Razóns polas que moitos escoceses votaron “si” a independencia.

escociaindependencia

O referéndum do xoves 18 de setembro de 2014 sobre a independencia escocesa puido provocar a fin do Reino Unido, un estado soberano de 307 anos formado por Inglaterra, Escocia, Irlanda do Norte e Gales. Foi convocado a raíz dun acordo entre os gobernos de Escocia e do Reino Unido, polo que se estableceron as bases para un un referéndum sobre a independencia europea. A decisión foi aprobada polo Parlamento de Escocia en novembro de 2013. A pregunta do referéndum, seguindo as recomendacións da Comisión Electoral do Reino Unido, foi: “debería Escocia se un país independiente? Si ou Non”. Para aprobarse a proposta da independencia, os resultados requerían unha maioría simple. Con algunhas excepcións, todos os cidadáns da Unión Europea ou da Mancomunidade de Nacións residentes en Escocia maiores de 16 anos podían votar, un total aproximado de 4,3 millones de persoas. Os escoceses non residentes en Escocia non tiñan dereito a voto.

O resultado foi o seguinte: un 55,3% dos escoceses dixeron non á secesión no referéndum fronte a un 44,7% que que optou polo si. A diferencia foi máis ampla do que apuntaban os sondeos. As zonas máis prósperas votaron a favor de seguir no Reino Unido.

1411101271_539210_1411119267_portadilla_normal

Estas poden ser as razóns polas que os escoceses votaron “si”.

  1. Queren un Goberno laborista e librarse así do Partido ConservadorOs votantes escoceses sempre se inclinaron pola esquerda e o Partido Laborista normalmente consigue a maioría dos votos. Os conservadores de centro-dereita, sen embargo, non teñen tanto éxito. En cambio, Inglaterra tende a votar ó Partido Conservador, que adoita estar no poder. A pesar de votar masivamente polos laboristas, Escocia a menudo vese gobernada polos conservadores. Se Escocia lograra a independencia, á fin tería un Goberno da súa elección, tal e como reivindican.
  2. Consideran a autonomía coma un símbolo de orgullo nacional.

    A idea de que os escoceses poidan modelar o seu propio destino, tanto no referéndum como despois, resulta emocionante.

    En 1999 Escocia creou o seu primero Parlamento, dando á nación un grado de autonomía en materias que iban dende a educación ata a saúde. Sen embargo, isto so fixo aumentar os desexos nacionalistas de controlar cada aspecto do goberno da nación.

    Votando ó “non”, os escoceses deixaron pasar a oportunidade de conseguir a independencia, e é probable que non volvan a ter a ocasión ata dentro de varias xeracións.

  3. Creen que coa autonomía poderían mellorar a súa economía.O sector favorable á independencia argumentan que unha Escocia autónoma xestionaría mellor a súa economía, especialmente os impostos e as reservas petroleiras da costa escocesa. Tamén hai unha oposición xeralizada ó uso de armas nucleares e a campaña polo “si” prometera suprimir por completo as armas da nación.Os sondeos tamén suxiren que a maioría dos escoceses queren seguir formando parte da Unión Europea. Aínda que o Reino Unido se vaia da UE nos próximos anos, unha Escocia independente podería votar por manterse como membro desta. 
  4. Tiveron un director de campaña excelente.Alex Salmond, Ministro Principal de Escocia e líder da campaña do “si” demostrou ser un político eficaz, reunindo ós escoceses (especialmente ós/ás mozos/as) a favor do “si”. Nun sondeo realizado en agosto dese mesmo ano, no que participaron 505 votantes, Salmond saíu como claro vencedor co 71% dos votos, fronte ó 29% que apoiaron ó seu contrincante pola campaña do “non”, Alistair Darling.

bandera-del-reino-unido-escocia

Se o 18 de setembro de 2014 a independencia fose aprobada, esta proclamaríase formalmente o 24 de marzo de 2016, momento no que Escocia pasaría a ser un novo país soberano.

Enlaces de interese: – Que pasa tras coñeccer o resultado do referéndum?  http://www.lanacion.com.ar/1788736-escocia-vuelve-a-ganar-poder-y-reflota-el-sueno-de-la-independencia

http://www.huffingtonpost.es/2014/09/17/escoceses-votan-independencia_n_5834576.html 

http://elpais.com/tag/c/14b188e031ca9a927c047a2dc8d0764e/

Eva Fernández Pérez

2 comentarios en “Razóns polas que moitos escoceses votaron “si” a independencia.

  1. Boas!
    O artigo pareceume interesante, pero atopei un par de castelanismos e algún erro extra de tipo ortotipográfico. Sinto actuar de troll, pero se eu me decatei, a profesora seguro que tamén. Podes reclamar a túa vinganza arrasando coa miña entrada do blog. xD
    Rafa Peña.

    Gústame

  2. Ola Eva. Neste artigo tan interesante sobre o referendo en Escocia eu persoalmente non deixo de ver similitudes coa situación en España e a posible independencia de Cataluña. Como ti ben indicas, neste caso a independencia de Escocia non se chegou a producir malia que esta puidese supoñer certos avances no plano social para os escoceses. Non obstante, de se teren independizado, esta situación de seguro que habería de servir de modelo para o caso da actual comunidade catalá. Sexa como for e alén do resultado do referendo, coido que o neste caso os habitantes do Reino Unido, ó contrario ca nós, foron xustos ó respectarlle ó pobo escocés a súa vontade de decidir sobre o seu porvir mediante a convocatoria do referendo. Os meus parabéns polo artigo. Un saúdo.
    Iván García Fuentes

    Gústame

Deixar un comentario