra ao son da música americana, todo o mundo bebe Coca-Cola e come en McDonalds. Moita xente toma café en Starbucks, ve cine americano e os seus mitos son as actrices e actores de Hollywood. Moitos emulan a maneira de ser dos americanos, as súas pautas de xestión empresarial, a filosofía do beneficio económico e da ambición persoal á americana.

Primeira potencia económica

14436984125586
Fonte da imaxe: http://www.elmundo.es/tecnologia/2015/10/01/560d179446163f1b688b457e.html

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, Estados Unidos consolidouse como líder mundial, posicionándose como a nación máis rica do mundo, economicamente robusta e número un en importacións e exportacións. Actualmente, as xigantescas empresas multinacionais (Microsoft e Intel, Google e Cisco, Exxon e Chevron)  inflúen decisivamente na configuración da vida cosmopolita da nosa contemporaneidade. É o consumo de Estados Unidos o que inflúe máis nas bolsas mundiais, e polo tanto incide directamente no benestar tanto dos inversores de cualquera país como dos seus pensionistas. Hai moitas bolsas no mundo, mais todas elas directamente influídas polos índices da de Nova York.

904091608-pizarra-informativa-new-york-stock-exchange-mercado-bursatil-wall-street-calle
Fonte da imaxe: http://tangodiario.com.ar/tag/new-york/page/2/

Gran parte do éxito do bo funcionamento dos Estados Unidos, son os departamentos, oficinas, axencias e institucións gubernamentais que ligados á tecnoloxía, innovación e eficiencia fan funcionar á nación.

A gastronomía americana

Un importante elemento cultural interpretado como fenómeno de americanización no mundo é a comida rápida, representada por compañías alimentarias como McDonalds, Burger King, KFC ou Domino’s Pizza. Pero E.U.A. non só exportou a comida rápida, tamén popularizou outro tipo de alimentos como os brownies, os donuts, o chicle, o algodón de azucre, as galletas con chispas de chocolate ou os refrescos (Coca-cola e Pepsi entre outros).

4275139_G
Fonte da imaxe: http://www.wrcbtv.com/story/26080976/china-meat-scandal-hits-starbucks-burger-king

 

Estados Unidos e os medios de comunicación

hollywood.jpg
Fonte da imaxe: http://www.noticiacristiana.com/misiones/evangelismo/2015/04/actores-luchan-por-ser-embajadores-de-cristo-en-hollywood.html

Por medio do cine e da música primeiro, e agora por internet e a expansión da tecnoloxía dixital e electrónica, Estados Unidos espallou a súa cultura polo resto do mundo. Os espectáculos estadounidenses son transmitidos por canles nacionais o por redes internacionais como HBO Asia, CNBC Europe, Fox Channel e CNN Internacional, sen mencionar as producións de Hollywood que alcanzan a todo o mundo, chegando a desplazar ás producións locais. Como principais estudios cinematográficos pódense mencionar os siguientes: 20th Century Fox, Columbia Pictures, DreamWorks, Paramount Pictures, Universal Pictures, Walt Disney Pictures, Warner Brothers e Metro Golden Mayer.

20thcentury_dreamworks_mgm_sony
Fonte da imaxe: http://bonchoixcouture.com/clients.php

A linguaxe presente en expresións e palabras popularizadas a través da música y das películas son vistas como elementos de americanización. Nos países hispanoamericanos, e en moitas outras culturas do mundo, a expresión “okay” é unha delas.

OKAYUSA
Fonte da imaxe: http://www.svtperformance.com/forums/showthread.php?1071905-My-12-GT500-on-Forgeline-SC1-Monoblocks

A maneira de vestir influenciada polos mundialmente famosos artistas estadounidenses logran afectar á forma de vestir da xuventude dos diferentes continentes.

blonde-eua-fashion-girl-usa-Favim.com-59588_large
Fonte da imaxe: http://skinny-bags.com/?p=787

En eventos deportivos é un dos países máis destacados a nivel internacional polos seus triunfos e logros, como por exemplo, nos xogos olímpicos cun total de 2551 medallas ata o ano 2015, cantidade que aínda non foi superada por ningún país. A nivel nacional contan con competicións de gran atractivo mundial, como a NBA, MLB (Grandes Ligas de Béisbol) e a Super Bowl. Cabe destacar que o baloncesto, o béisbol e o voleibol foron inventados en Estados Unidos.

NBA-Logo-Vector-PNG1
Fonte da imaxe: https://zao.is/creating/nba/

Ademais de todo iso, tamén existen festividades, como o Halloween, popularizadas por Estados Unidos e que hoxe en día se celebran en casi todo o mundo.

halloween-banner
Fonte da imaxe: http://www.proyectosalonhogar.com/hallowen/indice.htm

 

ptg00114136
Fonte da imaxe: http://m.inmagine.com/image-ptg00114136-World-map-and-American-flag-in-perfect-fusion.html

Para rematar, deixovos cunha pregunta sobre este asunto, e que parte da sociedade se leva facendo durante os últimos anos: pensades que este proceso de “americanización” anula en certa maneira ás demais culturas? Gustaríame que compartisedes a vosa opinión ao respecto, e sobre todo, espero que vos gustase a entrada.

 

Fernanda Claro Morales.

 

Bibliografía:

Importancia de Estados Unidos como potencia en el mundo (2011) [Dispoñible en http://importanciadeestadosunidos.blogspot.com.es/].

Globalización o americanización (2012) [Dispoñible en http://www.olentzero.net/idazlana/?id=191&hizkuntza=es].

 

Advertisements

2 comentarios en “O impacto da cultura estadounidense no resto do mundo

  1. Me parece un análisis muy interesante de cómo su cultura influye en nuestro día a día, muchas veces, sin ni siquiera enterarnos. Estamos influenciados desde cosas tan básicas como las alimentación hasta aspectos más relativos como puede ser la moda. Pienso que estamos rodeados de trazos de la cultura estadounidense y estamos tan acostumbrados a ellos que ya los asumimos como propios.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s