Novos modelos familiares, vellos modelos familiares

COMO todos sabedes, os novos modelos familiares son sinal de loita pola igualdade, do avance na búsqueda duns dereitos comúns, libres de discriminación, e que as sociedades máis desenvolvidas queren acadar—ou que segundo a miña opinión… todas DEBERÍAN querer acadar—.

O modelo tradicional de familia mudou durante os últimos anos nos países occidentais e mostra diso son os cambios nas diferentes lexislacións para plasmar a diversidade sexual que, desde que o home é home—e a muller, muller—, a natureza humana nos regalou. O pasado 2015 e ante a mirada expectante de gran parte doutras sociedades, a República de Irlanda levou a cabo o primeiro referéndum da historia mediante o cal todos e cada un dos cidadáns dun país, neste caso eran os da la bela illa de Eire, decidirían sobre o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. As rúas enchéronse de publicidade a favor dunha lei—de xustiza—que, finalmente, acabou cun SI ao matrimonio homosexual. Durante semanas, os que tivemos a sorte de vivir ese pequeno paso para unhas persoas pero un GRAN paso para moitas outras, fomos testemuña de como unha sociedade tan ligada á relixión sabía despegarse das ataduras aos libros sagrados y avanzaba cara unha sociedade de respecto e integración.

Irlanda, coma a nosa Galicia, avanza e muda. As familias evolucionaron co paso dos anos e xa son *maioría as familias que non seguen un patrón tradicional. A incorporación da muller ao mundo laboral e o seu dereito ao voto hai xa moitos anos, foron pasos chave para empezar esta andadura; o feito de que ambos os ¿dous? pais queiran ser parte activa na vida dos fillos, *calquera sexa o modelo de paternidade (dúas nais, dous pais, unha nai soa, nai-pai, pai só…) e o modo de chegaren a ela (adopción, método natural, inseminación, fecundación, segundas parellas…) tamén son exemplo dos cambios no modelo tradicional de familia.

*http://www.irishtimes.com/life-and-style/the-changing-irish-family-1.2146952

**http://www.todayfm.com/player/podcasts/-/Modern_Family/13943/2/modern_family__ep1_samesex_parents

Para nós, tradutores—ou futuros tradutores—, estes cambios sociais na visión e entendemento da familia, supón un factor cultural que pode representar, en certo modo, dificultades á hora de dar coa forma axeitada de expresar os distintos modelos nas diferentes linguas de traballo. Afortunadamente, as lingua son entes vivos que evolucionan co uso que as sociedades fan dela, e o noso traballo regálanos moitas veces a oportunidade de formar parte dos cambios nela misma.

Estas son as dúas definicións de familia que os diccionarios máis relevantes das nosas linguas de traballo nos achegan:

RAG:

Familia (substantivo feminino)

1 Conxunto de persoas unidas por lazos directos de parentesco, especialmente o constituído polo pai, a nai e os fillos. SINÓNIMO: fogar.

2  Conxunto de individuos que descenden uns dos outros, de xeración en xeración.

3  Os fillos dun matrimonio, parella etc. SINÓNIMO: descendencia

4 fig. Grupo de persoas ou cousas que teñen características comúns.

5 Biol. Cada un dos grupos taxonómicos en que se dividen o reino animal e vexetal, que é superior á subfamilia e inferior á superfamilia.

6 Gram. Grupo de palabras que proveñen do mesmo radical.

Merriam-Webster

Full Definition of family   plural fam·i·lies

1: group of individuals living under one roof and usually under one head

2     a: group of persons of common ancestry

b: a people or group of peoples regarded as deriving from a common stock

3
     a: a group of people united by certain convictions or a common


       b: the staff of a high official (as the President)

  …

Convídovos a achegardes a vosa propia definición de familia no apartado de comentarios.

Laura Tourís García

Advertisements

Un comentario en “Novos modelos familiares, vellos modelos familiares

  1. Para min, a familia e aquel grupo de persoas coas que te atopas a gusto, persoas que están ao teu lado nos bos e nos malos momentos (independentemente de se ese lazo que vos une é de sangue ou non). 🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s