Cultura gastronómica de Nova Zelandia

A gastronomía neozelandesa é relativamente nova, debido a que hai uns 30 anos no país non se cociñaba con moitas opcións, as comidas eran elaboracións sencillas como a carne con tres vexetais ou o típico fish and chips (peixe e patacas frixidas). Hoxe en día está considerada como unha das mellores, caracterizda por ter elementos de boa calidade e frescos, xa que pola súa dispósición xeográfica teñen acceso tanto á carne coma ó pescado e marisco, e tamén pola súa diversidade cultural, con influencia sobre todo de Europa, Asia, Polinesia e por suposto dos maoríes.

Os neozelandeses prefiren a carne aínda que teñen bó pescado, menos os maoríes que a miúdo inclúen este último nas súas comidas.

O día a día dos neozelandesesdesayuno

O típico almorzo en Nova Zelandia son cereais e tostas xunto cunha cunca de té, café, zume ou leite, aínda que se teñen tempo prefiren algo máis copioso e quente que consiste en ovos revoltos, touciño, tomates cocidos, champións, patacas molidas e fritas (hash browns) e un tipo de fabas (baked beans).

Steak-Cheese-Mushroom-Pot-Pies.1Para a comida o normal é algo máis sinxelo e lixeiro xa que para os neozelandeses a comida máis importante é a cea. O común á hora de comer é tomar un sándwich, unha hot pie (imaxe) ou tamén unha ensalada, e os fines de semana pode ser algo máis grande, con carne e vexetais asados ó forno (roast).

A cea é a comida máis importante do día en Nova Zelandia e normalmente consta de carne con vexetais cocidos e patacas, aínda que tamén se pode atopar comida china, pizzas, hamburguesas ou polo frixido, ademáis do tradicional peixe con patacas frixidas envolto en papel de periódico.

Pratos e postres máis coñecidos

Hāngihangi

É o método tradicional da cultura maorí para cociñar os alimentos cunha historia de máis de dous mil anos. O sistema consiste nun buraco no chan ó que se lle meten pedras a unha temperatura moi alta e enriba destas colócase a comida que pode ser carne ou pescado acompañado de vexetais, logo cúbrese o buraco coa vexetación e terra e cocíñase durante horas. Aínda é usado pero sobre todo para ocasións especiais.

Hot pies

hot pieOutra comida moi típica do país son as hot pies ou pasteis quentes, feitos con verduras frescas e variadas e todo tipo de carne picada, aínda que hai moitas variedades como as recheas de touciño, ovo ou champiñons, aparte de moitas outras. Adoitase comelas ó mediodía.

Colonial Goose

O nome quere dicir literalmente “ganso colonial” aínda colonial gooseque o ingrediente principal e a pata de cordeiro, e débese a que na época colonial leváronse moitos destes animais para preparar comidas similares ás do seu lugar de orixe. Co tempo cambiou o material pero non o nome. Consiste en quitarlle os ósos á pata con moito coidado e cociñar a carne con mel e froitos secos como melocotón e posteriormente mariñado en viño. O prato orixinal elabórase con pan raiado, manteiga, cebolas e perexil.

Pavlova
fantacy-pavlova-hero-NEW-SITE


É o postre nacional, e o favorito dos neozelandeses, recibe o seu nome en honor da bailarina rusa de ballet Anna Pávlova e é habitual en moitos nadales familiares. É unha especie de torta feita dun tipo de merengue cuberto de crema batida e con froitas frescas como kiwis e postas por riba.

Hokey pokeyhokey-pokey-ice-cream

Un tipo de xeado orixinalmente neozelandés moi famoso na zona e que gusta moito, feito de crema de vainilla xeada con pequenas bólas dunha especie de toffe chamado Hokey Pokey, de textura sólida e con aspecto esponxoso. Os principais ingredientes deste son o azúcar moreno, xarope dorado de melaza ou mel de caña, bicarbonato e unha pizca de vinagre.

Viños

Se por algo ten fama Nova Zelandia ademáis de pola carne, é polos seus viños, de sabores vivos e frutais característicos pola súa acidez e a sua concentración aromática, de feito os viñedos do país teñen un gran recoñecemento mundial sendo merecedores de premios internacionais pola súa calidade. Hai varias zonas ou rexións do país que albergan os centros productores destes viños como Marlborough co sauvignon blanc, Gisborne e o seu chardonnay e o Central Otago e Martinborough que elaboran pinot noir e pinot gris. Por outra banda en Hawkes Bay elabórase un oscuro cabernet e da Illa Waiheke de Auckland procede un dos máis recoñecidos cabernets do planeta.

New Zealand in a Glass 600x350New-Zeland-Wine-Society

Ata aquí esta entrada gastronómica espero que vos gustase. Sinto as molestias pola antiga publicación e pido desculpas ós afectados. Un saudo.

Brais Sáez García

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s