Os 10 inventos británicos que cambiaron o mundo

En Gran Bretaña sempre houbo grandes científicos e inventores. Destacan, por exemplo, Alexander Fleming, Isaac Newton… Pero hai outros inventores que, malia non marcar un antes e un despois na medicina (como foi o caso de Fleming co desenvolvemento da penicilina), son responsables de inventos que foron (e en moitos casos seguen sendo) imprescindibles para o noso día a día.

Hoxe falaremos dalgúns destes inventos tan importantes que saíron de Gran  Bretaña.

1-. A máquina de coser

Este utensilio foi inventado e patentado por Thomas Saint no 1790. A máquina orixinal tiña a mesma estrutura que teñen aínda hoxe en día as máquinas de coser: unha base sobre a que se apoia, mecanismos para arrastra-la tea e mecanismos para move-la agulla, o que permite coser de maneira automatizada.

2-. Os termos  

Os termos foron inventados por James Dewar. Este químico e físico escocés estudiaba a crioloxía (estudo das temperaturas moi baixas) utilizando dous frascos, un dentro do outro. Así, en 1892, creou o vaso Dewar, o que podemos describir como un recipiente de vidro de paredes prateadas dobres, entre as que se fixo vacío.

No laboratorio, este invento permite conservar  sen necesidade de refrixeración nitróxeno e osíxeno líquido e helio. No ámbito doméstico, a súa utilidade é a que coñecemos todos: manter a temperatura dos alimentos, ben sexa mantelos quentes ou mantelos fríos.

3-. Os freos de disco

Frederick William Lanchester creou en 1899 Lanchester Motor Company co propósito de vender coches ó público. En 1902, patentou o que logo derivaría no noso freo de disco: un sistema de freos que unía o embrague e os freos.

Ó principio este sistema non tivo moito éxito, xa que facía moito ruído. Foi por iso que,  en 1907 Herbert Frood forrou as pastillas con asbesto pero, aínda que solucionou o problema do ruído, estes freos non se volveron estándar en Europa ata moitos anos despois.

4-. Barras de chocolate

O responsable da invención das barras de chocolate (que seguramente sexan para moitos o mellor invento de toda esta lista) foi Joseph Fry, empresario chocolateiro e dono dunha das primeiras chocolatarías inglesas.

Este famoso chocolateiro comezou no negocio en 1759, pero habería que esperar ata 1847 para que os seus netos inventaran as famosas barras de chocolate na súa fábrica de Bristol. A súa empresa chocolateira fusionouse en 1919 coa coñecidísima Cadbury.

5-. As postais de Nadal

Estas postais tan tradicionais teñen a súa orixe en 1843. Henry Cole encargoulle ó ilustrador John Calcott Horsley as primeiras tarxetas para felicitar o Nadal. Cole vendeu cada tarxeta impresa por un xilin, o que supuxo a creación masiva destas tarxetas para felicitar o Nadal.

6-. O teléfono

A diferenza dos demais inventos que estamos a ver, o inventor do teléfono si que é mundialmente coñecido. Neste caso é recomendable empregar o termo dono da patente, no lugar de inventor.  Malia que o escocés Alexander Graham Bell conseguiu en 1876 a primeira patente deste invento, esta autoría foi e segue a ser moi discutida. A razón é que aló polo ano 1857, o italiano Antonio Meucci construíu un teléfono para conectar  a súa oficina co seu dormitorio, pero non tiña os cartos necesarios para patentar o seu invento. Posteriormente,  Graham Bell colleu este invento e, tras facerlle unhas pequenas modificacións, solicitou a súa patente.

7-. O ordenador

Outro dos inventos imprescindibles para nós. Neste apartado temos que falar de Charles Babbage, considerado por moitos como o “Pai da computación”. Babbage foi o creador da “Computación analítica” e, malia que nunca o puxo en práctica, os seus estudos describían unha máquina que podería realizar  de maneira automática operacións aritméticas. Foi nos anos 40 cando esta máquina de calcular foi real, pero a súa estrutura e o seu funcionamento seguían completamente os estudos de Charles Babbage. Na imaxe da dereita vemos a primeira computadora, q inventada por Babbage.

8-. Internet

Moi ligado ó invento anterior está Internet, definido no Dicionario da Real Academia Galega como “Rede informática mundial constituída por un conxunto de redes conectadas”. O científico británico Tim Berners-Lee está considerado o “Pai da Web”. En novembro de 1989 estableceu a primeira comunicación entre un cliente e un servidor.

9-. As trampas para ratos

Se volvemos ós inventos ós que ninguén lles dá importancia atopamos esta trampa. Todo o mundo sabe o que é e en que consiste, pero ninguén coñece a súa procedencia. Pois ben, este obxecto foi inventado por James Henry Atkinson, que en 1898 presentou a patente. O mecanismo é o mesmo que o de hoxe en día: o rato ponse na trampa, es esta acciónase, atrapando o animal.

10-. O interruptor da luz

Malia que xa había outros dispositivos similares, foi en 1884 cando John Henry Holmes creou o primeiro interruptor seguro. Os dispositivos anteriores ás veces causaban pequenas descargas eléctricas e incluso danaban o mecanismo, o que reducía a efectividade e o tempo de vida útil. Todas estas melloras ocasionaron que aínda hoxe en día este dispositivo continúe na maioría dos interruptores da luz.

Es estes son os 10 inventos británicos que cambiaron o mundo. Hai moitos máis, pero sen dúbida algunha, estes merecían esta mención. Espero que vos gustase.

Laura López Riveira

Fontes:

¿Quién inventó la máquina de coser?

10 inventos británicos que cambiaron el mundo

/http://www.biografiasyvidas.com/biografia/d/dewar.htm

https://es.wikipedia.org/wiki/Vaso_Dewar

http://www.ehowenespanol.com/historia-frenos-auto-sobre_88034/

https://es.wikipedia.org/wiki/Joseph_Storrs_Fry

https://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Babbage

https://es.wikipedia.org/wiki/Tel%C3%A9fono#Historia

https://es.wikipedia.org/wiki/Tim_Berners-Lee

Advertisements

2 comentarios en “Os 10 inventos británicos que cambiaron o mundo

  1. Boas tardes Laura.

    Gustoume moito a túa entrada e pareceume que aportaba datos moi interesantes que descoñecen a maioría das persoas. Tamén quero engadir que estou de acordo contigo en que o mellor invento desta lista é o das barras de chocolate.

    Un saúdo,
    Marta

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s