A que non sabiades estes datos de Nova Zelandia?

Nesta entrada do blog tentarei acercarvos unhas curiosidades que me chamaron a atención sobre Nova Zelandia. Sen máis preámbulos, vou comezar coa exposición:

  1. Nova Zelandia foi o primeiro país en conceder o dereito a voto ás mulleres (1893). Este é un feito histórico que reflicte o espírito innovador do pobo neozelandés. Levántense e aplaudan.
  2. Os neozelandeses son os que contraen matrimonio máis tarde; 29 anos no caso dos homes e 28 no caso das mulleres. Nunca é tarde para estragar unha relación, verdade?discusion
  3. A industria produce 100 Kg de manteiga e 65 Kg de queixo por persoa e ano. Tanta vaca e cabra solta…
  4. Nova Zelandia é o país que ten máis medallas olímpicas de ouro por habitante. Campións en esforzo.perezoso-copia
  5. Segundo o número de deportistas federados, o golf é o deporte máis popular. Canto terreo desaproveitado! Co ben que quedarían uns bloques de vivendas…
  6. O Kea (un papagaio de Nova Zelandia) é un paxaro que ten unha curiosa afección; comen as gomas dos parabrisas. Para mostra, un botón; estes bichos non respectan nada.

https://www.youtube.com/watch?v=fBdvRCkCNfo

  1. Ningún punto de Nova Zelandia dista máis de 128 Km ata o mar. Poderemos queimarnos co sol nas praias sempre que queiramos.quemadura_solar-10
  2. O topónimo en uso con máis letras atópase en Nova Zelandia. A ver se o dicides correctamente:

Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukaka-pikimaungahoronukupokaiwenuakitanatahu.

É un monte en Porangahau e a tradución sería aproximadamente así: “O lugar onde Tamatea, o home dos grandes xeonllos que era coñecido como o Cometerra, esbarrou, escalou e enguliu montañas e tocou a frauta para a súa namorada”. O típico nome de monte.

  1. O primeiro home que escalou o Everest (Sir Edmund Hillary) era neozelandés. Un pioneiro que os tiña ben postos. Ascendeu sen osíxeno e sen axuda de sherpas.
  2. Só un 5% da poboación de Nova Zelandia son persoas; o resto son animais. Se as persoas non somos animais, que somos? Pedras ou árbores?
  3. Non hai serpes. Ningunha víbora da que preocuparse sempre son boas novas.esperanza-aguirre-efe_750x563
  4. Wellington é a capital de estado máis meridional do mundo. Meridional significa que está no Sur. Xa non hai que buscar no dicionario.
  5. Nova Zelandia é a nación menos corrupta xunto con Dinamarca. Non se pode dicir máis que… Teño envexa! E seguro que non son o único que o pensa.
  6. En Nova Zelandia hai máis bandas de gaiteiros escoceses ca en ningures. Haberá tamén bo whisky?jardinero-willie
  7. Blue Lake, no parque nacional Nelson Lakes, posúe a auga máis cristalina. Aquí deixo unha ligazón para que vexades esta marabilla: http://www.niwa.co.nz/news/nelson%E2%80%99s-blue-lake-%E2%80%93-the-clearest-freshwater-ever-reported
  8. Nova Zelandia ten máis librarías por persoa ca ningún outro país (1 por cada 7500 habitantes). Cantos deses libros serán de Harry Potter?
  9. Nova Zelandia ten tres linguas oficiais; o inglés, o maorí e a lingua de signos de Nova Zelandia.
  10. En 2008 TripAdvisor nomeou a Milford Sound como o mellor destino turístico. Fermoso. milford
  11. Harold Delf Gillies (1882-1960), considerado o pai da cirurxía estética, era neozelandés. Cantas caras famosas e escotes son o que son grazas a este home!?                               despues
  12. O nome maorí de Nova Zelandia, Aoetaroa, significa a terra da gran nube branca.
  13. E para rematar, atopamos que o símbolo das forzas aéreas de Nova Zelandia é un kiwi; un paxaro que non voa! Teño que dicir algo máis?kiwi_fza_aerea

Espero que vos gustara esta listaxe de datos e que ninguén se sinta ofendido polo meu sentido do humor (ou a carencia del). Saúdos a tódalas persoas que fagan o esforzo de ler esta entrada e grazas pola vosa atención.

A información recollida nesta entrada está dispoñible noutras páxinas de internet, que podedes consultar para ampliar coñecementos e comprobar a veracidade do aquí presentado.

http://www.nzherald.co.nz/nz/news/article.cfm?c_id=1&objectid=10366974

http://www.buzzfeed.com/jemimaskelley/things-you-did-not-know-about-new-zealand#.lf86Oyy1P

Rafael Peña Fernández.

n

Advertisements

6 comentarios en “A que non sabiades estes datos de Nova Zelandia?

  1. Boas tardes, Rafa. Gustoume moito a entrada e os comentarios repletos de sarcasmo, polo que quería felicitarte. Tamén quería recomendar unha película, se é que non o viches aínda, sobre unha expedición ó Everest (a película ten este nome calcado).
    Un saúdo!

    Anthony.

    Gústame

    • Boas!
      Xa sabía que te ía gustar a miña maldade e alégrome de que disfrutaras lendo a miña obra magna. Trataba de darlle un puntiño diferente ó blog para que non fose todo tan serio. A verdade que non sei se fixen ben, pero feito está.
      Xa lle botarei unha ollada ó filme.
      Saúdos.
      Rafa

      Gústame

  2. Boas Rafa,
    Parecéronme moi interesantes eses datiños que demostran que aínda que Nova Zelandia é un país pequeno e “recente”, os seus habitantes si que aproveitaron ben o tempo. E os comentarios, como ben dixo Anthony alégranlle o día a calquera. Parabéns compañeiro de país!

    Saúdos,
    Leticia

    Gústame

  3. Ola Rafa, quería felicitarte por tan simpática entrada. A verdade é que me parecereron súper interesantes estes datos sobre Nova Zelandia, e estou segura que a partir de agora moita xente verá a este país dunha maneira máis positiva e importante, xa que moitas persoas creo que non saben nin onde se atopa jaja. Grazas por sacarnos a todos uns pequenos sorrisos.
    Un saúdo e parabéns de novo.
    Antía Vázquez Camino.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s