Evolución e influencia musical na República de Irlanda

Nesta entrada trataremos dun xeito resumido (non moito, pero algo) os inicios da música en Irlanda e a consecuente evolución e influencia ata hoxe en día. Polo que si, U2 e The Cranberries tamén.

Unha das ideas principais que temos que ter en conta é que existe pouca música irlandesa escrita, xa que a tradición era pasalo de voz en voz, oído en oído. Esta costume segue existindo; anímase ó alumnado de música tradicional a aprender as cancións de memoria aínda que existan as partituras pertinentes. A primeira mostra de música escrita está datada a 1762 e mostras tardías están accesibles na Irish Traditional Music Archive en Dublín.

Sábese que a música tradicional irlandesa tivo orixe na illa fai dous mil anos (cos Celtas) aproximadamente (con variantes primitivas dalgúns instrumentos actuais), o cal se temos en conta a data da primeira mostra escrita é aínda máis fascinante. Tras unha análise extensiva chegouse a conclusión de que estaban influenciados pola música dos territorios ó leste (por exemplo, pénsase que a arpa irlandesa realmente vén de Exipto).

Agora que mencionamos un dos instrumentos máis importantes imos pasar a este eido. Para máis información das orixes podedes consultar esta páxina:

http://www.irishcentral.com/roots/history/The-history-and-origins-of-traditional-Irish-music.html

Os instrumentos, ó igual que a música, experimentou cambios. A arpa cambiou de aspecto, por exemplo. Os instrumentos de percusión cambiaron de materiais e tamaño e outros cun aspecto primitivo evolucionaron ata o aspecto de hoxe en día, como o fiddle.

Instrumentos máis característicos

A frauta irlandesa vén de principios do século XIX, inspirado nos deseños dos frautistas clásicos. Polo xeral é de madeira cun sistema para o paso de aire simple (grosso modo, ten ocos que se tapan cos dedos mentres o aire pasa dende a peza para a boca ata o final da frauta).url.jpg

A gaita nacional de Irlanda, os Uilleann Pipes. Orixinalmente foron creadas no século XVIII; anteriormente empregábase unha gaita parecida ás escocesas.

imgres.jpg

O fiddle, é igual que un violín no seu aspecto físico. O seu nome refírese tamén á maneira de tocar con enerxía. Descrito en documentos por primeira vez por Europa nos séculos X-XI evolucionou ata o violín que coñecemos.

imgres.jpg

A arpa. A diferenza doutras arpas actuais, a irlandesa só ten un xogo de cordas (a arpa galesa ten tres xogos de cordas). Existen referencias textuais á arpa polo século XII, aínda que se pensa que orixinou en Exipto ou outros territorios de medio oriente. Tódalas referencias indican que os arpistas ocupaban un lugar alto na escaleira social.

A arpa máis vella que se conserva é do século XIV, conservada na Trinity College en Dublín.

images.jpg

O Bodhran é un tambor sen moita profundidade e cuberta cunha pel de cabra. Orixinalmente empregábase na caza do día de St. Stephen´s (o 26 de decembro) ata que foi incluído dun xeito informal nas quedadas musicais. Volveuse un instrumento oficial cando o compositor irlandés Sean O´Riada o incluíu na súa banda Ceoltoiri Chualann.

url.jpg

Para máis información: http://www.discoverdublin.ie/musical-pub-crawl/instruments/

 

 

Algunhas festas de música tradicional

O condado de Clare é coñecido como o capital da música tradicional. Xa de normal case cada noite teñen concertos improvisados e non oficiais nos bares en todo o condado. Ten un aire máis relaxado (igual que o ritmo da música en comparación co resto da illa) pero mantén o elemento folclórico como poden atestar Martin Hayes (un dos fiddlers máis famosos da illa) e Martin Gaffney  (un dos organizadores do All-Ireland Fleadh Cheoil na hÉireann) como por exemplo no Feakle Festival celebrado cada agosto.

