A Seguridade do Presidente dos Estados Unidos

President Obama Visits Berlin

Un Cadillac One que ten á dereita unha bandeira dos Estados Unidos, a quen pode pertencer? A resposta paréceme bastante doada, o Presidente. Pero precisamente o tema do que vos penso falar non é doado nin moito menos. Para que vos fagades unha idea de por onde van os tiros (nunca mellor dito, xa veredes o porqué), teremos que comezar por un dos episodios máis duros dos Estados Unidos.

O 22 de novembro de 1963, na Plaza Dealey producíronse unha serie de disparos con destino a un Lincoln SS-100-K. Estes datos pode que non vos aporten moito, pero se digo que a Plaza Dealey está situada en Texas? Máis concretamente en Dallas? Pode que algún dos lectores xa saiba o que aconteceu nese lugar… O seguinte video resolve toda dúbida do que ocorreu alí, pero ollo!, non é unha secuencia apta para todo o mundo e menos para a xente co estómago sensible…

John Fitzgerald Kennedy foi asasinado por Lee Harvey Oswald (as conspiracións quedan para outro día) cun rifle francotirador dende o edificio no que traballaba o anteriormente nomeado Oswald. O presidente Kennedy estaba ese día completamente exposto, xa que no seu coche oficial dispoñía de dúas plataformas para que dous axentes do servizo secreto se colocaran dificultando a posibilidade dun ataque á súa persoa. Facendo unha serie de comparacións, comprobaremos en qué medidas mellorou a seguridade do presidente.

O coche oficial

_52946281_obama_car_624

O actual Cadillac dista moito do Lilcoln en canto a nivel de seguridade, de feito un dos seus alcumes coñecidos é “The Beast”. Ó contrario que o coche de JFK, o actual modelo está totalmente blindado (durante un desfile, o presidente non escoita ningunha voz que proveña do exterior) e soamente o conductor ten posibilidade de abrir a fiestra (só abre uns centímetros) para poder falar cos axentes do servizo secreto ou pagar algunha peaxe. Estas fiestras tamén teñen outra característica distintiva, e é que teñen cristais antibalas suficientemente anchas como para evitar disparos de calquera calibre. A parte inferior do vehículo actualmente presenta unha placa de aceiro que protexe ó presidente de posibles bombas ou granadas.

E podería seguir nomeando elementos sorprendentes que se poden atopar neste vehículo (armas, sangue para unha posible transfusión ó presidente, cámaras de visión nocturna…) pero hai moitos detalles que, obviamente pola seguridade do presidente, non son coñecidos. Para rematar este apartado, só quero comentar que as portas deste coche ó ser blindadas teñen un peso similar ás portas dun avión. Un avión…

Air Force One

air_force_one6_960É posiblemente un dos elementos máis coñecidos dentro dos medios de transporte utilizados pola presidencia. Aínda que sexa chamado Air Force “One”, en realidade hai dous Boeing 747 esperando polas ordes procedentes da Casa Blanca que indiquen o seu desplazamento. Neste aeroplano, o presidente conta cun dormitorio, un ximnasio, un baño e un despacho propio. Todo esto sitúase no nivel intermedio, onde tamén te podes atopar a cociña, a enfermería e a zona de pasaxeiros. Esta última zona está habilitada para periodistas, que teñen os seus propios teléfonos e ordenadores para poder informar do que ocorre dentro do avión. O nivel inferior conta cunha zona de carga e refrixeradores con capacidade para 2000 comidas aproximadamente. Por outra parte, existe pouca información do nivel superior xa que ademáis da cabina dos pilotos, atópase alí todo o referente a seguridade e sistemas electrónicos do avión.

Un dos datos máis interesantes que existen do Air Force One é que (en teoría) pode voltar en invisible. Sí, invisible, pois posúe un novedoso e sofisticado sistema que interfire nos radares enemigos. Todo gran sistema electrónico necesita dun elemento clave para que funcione, cables. No avión presidencial hai arredor de 380 kilómetros de cable, máis do doble do habitual nesta clase de jumbos. Tamén hai que mencionar que estes cables están recubertos por unha capa especial para evitar unha alteración magnética no caso dun desastre nuclear. O factor humano tamén conta na seguridade, e tanto os pilotos coma o persoal pasan un estricto filtro para poder pertencer a este despacho/cociña/ximnasio/sala de prensa con alas. Non esquezamos un dos roles máis importantes na seguridade do avión e do que hai que falar a continuación.

O Servizo Secreto

servicio-secreto

Poucos datos poden aportarse deste comando que traballa na seguridade do presidente xa que como o seu propio nome indica, é secreto. Aproximadamente 6000 persoas traballan para asegurar á xente que traballa na Casa Blanca aínda que non todas traballan “de campo”. Só 3200 son axentes do servizo que participan nas actividades do presidente, mentres que aproximadamente 1700 son técnicos ou administrativos que regulan este departamento e os restantes participan na seguridade dos principales edificios políticos. Facendo unha pequena ollada á época de JFK, atopámos que nesa época o número de axentes do servizo era aproximadamente duns trinta homes, trinta só! Hoxe en día esa é a cantidade que vemos arredor do presidente en actos multitudinarios. Imaxinade canta xente pode que se movilice cada vez que Barack Obama vai facer un acto. Francotiradores, axentes encubertos, axentes a pé que vaian con él… E hai que ter en conta a preparación que necesitan, xa que cada mes aproximadamente teñen que realizar unha serie de probas para poder seguir no corpo especial.

 

Espero que vos parecera interesante e que disfrutarades lendo esta entrada.

 

Alberto Astray Loureda

Advertisements

Un comentario en “A Seguridade do Presidente dos Estados Unidos

  1. Pareceume un tema moi interesante e que esta moi ben explicado. En xeral, a xente nunca se para a pensar nisto e non pensas que sexa tan complexo, pero despois de ler isto cambias a túa opinión completamente. Parabéns.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s