A bebida dos insaciables

Se pensamos en Irlanda o primeiro que se nos ven á cabeza é o whiskey, mais quizáis moitos de nós pensemos antes na cervexa. E é que Irlanda destaca polas súas cervexas aínda que igual non as coñecedes todas. Iso ten fácil solución e nesta entrada do blog quero presentarvos os tipos de cervexa irlandesa máis famosos e unha breve descripción de cada un.

Comezamos pola GUINNESS, mundialmente coñecida:

Posiblemente sexa a cervexa irlandesa máis famosa do mundo. A Guinness é unha stout seca coñecida pola súa cor negra e a súa espuma espesa e cremosa. Mentres que parece de cor negra, en realidade é de cor carmesí profundo. Este tono débese a que a malta que leva é máis tostada que a que contén a cervexa loira. Os bebedores adoitan comparar o seu sabor co do café ou co do chocolate amargo. Está composta, na súa maioría, de cebada tostada, lúpulos e levadura de cervexa.

guiness-beer630

MURPHY´S

A stout irlandesa Murphy’s, ademais de ser unha stout seca, é a alternativa máis suave e doce da cervexa Guinness. A súa espuma é extremadamente cremosa, mais o seu sabor é distinto ao da Guinness e ao das otras stouts. Os bebedores opinan que ten un sabor similar ao caramelo.

É, xunto coa Guinness a máis fácil de encontrar no extranxeiro, aínda que en Irlanda encóntrase sobre todo en Cork. O orgullo dos habitantes desta cidade é esta marca, que substitúe á Guinness na maioría de pubs da rexión e faise difícil de encontrar fóra de alí. Segundo se di, a illa divídese entre os que beben Murphy’s e os que beben Guinness, aínda que sexan moi semellantes.

O´HARA´S

Ten a súa orixe en Carlow, unha pequena localidade do surleste da illa, e é unha cervexa moi nova cuxa produción comezou en 1996. Descríbese como unha cervexa de cor negra profunda, máis oscura que as outras stouts, cunha tonalidade carmesí cando se mira en contra da luz. É amarga coma o café e ten un sabor forte a cebada pero ten, á súa vez, un pouco de sabor doce coma a sirope de caramelo.

É unha marca de cervexa artesanal moi dificil de atopar de barril, pero típica en formato de botella. Non é demasiado cara e conta con varios tipos de alta fermentación entre os que se encontra loira, negra estilo irlandés e, por suposto, as vermellas Red Ale e Irish Pale Ale.

HARP

A Harp é unha lager clara, un dos tipos de cervexa máis populares do mundo. Como todas as lagers, a Harp ten unha levadura de acción lenta e unha fermentación en frío e ten un sabor seco con textura gaseosa. Considérase unha bebida excelente para aqueles que non teñen bebido cervexa con anterioridade, debido ao seu acabado suave e non moi amargo,ademais é refrescante e lixeira. Os seus grifos atópanse en moitos pubs e tamén está presente en moitas tendas, especialmente canto máis nos acheguemos a Dundalk, que é onde está fabricada.

KILKENNY

Kilkenny é unha ale irlandesa cremosa que, polo xeral, ten unha cor avermellada máis oscura que a dunha lager. Como as stouts, as ales cremosas ou avermelladas teñen como ingredinte principal a cebada tostada, pero en menor cantidade. Coñécese, ao igual que a Guinness, pola súa espuma cremosa e espesa.

Aínda que fóra da zona suroeste non é fácil vela de grifo, é moi fácil atopala de lata ou botella en supermercados e tiendas ‘Off License’ (as tiendas nas que se permite a venta de bebidas alcólicas).

SMITHWICK’S

Smithwick’s é unha ale vermella irlandesa cunha fermosa cor cobre (grazas á cebada tostada) e malteada. O sabor é algo doce, cun toque de melaza e caramelo. Ten un acabado leve e non é moi amarga.

Esta cervexa vermella, do tipo Red Ale ou Irish Red Ale, ten máis de 300 anos e proven da rexión de Killkeny. Desde finais do século XIX, a marca foi adquirindo importancia hasta que Guinness adquiriu os seus dereitos de produción. Aínda así, a cervexa actual non ten nada que ver coa famosa ‘negra’ e pódese encontrar de grifo na gran maioría de pubs do país.

BEAMISH

É outra stout moi popular, fabricada por Beamish e Crawford. Ten unha cor similar ao negro cunha espuma espesa de cor habano. Ten un sabor similar ao café cun toque de regaliz.

GALWAY HOOKER
É unha
cervexa relativamente nova, patrimonio da rexión de Galway. Trátase dunha pequena empresa que está empezando a acadar éxito nesa zona e que comeza a ter grifos na maioría de pubs da cidade. Fabrica tres tipos, aínda que habitualmente só se encontran grifos de loira.

HILDEN
É un tipo de cervexa artesanal de Irlanda do Norte. Fabricada por unha empresa de Belfast chamada Hilden Brewing and Co.
Aínda que non é habitual encontrala fóra do norte, está presente en moitas tendas ‘Off License’, e é unha delicia moi lixeira para os amantes da cervexa loira.

2vQBaX7jfy7QbR7lhMGE4IX--aE

Déixovos tamén cinco pubs irlandeses que podedes visitar se ides alí e nos que poderedes degustar estas excelentes cervexas:

The Crown Bar, Belfast

Crosskeys Inn, Condado de Antrim

The Palace Bar, Dublín

John Benny´s, Condado de Kerry

Locke Bar, Condado de Limerick

Por último, quería compartirvos unha canción chamada Beer, beer, beer e tamén coñecida como Irish Drinking Song que está adicada a Charlie Mopps, o inventor da cervexa. Atopeina por casualidade e dende entón non podo parar de tararear!

Irish Drinking Beer

Letra canción: http://www.celtic-lyrics.com/lyrics/46.html

E xa sabedes, se hai algunha destas cervexas que xa probárades deixade a vosa opinión nos comentarios, ao igual que se notades algunha en falta!

Espe Lago

BIBLIOGRAFÍA

Gayot (2012): «Top 10 Irish beers», Fox News [en liña]. [Ref. do 04 de abril do 2016]. Dispoñible en: http://www.foxnews.com/leisure/2012/03/12/top-10-irish-beers/

Legados líquidos: 6 bebidas irlandesas y sus historias (s.a) [en liña]. [Ref. do 04 de abril do 2016]. Dispoñible en: http://www.ireland.com/es-es/articulos/seis-legados-liquidos/

Page, Kara (s.a): Listado de cervezas irlandesas [en liña]. [Ref. do 04 de abril do 2016]. Dispoñible en: http://www.ehowenespanol.com/listado-cervezas-irlandesas-lista_133439/#page=0

Pérez, Iru (2015): 7 cervezas irlandesas más allá de la Guinness [en liña]. [Ref. do 04 de abril do 2016]. Dispoñible en: http://www.boardingpost.com/2015/04/cervezas-irlandesas-guinness.html

Zumalacárregui, Verónica (2013): «La cerveza de Irlanda», El País [en liña]. [Ref. do 04 de abril do 2016]. Dispoñible en: http://elviajero.elpais.com/elviajero/2013/03/14/actualidad/1363288810_454994.html

Imaxe: http://www.motherjones.com/mojo/2014/03/heineken-sam-adams-guinness-st-patricks-day-parade-pull-sponsorships-lgbt-ban

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=f5zXMokthgE

Letra canción: http://www.celtic-lyrics.com/lyrics/46.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s