A presenza do español nas producións audiovisuais dos Estados Unidos

Nos últimos tempos a presenza de personaxes hispano falantes nas series de televisión aumentou consonte se incrementaba a porcentaxe de poboación hispana nos Estados Unidos. As producións audiovisuais son reflexo da consideración que se ten sobre este colectivo neste país e non é para menos: segundo o censo do ano 2010, neste país hai case 50 millóns e medio de hispanos. Sexa positiva ou negativa, esta percepción cultural apréciase tamén nos guións televisivos e ese é o obxectivo deste traballo: coñecer, a través do audiovisual, a valoración que se dá nos EUA do castelán.

O primeiro exemplo é a serie norteamericana Modern Family, que narra a historia dunha familia mediante a técnica do “mockumentary” ou falso documental. Nela, unha das parellas protagonistas é a formada por Jay, un home xa maiorciño separado da súa primeira esposa e actualmente casado con Gloria, unha muller colombiana máis nova ca el. Neste segundo personaxe é no que realmente apreciamos a percepción que teñen nos EUA da poboación falante de castelán, xa que nos mostra o que eles consideran a típica muller suramericana. Trátase dunha muller relixiosa de orixe humilde e sen estudos. Unha das características máis rechamante deste personaxe é o modo de manifestar os seus sentimentos, é sumamente expresivo e en moitos casos recorre ós berros como método de liberación persoal. Outro destes trazos característicos é o modo no que fala inglés, cun acento colombiano moi marcado e con frecuentes faltas na pronuncia das palabras.

Pero a cousa non remata aquí, ademais de todo isto, a personaxe de Gloria serve como espello que reflicte os prexuízos que existen contra os distintos países suramericanos.

Acaso todas estas características non son máis ca un reflexo das ideas preconcibidas que existen no país? Aínda que o tema está centrado, ata o de agora, en Modern Family, estas cuestións son extraíbles a calquera outra serie na que aparecen hispano falantes, xa que o mesmo ocorre, por exemplo, en Breaking bad. Unha serie que trata de preto o tema do tráfico de estupefacientes. Os personaxes hispanos estás sempre feitos baixo o mesmo patrón. Persoas de poucos estudos con traballos pouco especializados que non dominan a lingua.

Cada vez hai máis organizacións que tentan preservar e mellorar as condicións desta lingua, tamén cada vez son máis os partidos políticos que recorren ó español como método de atracción de votantes consonte hai máis poboación hispano falante,  pero os prexuízos seguen aí e non mudan e iso é algo que non cambiará se seguimos asociando unha serie de trazos ás persoas segundo a súa procedencia.

Bibliografía:

Arca Castro, M. (2015), «A distancia interlingüística na tradución», DERRUBANDO ISOGLOSAS     [blog], 25 agosto. [Ref. do 20 de febreiro de 2016]. Dispoñible en: https://derrubandoisoglosas.wordpress.com/2015/08/25/a-distancia-interlinguistica-na-traducion/

Buenaventura, R. (2012), «Idioma raro», El trujamán [en liña]. [Ref. do  22 de febreiro de 2016]. Dispoñible en: http://cvc.cervantes.es/trujaman/anteriores/octubre_12/02102012.htm

Marcos Madrid, N. (2011), «Las series estadounidenses hablan español», EL PAÍS [en liña]. [Ref. do  22 de febreiro de 2016]. Dispoñible en: http://blogs.elpais.com/quinta-temporada/2011/10/series-estadounidenses-espanol.html

Permuy Herculés de Solás, Iris C. (2014), «La gloriosa traducción del humor en el doblaje de Modern Family.», TRADUCARTE [blog], 28 agosto. [Ref do 20 de febreiro de 2016]. Dispoñible en: https://traducarte.wordpress.com/2014/08/28/la-gloriosa-traduccion-del-humor-en-el-doblaje-de-modern-family/

Rivero Moreno, N. (2011), «MODERN FAMILY (Recomendacion y reseña de las dos primeras temporadas)», MI PEQUEÑO MUNDO [blog], 15 decembro. [Ref. do  22 de febreiro de 2016]. Dispoñible en: http://mimundo-nerea.blogspot.com.es/2011/12/modern-family-recomendacion-y-resena-de.html

Alba Vicente Coedo

Advertisements

9 comentarios en “A presenza do español nas producións audiovisuais dos Estados Unidos

    • Ola, Manuel:

      Estou totalmente de acordo contigo, está claro que nas series reflicten as ideas que teñen, tanto do Estado español como dos países hispano falantes, iso é algo que sempre ocorre neste tipo de cousas. Non é un feito illado, tamén pasa en España cando nunha serie ou película aparece xente doutros países. Parece que sempre se recalcan os costumes que son máis distintos ós nosos para marcar as diferenzas que existen. A verdade é que é un tema que dá para moito, grazas polo teu comentario.

