Vancouver: o Hollywood do norte

filming

Todo o mundo coñece Vancouver por ser unha das cidades máis famosas de Canadá. Sexa pola súa combinación de costa e montaña cos seus parques naturais ou sexa polos seus deportes de inverno nas montañas próximas, esta cidade atopa a maneira de namorar cada persoa que a visita. Mais existe outra razón pola que esta cidade é coñecida: pola súa fama no mundo do cine.

Vancouver, tamén coñecida como o Hollywood North (o Hollywood do norte),é a imaxe dalgunhas das paisaxes e escenarios que hoxe podemos ver nas nosas series e películas favoritas. A primeira película rodada alí foi The Cowpuncher’s Glove en 1910. A partir dese ano, Vancouver comezou a súa historia como escenografía para empresas tanto nacionais como internacionais. Tal éxito tivo no mundo da cinematografía que este converteuse nunha das principais fontes de ingresos da cidade.

“Podemos apreciar día a día o impacto favorable das producións cinematográficas e televisivas na nosa cidade” declarou o alcalde de Vancouver, Gregor Robertson. No seguinte cadro podemos ver como se incrementou o número de producións nos anos 2014 e 2015 na cidade.

Películas
2014 36
2015 78
Series de televisión
2014 34
2015 45
Episodios piloto/Producións piloto
2014 10
2015 16
Anuncios
2014 105
2015 158
Outros (curtametraxes, música, vídeos, documentais, películas feitas por estudantes, sesións fotográficas, etc).
2014 50
2015 56

Na cidade de Vancouver  tamén podemos atopar varias empresas especializadas en efectos especiais e animación, famosas polos seu incrible traballo nalgunhas producións. Image Engine Design e Rodeo FX son dúas das empresas que levaron á gran pantalla a película Deadpool, admirada por moitos polos seus incribles efectos especiais. Nestes vídeos podemos ver exemplos do traballo de rodaxe e efectos especiais utilizados no antedito filme.

https://www.youtube.com/watch?v=78LIoWrJh1M

https://youtu.be/LncTFEnxRV8

Nesta ligazón móstrovos un exemplo do traballo da empresa Image Engine Design, na sexta temporada da serie de televisión Game of Thrones

http://image-engine.com/tv/game-of-thrones/

A propia cidade de Vancouver traballa xunto a industria cinematográfica para recoñecerlles a axuda e o apoio á veciñanza e ás empresas que fan posible o seu traballo. Tamén se están levando a cabo proxectos cos que se poderán mellorar os ingresos da cidade ó mesmo tempo que manteñen o seu título no mundo cinematográfico.

Centos de películas e series foron gravadas no territorio canadense, algunhas delas moi coñecidas no mundo do cine. Escenas de películas como Titanic ou Twilight graváronse alí, mentres que series como Once Upon a Time  ou Supernatural aínda utilizan hoxe en día as súas paisaxes e estudios como escenarios no seus episodios semanais.

titanic

Vancouver está orgullosa do seu grandioso avance en materia cinematográfica. Sen dúbida, podemos afirmar que esta cidade gañou o seu recoñecemento no mundo da sétima arte e que este é un aliciente máis para visitar a cidade da baía inglesa.

Tamara González Fernández

City of Vancouver [en liña] [Ref. do 13 de marzo de 2016]. Dispoñible en: http://vancouver.ca/news-calendar/2015-a-record-year-for-television-and-film-in-vancouver.aspx

FXGuide [en liña][Ref. do 13 de marzo de 2016]. Dispoñible en: https://www.fxguide.com/quicktakes/dd-behind-the-scenes-deadpools-colossus-designfx/

Imagine Engine Design [en liña][Ref. do 13 de marzo de 2016]. Dispoñible en:

http://image-engine.com/tv/game-of-thrones/

Advertisements

3 comentarios en “Vancouver: o Hollywood do norte

  1. Bos días, Tamara:

    Pareceume moi interesante a túa entrada. Estou convencida de que tes razón cando dis que Vancouver é moi coñecida pola súa faceta cinematográfica, pero realmente, era algo que eu descoñecía. Non sabía que tantas series e películas tan famosas como as que mencionas eran gravadas nas súas calles e bosques. Agora, pola túa culpa, teño que incluír Vancouver na miña listaxe de próximas viaxes.

    Un saúdo
    Alba

    Liked by 1 person

    • Non moita xente coñece Vancouver nese sentido. Normalmente dáse por sentado que as mellores series e películas son filmadas nos Estados Unidos, mais descoñecen que a cidade canadense converteuse nunha das fontes mais importantes para o cine, en especial o americano. Alégrome moito de que a inclúas na túa listaxe. É unha cidade preciosa que vale a pena visitar.

      Saúdos

      Tamara

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s