Moita máis información en: http://www.ireland.com/en-us/events/music-and-theatre/traditional-music-and-dance/articles/trad-music/

 

Influencia na actualidade

Agora imos falar de U2 e The Cranberries, entre moitos outros.

Como é normal, a música da illa sufriu alteracións ó igual que o resto de Europa. Estou falando da música polifónica do século XV coa creación dun coro en Dublín.

Do século XVIII mencionamos a  John Andrew Stevenson (1761–1833) que compuxo en colaboración co poeta Thomas Moore e  Philip Cogan (1750–1833), un compositor de piano célebre. Do século XIX podemos mencionar a  Frederick May (1911–1985), Joan Trimble (1915–2000) e Brian Boydell (1917–2000).

Naturalmente agora están os grupos e músicos solistas como os xa mencionados U2, The Cranberries, The Script, Enya entre moitos outros (quero deixar constancia que é moi tentador escribir un listado enorme).

url.jpghqdefault.jpg

 

Coa crise da emigración toda a tradición musical, historia e costumes leváronse ó outro lado do océano onde se expandiu. Podemos observar que neste último centenario toda a música a nivel mundial estivo rebotando, por así dicilo, de lado a lado. Isto deu a que todo é influenciado por todo. Sen o Jazz (por poñer un exemplo fácil) non teríamos o Blues, o Be-Bop, Reggae, Pop, Rock dos 50 ata hoxe, a música Indie, o Heavy Metal e todas as súas variantes.

É certo que cada lugar dá combinacións e influencias distintas, por exemplo a música latina coa Salsa ou o Reggae de Jamaica, pero hoxe en día non o coñeceríamos como tal se non fora polas influencias do pasado. En Irlanda isto reflíctese nas composicións de Enya, por exemplo. Frecuentemente mestura elementos folclóricos coas técnicas actuais e o seu son particular. Moitas letras do grupo U2 teñen referencias claras á antiga Irlanda e a música tradicional, así como The Cranberries teñen cancións en protesta das situacións vividas nos últimos 30 anos.

Con todo isto quero dicir, e quero deixar constancia que é unha opinión persoal, a música de cada país tal como a coñecemos non existiría sen un punto de orixe. No caso de Irlanda, da súa música folclórica tradicional que remontamos a unha persoa ou grupo reducido de persoas cargadas con arpas antigas e as súas voces que recorrían os pobos e pasándoo ben facendo música que aínda está e estará presente en todo o que escoitemos, dalgunha maneira ou outra.

Estades dacordo, ou pensades que a medida que a música avanza olvidamos as súas orixes?

Anthony Smith.

Advertisements

2 comentarios en “Evolución e influencia musical na República de Irlanda

  1. Respondiendo a tu pregunta, no es nada raro que a medida que avance el tiempo nos olvidemos de los orígenes de la música. No para de resultar sorprendente que el reggaetón de hoy en día le deba algo al reggae panameño o que una banda moderna como Muse tenga algo que ver con Chuck Berry (o, yendo más atrás, con Robert Johnson). Son cosas que uno sabe si se interesa por el tema, como en tantas otras materias, lo que sí es cierto es que esos orígenes quedarán escritos en la historia y ser consciente de ellos puede hacernos disfrutar incluso más de la música actual, ya que nos ayuda a comprenderla mejor y a crear una conexión más fuerte con el sentimiento implícito de las canciones.

    Manuel Alejandro Casal Dosil

    Gústame

  2. Ola, Anthony
    Antes de nada quero felicitarte pola escolla dun tema tan interesante.
    E agora, respondendo á túa pregunta, eu creo que por moito que pase o tempo, as orixes sempre van seguir aí. Ao mellor non de maneira tan clara coma antes, pero sempre se poden ver, aínda que só sexa a través da influencia que exerceron na música actual.
    Un saúdo
    Laura López

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s