      Saúdos
      Alba

      Gústame

  1. Ola, Alba:

    Pareceume moi interesante a túa entrada! Como fan de Modern Family que son, sempre me fixei no personaxe de Gloria e da idea que se transmite dela. Tal e como ti dis, tanto nos EUA coma no resto de países a tendencia é a maximizar os tópicos relacionados con persoas de distinta procedencia. É algo que me parece imperdoable, especialmente nun país que conta cun número tan alto de poboación foránea. É certo que un dos principais obxectivos destas series é facer rir ó público, pero tamén é preciso establecer un límite entre o humor e a ridiculización.

    Un saúdo
    Laura

    Gústame

    • Ola, Laura:
      Alégrome moito de que che gustara a entrada, realmente a min paréceme un tema difícil de tratar por iso preferín facelo a través dunha serie tan coñecida como é Modern Family. Como ti dis nos EUA hai un índice altísimo de poboación foránea que seguramente non se sentira representada con este tipo de estereotipos, como ben di María no seu comentario o mesmo ocorre en España cos estereotipos que existen con Andaluces, Vascos, Cataláns e, por suposto, galegos. Eu creo que debería existir un límite, tanto no caso da serie como no referente a España. Unha cousa é facer a graza co tópico de que en Galicia sempre chove (cousa que é bastante certa) e outra é rirte da intelixencia da xente segundo a súa procedencia. Por desgraza isto ocorre moi a miúdo en todas partes.

      Un saúdo
      Alba

      Gústame

  2. Boas!
    Quero sumarme a discusión aportando unha pequena pincelada do meu pensamento. Paréceme que o uso dos estereotipos no caso de Modern Family entra dentro da dinámica da serie (humor), pero é certo que o uso repetido deste tipo de recursos noutro tipo de producións pode condicionar o espectador. Persoalmente creo que o principal problema reside na pouca ética da industria e, non hai que olvidar que se está a tratar o espectador como suxeito pasivo sen capacidade para a reflexión crítica (cousa que non é sempre certa, verdade?). Coma sempre, a solución debe estar a medio camiño entre a censura e a permisividade total. Hai que aprender a relativizar (empezando por un servidor).
    O artigo préstase á discusión. Gustoume. Bo traballo.
    Saúdos.
    Rafa Peña.

    Gústame

    • Boas Rafa!
      Primeiro de todo: grazas polo teu comentario. Estou de acordo en que en series como Modern Family tratan de buscar o humor con este tipo de comentarios e en moitos casos o conseguen. De feito eu sigo esta serie. Pero ás veces algúns comentarios pasan a barreira da ética. Está claro que é moi difícil establecer o límite entre o que se debe e non se debe dicir porque, para empezar, cada persoa ten o seu propio criterio. A industria só lle importa vender, ofender a unha gran parte de poboación dos EUA tráelle sen coidado. Pero realmente hoxe en día isto é así en todo, o único importante e producir máis e vender máis para gañar aínda máis diñeiro. A ética parece que queda nun segundo plano de importancia.

      Un saúdo
      Alba

      Gústame

  3. Buenas tardes Alba, tu entrada me ha parecido súper interesante y entretenida. Estoy totalmente de acuerdo en cuanto al tema de que los hispanos hablantes en series americanas siguen un mismo patrón, muchas veces rozando lo ridículo. Este tipo de casos también se dan en las series españolas con los andaluces, los gallegos, los vascos y los catalanes, y es algo que debería cambiarse. Por otro lado, me ha gustado mucho que utilizaras como ejemplo la serie “Modern Family” porque creo que lo has reflejado a la perfección. Un saludo.

    Gústame

    • Buenas tardes, María:
      Me alegro mucho de que te haya gustado mi entrada. Realmente me apetecía hacerla de un tema de este tipo porque, como tú bien dices, es un tema que fácilmente se puede trasladar a España con el caso de los andaluces, vascos, catalanes y, por supuesto, gallegos. Es un tema que a nosotros nos coge de pleno. Creo que casi todos nosotros hemos escuchado alguna vez algún estereotipo sobre Galicia o cualquiera otra comunidad de las que ya he mencionado. Y es que estamos en lo de siempre, la gente genera ideas preconcebidas sobre cosas que desconocen, pero esto ocurre en todos los ámbitos de la vida. Es un tema que da para mucho dialogo jajaja. Muchas gracias por tu comentario

      Un saludo
      Alba

      Gústame

  4. Prexuízos ou realidade? Non saber inglés en calquera país de fala inglesa implica traballar en postos de baixa cualificación en que non exista ningún tipo de contacto co público, xa que non existirá comunicación. Con todo, concordo en que é unha visión parcial da realidade do país.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s