A Pascua en Australia

Moitos australianos esperan con ganas a Pascua, xa que son unas ansiadas vacacións cheas de tradicións e tempo de lecer cos seres queridos. Os australianos, como moitos outros, tómanse una semana de descanso para celebrala pero os días máis importantes son o 25, 26, 27 e 28 de marzo. Estes días tamén se coñecen como venres santo, sábado de pascua, domingo de pascua e luns de pascua (Good Friday, Easter Saturday, Easter Sunday e Easter Monday).

Tradicións

A Pascua en Australia celébrase comendo todos os alimentos que non se podían comer durante a Cuaresma (carnes, pescado, derivados lácteos, ovos…). Por iso o último día da Cuaresma celébrase o Shrove Tuesday ou o Pancake Day. Como o nome ben o di, o alimento tradicional deste día é o Pancake, en España tamén se lle chama tortita. Consiste nunha mestura de ovos, graxas, leite e fariña. Se tedes interese en probar a facer uns pancakes caseiros a continuación atoparedes un enlace con varias receitas.

Pancakes

http://www.recetapancakes.com/

O domingo de pascua os nenos e os maiores saen a busca-los ovos de chocolate que agochou coello de pascua polos parques. Estes ovos son uns dos doces favoritos dos australianos. Dentro desta tradición existe unha polémica, xa que algúns australianos prefiren falar do Easter Bilby no canto do coello de pascua, xa que consideráno máis propio do seu país porque é unha especie en perigo autóctona.

huevos-pascua

Os doces típicos que se comen o venres santo en Australia son os Hot cross buns, uns bolos especiados feitos con froita seca e lévedo. No seguinte enlace atópase a receita.

hot cross buns

http://www.directoalpaladar.com/recetas-de-panes/hot-cross-buns-panecillos-de-viernes-santo-receta-de-semana-santa

Pero non todo é comer, nesta época teñen lugar moitos eventos deportivos e festivais de música. Sen dúbida vale a pena pasar a Pascua en Australia.

Goberno de Australia (2008): Easter in Australia [en liña] [Referencia do 23 de febreiro do 2016]. Dispoñible en: http://www.australia.gov.au/about-australia/australian-story/easter-in-australia

Marta Torres Piñeiro.

3 comentarios en “A Pascua en Australia

  1. Boas tardes, Marta.

    Gustoume moito a túa entrada! En especial o feito de que parte dos australianos intenten conservar o Easter Bilby. É algo moi curioso tendo en conta a gran influencia que supuxo o Easter Bunny en moitas culturas. Aínda que non sexa australiana, estou a favor de mantelo.

    Saúdos
    Tamara

    Gústame

    • Boas tardes Tamara.

      Moitas grazas polo teu comentario. Alegraráche saber que o Easter Bilby segue resistindo á invasión do Easter Bunny.

      Un saúdo,
      Marta

      Gústame

  2. Boas tardes Natalia.

    Agradezo moito o teu comentario e estou de acordo contigo. Eu tamén son partidaria de manter a variedade existente entre as diferentes culturas do mundo.

    Un saúdo,
    Marta.

    Gústame

Deixar un comentario